Volando dúplex

Luis Gordillo. Volando dúplex

Luis Gordillo. Volando dúplex

  Dimensións: 180.2 x 117.3 cm

  Técnica: Acrílico sobre lenzo

Comentario:

No texto introdutorio do catálogo da exposición de Bilbao, Francisco Calvo Serraller definía a obra deste artista como extraordinariamente complexa e agónica. Volando Duplex reflicte a tensión do pintor sevillano entre o impulso —propio da súa etapa informalista— e a meditación ou o retardo á inspiración. Todo iso xera o que el mesmo definiu como a imposibilidade dunha estilística estable. Non obstante, a obra responde a un modus operandi que parte dun debuxo espontáneo que Gordillo reelabora -de forma case obsesiva-, ata pasalo ao cadro, onde aplica un forte e intenso cromatismo. O termo duplex alude á duplicidade dunha imaxe nun mesmo cadro, pero alterando as cores para provocar tensión, oposición, paradoxo e humor, que son as claves que definen a obra deste artista. Duplex tamén deu título a unha das súas últimas mostras celebrada no Museo de Arte Abstracto de Cuenca. O seu labor distinguiuse en numerosas ocasións destacando entre os seus galardóns a Medalla de Oro a las Bellas Artes (1996), o Premio Nacional de Artes Plásticas (1982) e o recente Premio Velázquez de Artes Plásticas de 2007. Este recoñecemento á súa traxectoria plástica arguméntase grazas a obras como Volando Duplex, que resumen a linguaxe estilística e formal do artista.