s/n

Conservación 

 

Desde a súa creación, a Colección de arte foi experimentando un importante crecemento até reunir as 1.343 obras que compoñen os seus fondos actuais. Para albergar todo este patrimonio, no ano 2003, ponse en funcionamento un edificio proxectado, unicamente, para a conservación desta colección no seu sentido máis amplo, actuando ao tempo como espazo de custodia, mantemento e, tamén, de xestión para a recepción, envío e devolución das obras prestadas a outras institucións culturais.

Trátase dun edificio exento de planta rectangular que consta de soto, planta baixa, primeira e segunda e cuxa superficie total construída é de 1.677 metros cadrados. Reúne todas aquelas características técnicas, como controis climáticos, de accesibilidade e circulación, almacenaxe, rexistro, espazos de embalaxe e desembalaxe, etc., que permiten unha xestión áxil e profesionalizada de todo o proceso que require manter baixo os criterios museográficos máis estritos unha colección de arte.

Sala de restauración

De forma paralela, neste mesmo espazo sitúase o Departamento de Restauración da colección, cuxas funcións son, fundamentalmente, recuperar aqueles aspectos das obras da mesma que se atopan deteriorados ou que dificulten a súa correcta interpretación, así como supervisar a conservación das pezas, manténdoas nas mellores condicións posibles durante a súa almacenaxe, transporte, manipulación e exposición.

Restauración de una obra

Proxectos de restauración

Algúns dos proxectos de restauración levados a cabo sobre obras da colección:

O Porto de Vigo, Urbano Lugrís

OBRA: O Porto de Vigo, 1946, Urbano Lugrís

SOPORTE: Óleo sobre táboa

Motivo da intervención

A análise da obra puxo de manifesto que, a pesar do aparente bo estado de conservación, o soporte, película pictórica e capa de protección necesitaban un tratamento de restauración.

Proceso de restauración

O proceso de intervención consistiu basicamente en: limpeza superficial: fijación dos bordos da película pictórica; reintegración volumétrica do soporte; eliminación das concreciones de foxin; aligeramiento da capa de protección; estucado das lagoas e reintegración cromática.

Máis información

A Barca de Caronte, Isaac Díaz Pardo

OBRA: A Barca de Caronte, 1947, Isaac Díaz Pardo

SOPORTE: Óleo sobre lenzo.

Motivo da intervención

A análise da obra puxo de manifesto que, a pesar do aparente bo estado de conservación, o soporte, película pictórica e capa de protección necesitaban un tratamento de limpeza e restauración.

Proceso de restauración

O proceso de intervención consistiu basicamente en: limpeza superficial do anverso e reverso: fijación da película pictórica; colocación de bandas perimetrales como reforzo do soporte.

Máis información

Cabeza masculina en escorzo, Isidoro Brocos

OBRA: Cabeza masculina en escorzo, finais s.XIX, Isidoro Brocos

SOPORTE: Lápis sepia sobre papel.

Motivo da intervención

A análise da obra puxo de manifesto que tanto o soporte como o debuxo necesitaban un tratamento de restauración.

Proceso de restauración

O proceso de intervención consistiu basicamente en: limpeza superficial do po; limpeza das concreciones; desacidificación do soporte; colocación de enxerto e reintegración cromática.

Máis información