Costa, Alfonso

  (Noia, A Coruña  1943 - )
  Web artista: http://www.alfonsocosta.es/

Alfonso Costa naceu en Noia ( A Coruña) en 1943, ainda que repartiu boa parte da  súa vida  persoal e profesional entre Galicia e Barcelona. Co só dezasete anos trasladase  a Barcelona,  onde traballa  e recibe a súa formación artística. A finais dos anos sesenta coñece o crítico de arte Cesáreo Rodríguez Aguilera, que lle propon traballar en exclusiva para a prestixiosa galería Trece, que dirixia nesta cidade.

As súas primeras obras están marcadas por certa influencia impresionista cun protagonismo importante da cor. Entre 1969 e 1971, aparecen referencias cubistas que  proto abandona para achegarse á arte neofigurativa e experimentar co acrílico, sen por iso deixar o óleo.

A súa evolución combina a linguaxe, que une o seu mundo interior e plástica persoal, no que é  importante a experiencia adquirida. Nos últimos anos produciu obras surrealistas, pero cunhas connotacións moi persoais. Como el mesmo expresou nunha ocasión, trátase de "...un surrealismo moi persoal, lúdico e feroz ao mesmo tempo, poboado de caprichos oníricos, de libérrima raíz, propulsado a todo momento pola inventiva..."1.

En 1972 obtivo a bolsa da Fundación March para viaxar á cidade italiana de Florencia. Unha cidade impresionouno moito e influenciou decisivamente no seu futuro estético. O seu regreso, desenrrola unha importante actividade con exposicións e premios como  o Primeiro Premio no Salón de Otoño de Manresa, Medalla de Bronce Premio Europa de Bélxica (1968), ou o primeiro premio na homenaxe a Zabaleta Quesada en Xaén (1981). 

Alfonso  Costa é un artista polifacético, que ao longo da súa traxectoria traballou con disciplinas tan dispares como o cartelismo, a escultura, os gravura, a ilustración, a decoración e incluso as vidreiras, obtendo un gran recoñecemento en todos os campos. É un artista que dialoga cos soportes, resaltando incluso as posibles imperfeccións do lenzo, compoñendo formas que dan corporeidade aos seus pensamentos. A súa pintura nunca é estática, senón que mostra seres ou obxectos en movemento. 

En 1984 culminou un dos traballos máis elaborados e desexados: a pintura mural de 2000 metros que comezara tres anos antes no Instituto Frenopático de Barcelona. Ese mesmo ano é nomeado fillo predilecto de Noia, a súa vila natal.No 1997 instalase definitivamente en Galicia, onde seguiu traballando intensamente. No ano 2005 a Universidade de Santiago, organizalle unha importante mostra antolóxica.


1 SEOANE, X.: "O Don de disciplina aplicada ao ensoño", en Alfonso Costa (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1987.

Alfonso Costa (catálogo), Ayuntamiento de La Coruña, A Coruña, 1987.

Alfonso Costa (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1987.

Alfonso Costa (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1995.

Alfonso Costa: origen y memoria (catálogo), Atlántica, A Coruña, 1998.

Artistas galegos: pintores (realismos), Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BONET, J.M.: "O Archipiélago (Notas sobre o período 50/70) en Galicia", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Santiago de Compostela, 1988.

CANOSA, I.: "Galicia: Panorama del arte moderno", en Primera Semana de Galicia en Madrid, Madrid, 1988.

CASTRO, X.A.: Expresión Atlántica. Arte Galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, X.A.: "¿A oscuridade da avangarda... ou avangarda máis oscura?", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Santiago de Compostela, 1988.

CASTRO, X.A.: Diacronía secular dunha colección recente, Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

CASTRO ARINES, J. de: Alfonso Costa: conversación sobre vocación, pintura y manierismo, Sotelo Blanco, Barcelona, 1986.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

COSTA CLAVELL, D.: La pintura de Alfonso Costa, Servei, Barcelona, 1984.

Cuarto Salón de Otoño de Pintura 2002 (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 2002.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA IGLESIAS, J.M.: "25 pintores de Galicia nados entre 1919 e 1943", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

GÓMEZ SANZ, M.R.: "Vangardas e Silencios", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia: Santiago de Compostela, 1988.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia: la década del "boom" (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

RODRÍGUEZ AGUILERA, C.: Alfonso Costa. Consellería de Cultura e Benestar Social, Santiago de Compostela, 1987.

SEOANE, X.: "O don da disciplina aplicada ó ensoño", en Alfonso Costa (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1987.

SEOANE, X.: Mundos, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Tercer Salón de Otoño de Pintura: 2000 (catálogo), Diputación Provincial da Coruña, A Coruña, 2000.

Ver menos