Souto, Arturo

  (Pontevedra  1902 - Ciudad de México, México  1964)
  Alias: Souto

Naceu en Pontevedra o 5 de xullo de 1902. Fillo dun maxistrado da Audiencia afincado por motivos laborais na cidade, os destinos  profesionais do seu pai obrigaron ao artista a unha infancia itinerante (Lugo, A Coruña, Oviedo, Madrid, Zaragoza e Sevilla). No entanto, Galicia sempre foi unha presenza constante na súa vida e na súa obra, grazas, en parte, aos regulares veraneos en San Fiz, cerca de Betanzos.

Apaixonado pola pintura e a literatura dende moi novo, seu pai, Alfredo Souto ―a pesar de que fose un paisaxista de certo renome― convénceo para estudar Aparelladores en Sevilla, estudos que compaxinou coas clases de debuxo nunha academia. Pronto se sumerxiu nunha vida bohemia, tanto en Sevilla como en Madrid, onde se trasladou a vivir en 1922. Na capital traballou como decorador de cerámicas mentres estudaba na Academia de San Fernando. Alí entrou en contacto ca vangarda artística madrileña e casou en 1923 con Alicia Alabarce, coa que tivo dous fillos, Alicia e Arturo. Obrigado a realizar o servizo militar en 1924, foi trasladado a Vigo, onde contactou coas revistas galegas Alfar e Ronsel. Xunto a Rafael Dieste e Fernández Mazas ―aos que coñeceu en Madrid― toma contacto co ideario estético do crítico polaco Marjan Paskiewicz, notable adaíl das novas creacións e postulados de vangarda. En maio de 1925 Souto realizou a súa primeira exposición individual na Casa de Galicia de Madrid, onde presentaba unha serie de óleos, debuxos e acuarelas de ton marcadamente social, que recibiu os eloxios da crítica.

Despois dunha viaxe a París, Souto ampliou as súas habilidades técnicas cunha formación moi completa. Participou na Exposición de Arte Gallega do Palacio del Retiro de Madrid, en 1928, e obtivo unha bolsa da Deputación de Pontevedra coa que viaxou de novo a Francia. Nestes anos pinta obras variadas como Estudio (1928), Feirantes (1929) ou Estampa. En 1929 expuxo no Ateneo de Madrid. A súa produción, tende cara a unha leve figuración, mercé aos seus trazos expresivos e ás conseguidas atmósferas. A partir de 1930, goza da estima da crítica nacional. Amigo de boa parte da intelectualidade da súa época, grazas a Luis Pimentel realizou os paneis dos salóns do Círculo das Artes de Lugo, unha mostra da súa paixón por Galicia caracterizada polas súas cores, moi vivos. A influencia da súa terra acentúase en obras como Maternidade (1929), que se encontra no Museo Carlos Maside de Sada, visión do mito matriarcal galego.   

Coa chegada da II República adheriuse ao “Manifiesto de la Agrupación Gremial de Artistas Plásticos” (AGAP), participou en varias exposicións, viaxou a París e Roma ―como pensionado na Academia Española― e, sempre aberto á aprendizaxe, perfeccionou un estilo neocubista no que representaba escenas de animación nocturna. Chama a atención polo atípico, unha colección de óleos dedicados a sobrias figuras femeninas (“Composiciones”), unha manifestación illada na súa produción. As obras destes anos mostran tamén a influencia da obra De Chirico.

A guerra civil sorprendeuno en Madrid. Fiel ao goberno lexítimo republicano, traballou para o Ministerio de Propaganda dende Valencia. Foi unha etapa de creación enérxica e constante na que realizou multitude de debuxos de denuncia (Dibujos de Guerra, 1937: Edicións do Castro, 1977), cun claro fin didáctico, a base de proclamas e metáforas universais fronte ao belicismo imperante. Así mesmo colaborou de forma entusiasta en diversas publicacións e revistas, e realizou infinidade de óleos de lirismo expresionista. Despois dunha exposición itinerante por Francia e Bélxica, a derrota republicana forzouno ao exilio latinoamericano. Estableceuse en La Habana, pero o éxito dunha mostra en New York levouno a vivir en Estados Unidos e, definitivamente, en México. A súa produción desta etapa distínguese polo cultivo da estampa, o uso expresivo e barroco da cor e as pinceladas de corte fragmentario, as veces mínimas. A muller convírtese no motivo central das súas numerosas obras e exposicións. 

En 1953 inaugurou a Galeria Havre, unha iniciativa plural que se estendeu durante 4 anos e que lle permitiu interactuar cos creadores locais (Gironella, Rojo ou Miralda). Foi director artístico da revista Vieiros a partir de 1959. Como ilustrador recuperou as singulares estampas costumbristas de Galicia, rexión á que estaba decidido a volver. En 1962 emprendeu viaxe e celebrou exposicións en Vigo, Santiago e Bilbao. Regresou a México en 1964 coa intención de instalarse de modo definitivo en Madrid, no entanto, a morte sorprendeuno o 3 de xuño, aos 62 anos.

Années 30 en Europe. Le temps menaçant. 1929-1939 (catálogo), París, 1997.

Art contra la Guerra. Entorn del Pavelló Espanyol a l'Exposició Internacional de París de 1937 (catálogo), Barcelona, 1986.

Arte Moderno y Revistas Españolas. 1898-1936 (catálogo), Madrid, 1997. 

Artistas Galegos: pintores (vangardas históricas). Arturo Souto, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

Arturo Souto/62 (catálogo), Quijote, Galería de Arte, Madrid, 1962.

Arturo Souto 1937-1964: óleos y dibujos (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Arturo Souto (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1997.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BOZAL, V.: "A pintura galega na primeira metade do século do século XX", en Galicia no Tempo, 1991. Conferencias/Outros Estudios, Xunta de Galicia, Santiago, 1992.

BOZAL, V.: "A Xeración do 30: Maside y Souto", en Summa Artis, Vol. XXXVI, Pintura y Escultura Española del siglo XX (1900-1938), Madrid, 1992.

BOZAL, V.: El realismo plástico en España de 1900 a 1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BOZAL, V.: Arte del siglo XX en España: pintura y escultura 1900-1939, Espasa Calpe, Madrid, 1995.

BRIHUEGA, J.: La Vanguardia y la República , Cátedra, Madrid, 1982.

CAMP, J.: "Arturo Souto", en Exposición Souto (catálogo), Librairie Française, México, 1947.

CASSOU, J.: "Arturo Souto", en Peintures et aquarelles de Arturo Souto (catálogo), Gallerie Billiet, París, 1936.

CASTRO, X. A.: Renovación e Avangarda en Galicia (1925-1933). Os pensionados da Deputación de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1986.

CASTRO, X. A.: Arte e Nacionalismo, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1992.

CASTRO, X. A.: "Arturo Souto: a volta á orde do compromiso renovador", en Catro renovadores da Arte Galega: Colmeiro, Laxeiro, Seoane, Souto (catálogo), Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1993.

Catálogo de la Colección de Arte Gallego del Museo Quiñones de León, Concello de Vigo, Vigo, 1995.

Catálogos de la Colección Caixavigo, 3 vols., Caixavigo, Vigo, 1993-1997. 

DÍAZ PARDO, I.; DÓNEGA, M.: 8 artistas do Movemento renovador da arte galega, II Mostra Antolóxica da Arte Galega, Círculo das Artes, Lugo / Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1980. 

DIESTE, R.: Colmeiro, Souto, Maside yotros ejemplos de la nueva pintura gallega, Edicións do Castro, Sada, 1970.

DIESTE, R.: "Lembranza de Arturo", en 8 artistas do movemento renovador da arte galega (catálogo), II Mostra da Arte Galega, Círculo de las Artes, Lugo, 1980. 

DIESTE, R.: Encontros e Vieiros, Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1990.

ELLIOT, P.: "Arturo Souto", en Souto, Exhibition Paintings (catálogo), M. Knoedler and Company, Nueva York, 1941.

Enciclopedia del arte español del siglo XX: 1. Artistas, Mondadori España, Madrid, 1991.  

ENCINA, J. de la: "Arturo Souto", en el catálogo de  Galerías Internacionales, México, 1945.

ENSOR, J.: " Pour Arturo Souto", Ostende (bélgica), 1938, en O pintor Arturo Souto, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1969.

España, vanguardia artística y realidad social, Gustavo Gili, Barcelona, 1976.

Españoles en París: las vanguardias (catálogo), Caja General de Ahorros de Granada, Granada, 2002.

ESTÉVEZ-ORTEGA, E.: Arte Gallego, Editorial Lux, Barcelona, 1930.

Exposición de Arte Gallego (catálogo), Heraldo de Madrid, Madrid, 1928.

FARALDO, R.: "Souto o el furor de pintar", en Arturo Souto/62 (catálogo), Quijote, Galería de Arte, Madrid, 1962. 

Galicia Arte. Arte Contemporánea I. Hércules de Ediciones: A Coruña, 1993. 

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española en el siglo XX , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J. M.: "Arturo Souto Feijóo", en Galicia. Arte, Arte Contemporáneo I , t. XV, Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña, 1993.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

In Memoriam. Arturo Souto, 1901-1964 (catálogo), Quijote. Galería de Arte, Madrid, 1964.

MORENO VILLA, J.: "Arturo Souto", en el  catálogo de Librairie Française, México, 1947.

O Movemento renovador da arte galega no Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside'", Ediciós do Castro, Sada ( A Coruña), 1990.

Orígenes de la vanguardia española, 1920-1936 (catálogo), Galería Multitud, Madrid, 1974.

PABLOS, F.: "Arturo Souto Feijoo (Pontevedra 1902- México 1964)", en Colección Caixavigo, tomo I, Vigo, 1993.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

PAZ-ANDRADE, V.: Epistolario, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1997.

O pintor Arturo Souto, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1969.

PORTA MARTÍNEZ, P.: 1937. Castelao e Souto en Valencia, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1985.

Les Realismes: Entre Révolution et Réaction, 1919-1939 (catálogo), París, 1980.

Realismo Mágico. Franz Roh y la pintura europea, 1917-1936 (catálogo), Valencia, 1997.

Renovadores da pintura galega, 1945-1982, A Coruña, 1983.

Os Renovadores. Fondos da Colección de Arte Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2004. 

REYERO, C.: "El mundo clásico y la pintura en la Academia española de Roma 1900-1936", en La visión del mundo clásico en el Arte Español , Madrid, 1983.

REYERO, C.: "La recepción de la Vanguardia en los pintores españoles pensionados en Roma o como iniciarse en el 'desorden' a través de la vuelta al orden", en Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte . U.A.M., Madrid, 1994.

SEOANE, L.: Arturo Souto: Dibuxos da guerra, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1977.

SEOANE, X.: Reto ou rendición, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1994.

La Sociedad de Artistas Ibéricos y el Arte Español en 1925 (catálogo), Madrid, 1995.

SOBRINO, Mª.L.: Exposición Antológica  de Arturo Souto (catálogo), Deputación Provincial, Pontevedra, 1984.

SOBRINO, Mª.L.: Historiadel Arte Gallego: Edad Contemporánea, Alhambra, Madrid, 1982.

SOBRINO, Mª.L.: "Souto Feijoo, Arturo", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXVIII, Silverio Cañada, Gijón.

SOBRINO MANZANARES, Mª. L.: O cartelismo en Galicia desde as súas orixes ata 1936, Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1993.

SOUTO, A.: "Recuerdos de mi aldea", en Presencia de Galicia en México , Patronato da Cultura Galega, México, 1954.

SOUTO ALABARCE, A.: "Pintura", en El exilio español en México, 1939-1962, México, 1982.

Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega do México, números 1 al 4 (verano de 1959 a la primavera de 1968), Edición facsimilar a cargo de Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1989.

ARTÍCULOS:

ABRIL, M.: "Arturo Souto", en Revista de las Españas, 1930.

ABRIL, M.: " Arturo Souto", en Blanco y Negro, núm. 2177, 3 de mayo de 1933.

ALCÁNTARA, F. J.: "Arte. Arturo Souto", en El Ideal Gallego, 29 de enero de 1969.

ALENCE, A. d': "Los intelectuales españoles en América. El pintor Souto en La Habana", en Nuestra España, abril, 1940. 

ALONSO AMAT, F.: "Souto, en busca del tiempo querido ", en Vida Gallega, núm. 80, 1962.

ALTOLAGUIRRE, M.: "Conferencias: 'El Arte como herramienta de lucha'; 'Lo que de Solana y Souto puede ser'; 'El poeta como juglar de guerra', en Hora de España, III, marzo, 1937.

ALVÁREZ MARTÍNEZ, L.: "Soutoo la ternura ", en La Voz de Galicia, 26 de enero de 1969.

"Artistas galegos coa España leal", en Nova Galicia, 1 de febrero de 1938.

BAL Y GAY, J.: "Conocimiento de Arturo Souto", en El Pueblo Gallego, 31 de julio de 1930.

BAL Y GAY, J.: "La exposición de Arturo Souto", en El Pueblo Gallego, 16 de septiembre de 1932.

BLANCO AMOR, E.: "Gallegos en el Salón Nacional", en Pueblo Gallego, 5 de junio de 1934.

CARBALLEIRA, J.: "Nuestros artistas. Arturo Souto y Galicia", en El Pueblo Gallego, 7 de octubre de 1932.

CARBALLO-CALERO, Mª. V.: "La aportación decisiva de Arturo Souto a la plástica de Vieiros.  (Méjico, 1959-1968)." en Norba-Arte, núm. IX, 1989.

CARCO, F.: "Souto", en Revue de l'Art, 1939.

CASSOU, J.: "Souto", en Artes, 1936.

CUADRADO, A.: "El color hecho hombre. Arturo Souto", en Yunque, núm. 6, 1932.

"A CULTURA galega hoxe en día", en Nós, Ano XV, núm. 115,  25 de julio de 1933.

CUNQUEIRO, A.: "Souto: Estampas", en El Pueblo Gallego, 2 de octubre de 1932.

CUNQUEIRO, A:: "La pintura de Souto y la invención del mundo ", en Faro de Vigo, 15 de junio de 1962.

DÍAZ PARDO, I.: "Estos cuadros de Arturo Souto", en La Voz de Galicia, 26 de enero de 1969.

DIESTE, R.: "Colmeiro, Souto, Maside e outros exemplos da Nova Pintura Galega", en Textos e Crítica de Arte, A Nosa Terra, Vigo, 1995.

ENCINA, J. de la : "De Arte. Souto. Salón del Círculo de Bellas Artes ", en El Sol, 6 de mayo de 1932.

ENCINA, J. de la: "Arturo Souto o la vocación ", en Madrid, Cuadernos de la Casa de Cultura, núm. 2, mayo, 1937.

ESTÉVEZ-ORTEGA, E.: "Desde Madrid. Galicia en la Exposición Nacional", en Vida Gallega, Año XVIII, núm. 310, 10 de julio de 1926.

ESTÉVEZ-ORTEGA, E.: "Vida Gallega, en Madrid. Exposición Souto", en Vida Gallega, núm. 413, 20 de mayo de 1929.

ESTÉVEZ-ORTEGA, E.: "Arturo Souto", en Gaceta de Bellas Artes, enero, 1932.

FELIPE, L.: "El mundo de los pintores (en una exposición de Souto) ", en Hora de España, febrero, 1938.

FERNÁNDEZ MÁRQUEZ, P.: "Panorama de las Artes Plásticas. Las obras de Souto inaguran una Galería ", en el suplemento de El Nacional, 1 de noviembre de 1953.

FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F.: "Índice cultural e artístico do Renacimento Galego", en Nós, Ano XV, núm. 117 (septiembre), núm. 118 (octubre) y núm. 119 (noviembre), 1933.

FERREIRO, J. F.: "Después de treinta años, Souto expone en Santiago", en La Noche, 18 de septiembre de 1963.

GAMONAL TORRES, M. A.: "Sobrela obra de guerra de Arturo Souto", en Cuadernos de Arte, núm. 17, Granada.

GAYA, R.: "Frente a un escaparate", en Nueva Cultura, 1937.

GONZÁLEZ GARCÉS, M.: "La exposición de Arturo Souto", en La Voz de Galicia, 26 de enero de 1969.

GONZÁLEZ DEL VALLE, J.: "Arturo Souto. Pinturas y dibujos de la revolución ", en Hora de España, junio, 1937.

JAUME, A.: "La pintura expresionista de Arturo Souto en el Lyceum ", en Diario de la Marina, 20 de noviembre de 1954.

LARA PARDO, L.: "Obras de Arturo Souto", en Revista de Revistas, 13 de julio de 1947.

LÓPEZ MORÁN: "Después de 29 años de ausencia. El pintor Souto vuelva a su tierra ", en Faro de Vigo, 26 de mayo de 1962.

LORENTE LORENTE, J. P.: "Pensionados de entreguerras en la Academia Española en Roma ", en Artigrama, núm. 5, 1988.

MALLO, A.: "Dos renovadores", en O Correo Galego, 10 de febrero de 2001.

MARQUINA, R.: "Arturo Souto", en Atlántico, 1 de marzo de 1930.

MARQUINA, R.: "A propósito de la reciente exposición del gran pintor español Arturo Souto ", en Información, 28 de noviembre de 1954.

MATEOS, F.: "Arturo Souto", en La Tierra, núm. 684, 28 de febrero de 1933.

MONTES, E.: "Souto, pintor (ante una exposición en el Lyceum Club) ", en Céltiga, núm. 28, 25 de abril de 1930.

MORENO GALVÁN, J. Mª.: "El arte español entre 1925 y 1935 ", en Goya, núm. 36, mayo-junio, 1960.

MORENO VILLA, J.: "Artes plásticas. Nueva exposición de Arturo Souto ", en el suplemento de El Nacional,14 de junio de 1947.

NEIRA VILAS, X.: "Memoria da emigración. A fecunda etapa cubana de Arturo Souto", en Faro de Vigo, 19 de mayo de 1995.

"Os Novos exponen en Caixa Galicia la ruptura con la plástica europea", en El Ideal Gallego, 10 de febrero de 2001.

PALENCIA, C.: "La exposición pictórica de Arturo Souto ", en México en la Cultura, suplemento de Novedades, 8 de enero de 1950.

PALENCIA, C.: "La reciente obra pictórica de  Arturo Souto", en México en la Cultura, Suplemento de Novedades, 8 de enero de 1950.

PENAS, A.: "Los renovadores de la plástica gallega, en la  Fundación Caixa Galicia", en El Ideal Gallego, 18 de marzo 2001.

PÉREZ FERRERO, M.: "De Galicia a Europa: el pintor Souto", en El Pueblo Gallego, 26 de septiembre de 1930.

PRIETO, M.: "Artes plásticas. Nueva exposición de Arturo Souto ", en el suplemento de El Nacional, 14 de junio de 1947.

REJANO, J.: "Nuevas obras de Arturo Souto", Suplemento de El Nacional, 25 de diciembre de 1949.

SALAZAR, A.: "Souto, un pintor y un espectador ", en México en la Cultura, suplemento de Novedades, 9 de diciembre de 1951.

SALAZAR, A.: "Más  'Table Talk' sobre pintura", en Novedades, 11 de diciembre de 1943.

SEOANE, L.: "Arturo Souto, pintor gallego ", en Galicia, Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, núm. 539, 1964.

SERRANO PLAJA, A.: "Exposición Souto", en Hoja Literaria, marzo, 1933.

SIGÜENZA, J.: "Mirador de la ciudad. Acuarelas de Souto en la Sala Velázquez", en Faro de Vigo, 12 de octubre de 1963.

SOTO FERNÁNDEZ, L.: "Arturo Souto e Galicia", en Vieiros, núm. 3, 1965, Edición facsimilar publicada por A Nosa Terra, Vigo, 1989.

SOUTO, A.: "La muerte de Bonnard", en Ultramar, núm. 1, 1947.

SOUTO ALABARCE, A.: "Souto no sólo dejó pinturas sino un diario melancólico que fue la expresión de su vida ", en Siempre, suplemento cultural, 7 de octubre de 1964.

SOUTO ALABARCE, A.: "El pintor Arturo Souto, un clásico del siglo XX", en Siete, la revista de los setentas,  7 de mayo de 1976.

SOUTO ALABARCE, A.: "Souto. O renovador de pintura galega", en Noticias de Arte, núm. 253, febrero, 1996.

SUÁREZ SOLÍS, R.: "Arturo Souto, pintor español", en Nuestra España, enero, 1940.

Ver menos