Crego, Carlos

  (Vigo  1961 - )

De formación autodidacta, empezou a expor moi novo, antes de cumprir os vinte anos, na Sala Alma de Vigo.

No ano 1983  conseguiu unha bolsa de estudos da Deputación de Pontevedra,  trasladandose  a Barcelona, dende onde viaxou polo resto de Europa. Forma parte do círculo artístico catalán e expuxo en varias mostras e feiras de arte contemporánea internacionais.

A súa obra pictórica caracterízase, tecnicamente, por empregar unha cor como base mentres que o resto do cadro, traballa nun cromatismo de maior peso expresivo. Destaca o cotián, que asoma entre os matices da abstracción lírica. A figura humana protagoniza os encontros dos seus cadros. Ás veces insinúase a partir de pinceladas grosas en forma de silueta, mentres outras veces abórdaa a través de campos de cor plano.

En xeral, a súa obra móvese dentro dunha paleta sobria, ocres, terras, grises e negros, e tematicamente insiste na investigación da vida interior do ser humano.

I Mostra Unión Fenosa: A Coruña, 1989.

CASTRO, A: Expresión Atlántica. Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CORREDOIRA, P: A toda tela (catálogo), Consellería de Educación y Cultura, Santiago de Compostela, 1986.

CORREDOIRA, P: 1990 (catálogo), Consellería de Cultura y Benestar Social, Santiago, 1986

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Mondadori, Madrid, 1991.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Tomo XVI, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA, A: Onte e Hoxe do século XX (catálogo), Bienal Nacional de Arte de Pontevedra, Pontevedra, 1985.

PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

Ver menos 

Obras do artista