Sobrino, Carlos

  (Pontevedra  1885 - Vigo  1978)

Naceu no seo dunha familia acomodada e de forte tradición artística. Realizou o Bacharelato en Pontevedra, onde manifestou a súa vocación pola arte. Ante a oposición da súa familia á esta vocación, simultaneou os estudos da Escuela de Comercio de Madrid cos de Bellas Artes na Escuela Superior de San Fernando. Unha vez terminados, opositou á Cátedra de Dibujo y Caligrafía da Escuela de Comercio, sendo destinado a León, e posteriormente a Vigo, onde volveu a opositar a unha praza de profesor na Escola de Artes e Oficios, que tamén conseguiu.

Os días que o seu traballo como profesor lle deixaba libres, realizaba excursións por diferentes aldeas galegas, buscando novos motivos e paisaxes para representar nos seus cadros.

Participou en numerosas exposicións, individuais e colectivas, e obtivo diversos premios entre os que cabe destacar a Mención Honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes (1908 e 1910) e a 3ª Medalla na Exposición Internacional de Barcelona (1911). Coa obra Cristo do Casal Dourado conseguiu a 3ª Medalla no Centro Galego de Bos Aires (1915), e recibiu a 2ª Medalla na Exposición Universal de Panamá (1916) con Rúas dunha cidade galega.

Entre 1918 e 1924 colaborou coa revista Blanco y Negro realizando ilustracións. En 1923 grazas a unha bolsa da Deputación de Pontevedra trasladouse a Londres, e posteriormente a Francia. Cando regresa a Vigo, continúa co seu cargo de profesor na Escuela de Comercio e na de Artes y Oficios, ademais de traballar como ilustrador no Faro de Vigo.

A traxectoria artística de Carlos Sobrino non sufriu cambios destacables, xa que sempre mantivo a temática, a técnica, e a súa estética de paisaxes e escenas costumistas, pero perfeccionándose no reflexo da Galicia do momento.

Tras a súa xubilación seguiu expoñendo e pintando, ata que faleceu en Vigo o 4 de decembro de 1978.

O Antigo Café Moderno de Pontevedra, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2001.

Arte Gallego en Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, A Coruña, 1989.

Arte Gallego en Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Arte Gallego en Caixa Galicia: en Lugo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). Carlos Sobrino, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BARREIRO, A.: "Del Arte Gallego ", en Exposición Regional (catálogo), A Coruña, 1917.

Carlos Sobrino. VIII Bienal Internacional de Arte de Pontevedra,  Consellería de Cultura e Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1998.

CHAMOSO LAMAS, M.: "Arte", en Galicia, Fundación March, Madrid, 1976.

Colección de Arte Caixa Galicia: Estación Marítima (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Colección de Arte Caixa Galicia: en el Museu de Belles Arts de Valencia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

COUSELO BOUZAS, J.: La Pintura Gallega , Santiago, 1950.

FILGUEIRA VALVERDE, J.: "Carlos Sobrino, 1978", en La Pintura Gallega, Colección Galicia Eterna.

GAYA NUÑO, J.A.: La Pintura Española del siglo XX, Madrid, 1970.

GAYA NUÑO, J.A.: Diccionario de pintores gallegos conteporáneos , Madrid, 1972.

A Mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: “O primitivismo na arte galega ata Luis Seoane: na procura da identidade”, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

MON, F.: La pintura actual en Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 1967.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

MONTERROSO MONTERO, J.M.: “Catálogo de obras”, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

PABLOS, F.: Pintores Gallegos del Novecientos , Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

PABLOS, F.: "Carlos Sobrino", en Artistas Galegos. Pintores. O Rexionalismo I, Nova Galicia Arte, Vigo, 1997.

PENA LÓPEZ, C.: A Arte, Editorial Galaxia, Vigo, 1992.

Plástica gallega (catálogo), Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Vigo, 1980.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego , Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

V.V.A.A.: Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

VILAR PÉREZ, M.L.: Carlos Sobrino, acuarelista, Tesina de licenciatura, Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1976.

Ver menos