Mallo, Cristino

  (Tui, Pontevedra  1905 -  1989)

Cristino Gómez González (Cristino Mallo) naceu en Tui en 1905, pero pronto marchou á cidade asturiana de Avilés por motivos profesionais do seu pai, que era funcionario de aduanas. Foi alí onde empezou a formarse como artista asistindo á Escola de Artes e Oficios, e interesándose polo modelado, ao igual que a súa irmá, a pintora Maruja Mallo.

En 1923 trasladouse a vivir a Madrid e decidiu matricularse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando o día do golpe militar de Primo de Rivera. Posteriormente estudou na Escola de Artes e Oficios. Na súa época estudantil frecuentaba o Museo de Reproduciones Artísticas e paseaba polos cemiterios madrileños admirando as esculturas dos panteóns. En 1927 terminou os seus estudos con notas sobresaíntes.

Acudía asiduamente aos relatorios que se levaban a cabo nos distintos cafés madrileños, como o Café Gijón ou a Granja del Henar, onde trabou amizade con personaxes tan coñecidos como Miguel Hernández, Dalí, Lorca ou Cela. Nestes anos traballou facendo maquetas para os arquitectos Luis Lacasa, Sánchez Arcas e Agustín Aguirre.En 1929 recibiu o seu primeiro encargo importante: unha lápida conmemorativa para Manuel Ventura Figueroa, fundador do Hospital Real de Santiago de Compostela.

Gañou por oposición unha praza de profesor de instituto en 1931, pero rexeitouna por non trasladarse á cidade andaluza onde fora destinado.En 1933 recibiu o Premio Nacional de Escultura grazas á súa magnífica obra realizada en mármore branco "Desnudo en Pez", que hoxe é propiedade do Museo Nacional Reina Sofía.

Trasladouse a Salamanca en 1935 para impartir clases de debuxo lineal na Escuela de Artes y Oficios, onde coñeceu ao pintor Solana, quen se converteu nun gran amigo, así como a Miguel de Unamuno, ao que visitaba con frecuencia.

Durante a Guerra civil pertenceu á Alianza de Intelectuales antisfascistas, colaborando na revista El mono azul e participando na montaxe da obra Los títeres de Cachiporra. Destináronno á Escuela de Cartografía de Burjasot pero preferiu ir ao combate no bando republicano como tenente. Finalmente caeu enfermo dos broquios e foi ingresado no Hospital de Valencia. Á salida do mesmo foi apresado e estivo oito meses no cárcere de Monteolivete acusado de Auxilio á rebelión. Perdeu a súa praza de docente e pasou a dedicarse exclusivamente á escultura, que creaba no estudo madrileño que compartía con Francisco Arias, ata que en 1966 volveu a impartir clases na Escuela de Artes y Oficios da capital, exercendo durante seis anos.

En 1973 foi elixido membro de número da Real Academia de San Fernando, cargo que rexeitou en 1980 sen tan sequera ter lido o discurso de ingreso.Obtivo a Medalla de Oro de Bellas Artes o 27 de xuño de 1983, que culminaba unha vida chea de premios polo seu labor artístico. Morreu en Madrid á idade de 84 anos.

 A súa traxectoria escultórica, recoñecida pola súa importancia no panorama escultórico español, desenvolveuse dentro do ámbito figurativo e pode dividirse en dúas etapas ben diferenciadas: unha primeira na que se achega ao realismo en tallas directas e a tamaño natural, e unha segunda etapa onde realizou pezas de pequeno formato e gran capacidade expresiva, que destacaron pola introdución de temas cotiáns e populares.

ALIX, J.: "Socarrón, callado y sencillo ", en El País, Madrid, 13 de enero de 1989.

ALIX TRUEBA, J.: El taller de Cristino Mallo (catálogo), Fundación Eduardo Capa, Alacant, 2003.

AMÓN, S.: "Cristino Mallo, un maestro de la estatuaria ", en Nueva Forma, Madrid, junio, 1969.

ANTEQUERA AZPIRI: "Cristino Mallo", en La Nación, Bos Aires, 21 de marzo de 1948.

ARCE, T.: Cristino Mallo, Artes Gráficas Gonzalo Bedia, Santander, 1977.

ARCE, T.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Sur, Santander, 1980.

AREÁN, C.: "Cristino Mallo en su segunda y más joven plenitud ", en La Estafeta Literaria, Madrid, 1 de marzo de 1974.

Artistas Galegos : escultores (realismos rexionalistas). Cristino Mallo, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AZCOAGA, E. Cristino Mallo, Alejo Climent, Madrid, 1947.

AZCOAGA, E.: "Un nuevo escultor. Cristino Mallo", en Fotos, 28 de abril de 1945.

AZCOAGA, E.: "El tierno y robusto Cristino Mallo", en La Estafeta Literaria, Madrid, 15 de xuñode 1969.

BERTRÁN, J. B.: Cristino Mallo. Dibujos (catálogo), Galería Litoral, Alacant, 1976.

BLANCO, J.: "Cristino Mallo. Veintidos años después ", en Arriba, 5 de marzo de 1969.

BONET, J.M.: "En la muerte del escultor Mallo. La obra bien hecha ", en Diario 16, Madrid, 13 de xaneiro de 1989.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España : 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BOZAL, V.: "Pintura y esculturas españolas del siglo XX (1900-1939)", en Summa Artis, Vol. XXXVI, Espasa Calpe, Madrid, 1992.

CABALLERO, A.: "La escultura de Cristino Mallo", en Correo Literario, 15 de agosto de 1950.

CALVO SERRALLER, F.: "La seductora naturalidad de Cristino Mallo", en El País, Madrid, 19 de xaneiro de 1985.

CAMÓN AZNAR, J.: "La Exposición Nacional", en ABC, Madrid, 28 de mayo de 1950.i

CASTILLO, A.: "Los premiados", en Diario de Barcelona, 15 de abril de 1952.

CASTRO, F. de: "Desde una silla de Recoletos. Semblanza del escultor Cristino Mallo", en Diario de Barcelona, Barcelona, 15 de marzo de 1952.

CASTRO ARINES, J.: "Sobre el escultor Cristino Mallo", en La Noche, Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1947.

CASTRO ARINES, J.: "Cristino Mallo, el escultor que vendió tres obras en la Bienal de Venecia ", en Informaciones, Madrid, 7 de xullo de 1953.

CASTRO ARINES, J.: "Las esculturas del  Retiro", en Informaciones, Madrid, 9 de novembro de 1953.

CASTRO ARINES, J.: "Lo literario en la pintura", en Informaciones, Madrid, marzo, 1954.

CASTRO ARINES, J.: "La semana de arte en Madrid. La escultura de  Cristino Mallo", en Diario de Barcelona, 1 de marzo de 1969.

CASTRO ARINES, J.: "Lo íntimo en Cristino Mallo", en Informaciones, Madrid, 6 de marzo de 1969.

CELA, C.J.: "Cristino Mallo. El creador de los mundos ", en Correo Literario, Madrid, 1 de enero de 1951.

CELA, C.J.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Theo, Madrid, 1973.

CHUECA GOITIA, F. Cristino Mallo (catálogo), Galería Theo, Madrid, 1969.

CONDE, M.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Theo, Madrid, 1973.

CONDE, M.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Ederti, Bilbao, 1974.

CONDE, M.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Sur, Santander, 1975.

CONDE, M.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Theo, Madrid, 1976.

CONDE, M.: Cristino Mallo (catálogo), Galería Boheme, Salamanca, 1980.

Cristino Mallo. ARCO 77 (catálogo), Gráficas Bedia, Santander, 1977.

Cristino Mallo (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1985.

Cristino Mallo (1905-1989) Esculturas e debuxos (catálogo), Dirección Xeral de Promoción Cultural, Santiago de Compostela, 1995.

Cristino Mallo: exposición homenaje (catálogo), Dirección General de Bellas Artes y Archivos, Ministerio de Cultura, Madrid, 1985.

D´ORS, E.: "Novísimo glosario de los Once: Cristino Mallo", en Arriba,  16 de decembro de 1947.

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX: Artistas, Mondadori, Madrid, 1991.

FARALDO, R.: "Exposiciones  en Madrid. Cristino Mallo", en Diario Ya, Madrid, 28 de decembro de 1947.

FARALDO, R.: "Cristino Mallo, veintidos años después ", en Diario Ya, Madrid, 22 de marzo de 1969.

FIGUEROLA FERRETTI, L.: "La escultura de Cristino Mallo", en Arriba, 2 de marzo de 1969.

FLÓREZ, E.: "Galería Theo. Las esculturas de Cristino Mallo", en El Alcázar, Madrid, marzo, 1969.

FLÓREZ, E.: "De lo humano a la iconografía en la escultura de Cristino Mallo", en El Alcázar, Madrid, 26 de outubro de 1973.

FRANCÉS, J.: "La escultura en la Bienal Hispanoamericana", en La Vanguardia Española, Barcelona, 4 de novembro de 1952.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GALLEGO, J.: "Gracia y silencio de Cristino Mallo", en ABC, Madrid, decembro, 1993.

GARCÍA OSUNA, C.: "Cristino Mallo. El sencillo énfasis de la existencia ", en Diario Ya, xaneiro, 1989.

Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XX, Silveiro Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000.

HERMIDA, M.: "Cristino Mallo. El arte por soledades ", en ABC, Madrid, 14 de agosto de 1983.

HIERRO, J.: "Exposiciones.  Cristino Mallo", en Nuevo Diario, Madrid, 21 de outubro de 1973.

J. A. C.: "Un estudio bohemio en la calle de Verónica", en España de Tánger, decembro, 1947.

JEPIN: "Cristinono hace discursos ", en Diario Montañés, Santander, 13 de febreiro de 1980.

LAFUENTE FERRARI, E.: "Sobre algunos artistas premiados ", en Diario Ya, Madrid, 1 de xullo de 1954.

LLOSENT, E.: "En el estudio de Cristino Mallo", en Arriba, Madrid, 21 de setembro de 1948.

MALEN: "Cristino Mallo, un escultor excesivamente exigente ", en Alerta, Santander, 14 de agosto de 1970.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍNEZ NOVILLO, A.: Cristino Mallo (catálogo), Galería BAT, Madrid, 1993.

MARTÍNEZ DE VELASCO, J.: "Cristino Mallo", en Desarrollo, Madrid, 21 de outubro de 1973.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MOLARES, A.: Cristino Mallo (catálogo), Galería BAT, Madrid, 1993.

MOREIRO, J.M.: "Cristino Mallo, medio siglo de escultura ", en Blanco y Negro, Madrid, 23 de febreiro de 1977.

MOREIRO, J.M.: "In memoriam. Cristino Mallo", en Crónica 3, Las Artes, xaneiro-febreiro, 1989.

MORENO GALVÁN, J.M.: III Exposición Internacional del Pequeño Bronce. Escultores Europeos (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1970. 

MORENO GALVÁN, J.M.: "Cristino Mallo", en Triunfo, Madrid, 17 de novembro de 1973.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

NAVASCUÉS, C.: "En la plaza de la República Argentina. La fuente de los delfines saltadores ", en Pueblo, 4 de marzo de 1969.

NIETO ALCAIDE, V.: "Desnudo con pez", en Galicia no Tempo (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

ONRUBIA, F.: "Cristino Mallo no falseó la realidad ",  en Alerta, Santander, 7 de agosto de 1975.

PAREDES, T.: "Cristino Mallo. La poesía del instante ", en El Punto, Madrid, decembro, 1992.

PINDADO, J.: "En su estilo, el mejor escultor de España ", en Diario Montañés, Santander, 18 de agosto de 1973.

PINDADO, J.: "Con el escultor Cristino Mallo", en Diario Montañés, Santander, agosto, 1974.

POLO, C.: "Cristino Mallo", en Galicia en los hombres de hoy , Madrid, 1971.

O proceso abstracto: artistas galegos 1950-1979 (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

PUELMA, D.: "Cristino Mallo", en Diario Ilustrado, Madrid, 14 de abril de 1957.

REVUELTA, J.: "Cristino Mallo, escultor de la Bienal Hispanoamericana de Arte", en Alerta, Santander, 4 de novembro de 1951.

REVUELTA HATUEY, F.: "Cristino Mallo. Negativa al discurso. El escultor que expone en Sur, renunció a la Academia", en Diario Montañés, Santander, 9 de agosto de 1980.

RIBERA C.: "Cristino Mallo o la inteligencia ", en El Adelanto, Salamanca, 1936.

RIBERA, C.: "La Exposición Nacional de Bellas Artes. Cristino Mallo, Primera Medalla ", en La Voz de España, San Sebastián, 3 de xullo de 1954.

SAEZ: "Cristino Mallo. El escultor frente al mundo de las formas ", en La Hora, Madrid, 31 de xaneiro de 1957.

SANTOS TORROELLA, R.: "Recordando a Cristino Mallo. La escultura de memoria de un gran artista ", en ABC, Madrid, 14 de xaneiro de 1989.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: De Asorey ós noventa: a Escultura Moderna en Galicia (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

Ver menos 

Obras do artista