Morago, David

  (Madrid  1975 - )

Naceu no seo dunha familia vinculada ao mundo artístico, polo que pronto sentíu atracción cara a pintura. 

Realizou os seus estudos na Facultad de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, e hoxe en día, conta cunha interesante traxectoria artística, onde predominan os seus estudos figurativos de libros, estantes, cans e distintos obxectos do cotián aos que lles imprime o seu toque persoal.

Foi gañador de distintos e variados premios, entre os que se encontran a Mención de Honor "Arquitectura Madrileña II Tercio S. XX", o 3º Premio "Pintura Fundación Amigos de Madrid", Premio de Adquisición LXI Exposición Nacional de Artes Plásticas de Valdepeñas, 1º Premio X Certamen Nacional Pintura del Parque del Buen Retiro, 1º Premio Certamen Nacional de Pintura de Boadilla del Monte, 1º Premio de Pinturade la Fundación Indas e o 1º Premio "Villa de Parla " de Madrid.

David Morago Caro (catálogo), Galería Juan Amiano, Pamplona, 2003.

David Morago Caro, Rafa de Corral (catálogo), Ansorena, Madrid, 2004.

GONZÁLEZ CUASANTE, J.M.: "La libertad de expresión ", en David Morago Caro (catálogo), Galería Juan Amiano, Pamplona, 2003.

L.M.R.: "FIGURACIONES David Morago-Rafa de Corral", en El Punto de las Artes, abril, 2004.

Miguel López Coronado, Joaquín Millán, David Morago Caro, Guillermo Oyagüez Montero:Línea de tierra (catálogo), Galería Juan Amiano, Pamplona, 2002.

Ver menos 

Obras do artista