Matamoro, Din

  (Vigo  1958 - )
  Web artista: http://www.dinmatamoro.com/

Pintor cunha extensa e consolidada carreira artística, é un dos nomes claves da plástica galega.

Licenciado na Facultad de Belas Artes de Madrid, comezou a súa traxectoria pictórica con obras de carácter expresionista. Nesta primeira etapa, a figura humana deformada, absoluta protagonista, irase reducindo paulatinamente ata o punto de desaparecer, fundíndose coa masa de cor, e deixando paso a unha paisaxe, de natureza sublimada, inclemente e violenta, onde a materia e a conflúen apropiándose do cadro.
   
A partir de 1985 experimenta cos soportes, pintando sobre guías de teléfono. Máis adiante, coincidindo coa súa estanza en Nova York onde estivo bolsado polo Comité Hispano-Norteamericano, a súa pintura vólvese máis conceptual e emprega materiais novos como plásticos, pelo, peles e fotografías. 
   
En 1990 marchou a Italia, aproveitando a bolsa que lle concedera a Academia Española en Roma. Alí deixouse empapar polas texturas, a capacidade escenográfica, a luminosidade e o cromatismo dos pintores do renacemento, sobre todo do Treccento. Nesta nova etapa, o artista realiza unha pintura máis serena, cunha reinterpretación persoal de todos estes elementos, levándoos ao ámbito da abstracción. 
   
Posteriormente, seguindo o seu proceso de busca, investigou no campo dos materiais, utilizando sobre o lenzo capas de poliuretano, látex, silicona, teas e todo aquilo que lle servise para  crear un novo repertorio de texturas suxerentes. Dende finais dos noventa, os seus lenzos decantáronse cara unha pintura diferente, silenciosa e concentrada, con ampla presencia da cor en superficie, e cun grande protagonismo da luz que delata a súa paixón polo cine e a fotografía.
   
As súas obras están presentes en destacadas coleccións e museos como: Colección Banco de España (Madrid), Colección de Arte Deputación de Pontevedra (Pontevedra), Colección Museo de Arte Contemporáneo Gallego (CGAC, Santiago de Compostela), Colección Deputación da Coruña, Museo de Álava, Museo Quiñones de León (Vigo), etcétera.

CALVO SERRALLER, F. (dir.): Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Madrid, 1991.

Din Matamoro, memoria de luz (catálogo), Galería de Arte Marisa Marimón, Ourense, 1997.

Din Matamoro (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 1998.

Din Matamoro (catálogo), Galería VGO, Vigo, 2001.

FERNÁNDEZ-CID, M.: "Circulando: imágenes, signos ", Catálogo exposición,Círculo de Bellas Artes, Madrid, 1986.

FERNÁNDEZ-CID, M.: Catálogo exposición,Galería Oliva Mara,Madrid, 1987.

GARCÍA, A.: "Periferias " (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Madrid, 1986.

GONZÁLEZ-ALEGRE, A.: "Din Matamoro. O Universo se expande" (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia: Santiago, 1990.

HUICI, F: "Din Matamoro, Botánica Imaxinaria", en Memoria e vangarda. 8 pintores de Galicia (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1998.

Memoria de mi olvido, Servicio de Publicaciones Diputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 2002.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

Pintores e Escultores Galegos na EXPO'92 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

SEOANE, X.: "Mundos" (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1989.

Ver menos