Fernández Granell, Eugenio

  (A Coruña  1912 - Madrid  2001)
  Alias: Granell, Eugenio

Naceu na Coruña, pero pasou a súa adolescencia en Santiago de Compostela, onde estudou o bacharelato e comezou os seus estudos musicais. Aos dezaseis anos viaxou a Madrid bolsado pola Deputación da Coruña, para ingresar na Escola Superior de Música, continuando cos estudos de violín. Por estes anos participa en faladoiros literarios coincidindo cos irmáns Dieste, Carlos Gurméndez, Maruja Mallo e Lugrís entre outros. 
    
En 1935 ingresou nas filas do POUM participando activamente na Guerra Civil. Ao finalizar a contenda exiliouse primeiro a Francia e posteriormente a América, concretamente á República Dominicana, onde afianzou a súa afección pola pintura. Alí coñeceu en 1941 a André Breton, que influirá nos seus comezos como pintor surrealista. Dous anos máis tarde, tivo lugar a súa primeira exposición  individual, na Galería Nacional  de Belas Artes de Santo Domingo. 

Foi nesta época cando Eugenio Granell configurou o seu estilo pictórico baseado "nuns cantos principios de organización da superficie do lenzo aprendidos naquel período, primeiro a través do trato con obras como as de Picasso, Chirico, Lam e Masson, e logo a través da súa propia dervia de pintor".1 E a atmosfera das súas obras surxida do contacto coa natureza e o simbolismo caribeño. Os temas das illas (guitarristas, ciclóns, piñas, os indios e as kachinas) son frecuentes no seu universo plástico que se compón de figuras enigmáticas nacidas da súa peculiar metamorfose, que introducen ao espectador no ámbito do onírico. De ascendente surrealista é tamén a presencia da máquina, obxecto de culto e xoguete destes artistas. Ao longo da súa vida Granell reúne e nútrese das súas propias experiencias, sobre as que reflexiona e recrea, tanto nas súas pinturas como nos seus debuxos e escritos que son pasado, presente e futuro.

En 1946, tras negarse a asinar unha carta de adhesión ao réxime do dictador Trujillo, Eugenio Granell e a súa familia marcharon a Guatemala. Alí ingresou como profesor na Escuela de Artes Plásticas mantendo unha intensa actividade cultural. Trasladouse a Puerto Rico, tras o estalido da revolución guatemalteca, e ocupou a cátedra de Historia da Arte na facultade de humanidades.

En 1957 a Fundación William e Norma Copley de Nova York concedéronlle un premio de pintura. Un ano máis tarde trasladouse a Manhattan e estableceu alí a súa residencia durante  vintecinco anos. Así mesmo, traballou como catedrático de Literatura Española en diversas universidades.

Ademais do pai do surrealismo, André Breton, tamén influiu na pintura de Granell, o clima marcado polo exilio americano da gran maioría dos surrealistas europeos -Duchamp, Tanguy, Benjamin Peret, Wifredo Lam, Maruja Mallo- que se estableceron nunha área xeográfica comprendida entre Nova York, México e o Caribe. En 1962 incorporouse ao grupo surrealista Phases de París, e realizou numerosas exposicións por todo o mundo.
    
A súa primeira exposición en España, tivo lugar en 1964 na sala Neblí de Madrid. Dende entón visitou ocasionalmente o país, ata que en 1985 se instalou definitivamente en Madrid. Un ano despois tivo lugar a primeira retrospectiva da súa obra no Kiosco Alfonso, na Coruña.
   
 Ao longo da súa traxectoria artística foi galardoado con diversos premios, entre os que se encontran: o Premio de las Artes Plásticas de la Comunidad de Madrid, en 1989 ou a Medalla de Oro de Bellas Artes en 1995. Foi neste ano cando se estableceu en Santiago de Compostela a Fundación Eugenio Granell, que dende entón intenta transmitir, mediante unha intensa actividade expositiva, as súas diferentes facetas artísticas. En 1997 foi nomeado fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela.

 Faleceu en Madrid en outubro de 2001, e ese mesmo ano a Xunta de Galicia concedeulle a título póstumo a Medalla de Ouro de Galicia.

  1 BONET, J.M.: "En la Galaxia Surrealista del Caribe ", en Eugenio Granell, Colección Grandes Pintores, 3, Deputación Provincial da Coruña, 1994, páx. 30.

ÁLVAREZ PALACIOS, F.: Novela y cultura española de postguerra , Cuadernos para el Diálogo, S.A, Madrid, 1975.

"André Breton et le Surréalisme Internationale", en Opus Internationale, núm. 123-124, 1991.

ARANDA, J.F.: El surrealismo español, Lumen, Barcelona, 1982.

Artistas Galegos: pintores (posguerra I, figuracións). Uxío Fernández Granell, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BACIU, S.: Antología de la poesía surrealista latinoamericana, Joaquín Mortiz, México, 1947.

BACIU, S.: Surrealismo latinoamericano. Preguntas y respuestas , Editorial Universitaria, Valparaíso, 1970.

BÉDOUIN, J.L.: Vingt ans du surréalisme, 1939-1959, Dencel, París, 1961.

BIRON, A. ; PASSERON, P.: Dictionnaire Général du surréalisme, Office du Livre, París, 1982.

BRETÓN, A.: Entretiens, Gallimard, París, 1952.

BRETÓN, A.: La beauté convulsive (catálogo), Centre George Pompidou, París, 1991.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia de Arte Español del siglo XX. 1. Artistas, Mondadori, Madrid, 1991.

CERRADA CARRETERO, A.: La novela en el siglo XX, Playor, Madrid, 1983.

CERRADA CARRETERO, A.: Cincuenta años de exilio en Puerto Rico y el Caribe, 1939-1989, Memorias del Congreso Conmemorativo celebrado en San Juán, Puerto Rico, Edicións do Castro, A Coruña.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

DEL RÍO, A.: Historia de la literatura española , Tomo II, Holt, Rinehalt and Winston, Nova York, 1963.

DUCHAMP, M.: Duchamp du Signe, Flammarion, París, 1975.

DUCHAMP, M.: Catálogo Galería Bodley, Nova York, 1959.

"Eugenio Granell", en Arte y Parte, núm. 2, abril-maio, 1996.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA NIETO, M. C. ; DONÉZAR, J.: La guerra de España, 1936-1939, Guadiana, Madrid, 1974.

GARCÍA de CARPI, L.: La Imagen de la mujer en la obra de  Eugenio Granell (catálogo), Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 2004.

GULLÓN, G.: International Authors and Writers Who's Who 1976, Melrose Press, Cambridge, England, 1976.

GULLÓN, G.: El exilio español de 1939, Cultura y literatura, Taurus, Madrid, 1976.

Imágenes de la memoria=Imaxes da memoria=Images of Memory, Fundación Eugenio Granell, A Coruña, 2002.

IRIZARRY, E.: La inventiva surrealista de E.F.Granell, Ínsula, Madrid, 1976.

IRIZARRY, E.: Escritores, pintores españoles del siglo XX, Edicións do Castro, A Coruña, 1986.

JIMÉNEZ, J.R.: Estética y ética estética , Aguilar, Madrid, 1975.

LEBRÓN SAVIÑÓN, M.: Historia de la cultura dominicana , Vol. II, IV,V, Universidad Nacional, Santo Domingo, 1982.

LLORENS, V.: Memoria de una emigración , Santo Domingo 1939-1945, Ariel, Barcelona, 1975.

LLORENS, V.: Aspectos sociales de la literatura española , Castalia, Valencia, 1974.

LLORENS, V.: El exilio español de 1939, 1, La emigración republicana de 1939, Taurus, Madrid, 1976.

MARRA-LÓPEZ, J.R.: Narrativa española fuera de España , 1939-1961, Guadarrama, Madrid, 1963.

MARTÍNEZ, C.: Crónica de una emigración , Libro Mex, México, 1959.

MARTÍNEZ, R.: Republicanos en el exilio , Personas, Barcelona, 1976.

MARTÍNEZ LÓPEZ, R.: A literatura Galega no exilio, Edicións do Patronato.

MATHEWS, J.H.: An introduction to Surrealism , Pennsylvania State University, Pennsilvania, 1965.

MATHEWS, J.H.: The Imagery of Surrealism , Syracuse University Press, Siracusa, 1977.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MOLINA, C.A.: Eugenio F. Granell, Concello da Coruña, A Coruña, 1986.

MOLINA, C.A.: Eugenio Granell, nº 3. Grandes Pintores, Deputación Provincial da  Coruña, 1994.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias , Nigratea, Vigo, 2003.

PAGÉS, P.: El movimiento trotskista en España (1930-1935), Península, Barcelona, 1977.

PIERRE, J.: El surrealismo , Aguilar, Madrid, 1969.

PIERRE, J.: Le surréalisme, Fernand Hazan, París, 1973.

PIERRE, J.: L'aventure surréaliste autour d'André Breton, Artcurial, París, 1986.

PIERRE, J.: L'univers surréaliste, Somigy, París, 1983.

PIERRE, J.: Quien es quien en las letras españolas, Instituto Nacional del Libro Español, Madrid, 1969.

SANZ VILLANUEVA, S.: Historia de la literatura española 6/1, Literatura, Ariel, Barcelona, 1984.

SCHUSTER, J.: Les fruits de la passion, L'instant, París, 1988.

SOBEJANO, G.: Novela española de nuestro tiempo, Prensa Española, Madrid, 1970.

SOLDEVILLA DURANTE, I.: La novela desde 1936, Alhambra, Madrid, 1980.

SCHWARZ, A.: Arte e Alchimia, Electa, Venecia, 1986.

TARNAUD, C.: Braises pour E.F. Granell, Phases, París-Nova York, 1964.

ZELLER, L.: The Invention of Dice or Eugenio Granell o la invención del dado, Oasis, Toronto, 1982.

Ver menos