Prieto López, Fernando

  (A Coruña  1947 - )

 Dende moi pequeno manifestou a súa inclinación cara o debuxo e a pintura, participando á idade de 13 anos na súa primeira exposición, nunha sala do Concello de Ferrol. Realizou os estudos de perito mercantil, sen abandonar nunca a súa gran paixón, a pintura. Aurelio Lombera concedeulle unha bolsa na súa academia de Pintura onde, durante cinco anos, compartiu clases con Rogelio Puente e outros destacados pintores coruñeses. Posteriormente, asistiu outros cinco anos ao estudio de Vidal Lombán, pintor ourensán afincado na Coruña.  

Practica unha pintura figurativa ca intención de trasladar ao espectador dende os obxectos e as figuras humanas a outra profundidade. As mans, os zapatos vellos, as froitas, as prendas de vestir..., represéntanse de forma hiperrealista, pero perden o seu significado real para alcanzar a magnitude sensorial. Detrás del Hiperrealismo Subxectivo que define Prieto, existe un certo surrealismo, que se apoia en imaxes-símbolo que trascende a apariencia dos obxectos para transportarnos a un mundo onírico e poético.

A súa obra forma parte de numerosas coleccións públicas e privadas, tanto en España como en Estados Unidos. Entre as institucións públicas destacan a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a Delegación de Gobierno en Galicia (A Coruña), a Deputación de A Coruña, o Concello da Coruña, Banco de Comercio (Madrid), e  Fundación  Mª  José Jove (A Coruña).

Ver menos 

Obras do artista