Brocos, Florentina

  (Santiago de Compostela.  1880 - Carral, A Coruña  1960)

Naceu en Santiago de Compostela, onde residía a súa familia, en 1880. Cando o seu pai conseguiu unha praza na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, trasladouse a esta cidade, comezando a súa formación artística en dita escola á idade de dez anos. Complementou os estudos de artes con coñecementos de solfeo e piano.

A súa produción pictórica foi abundante, pero non o suficientemente recoñecida como para levar unha vida cómoda. Como método de supervivencia, Florentina e o seu irmán Donino, vendían obra propia como se fose do seu tío Modesto ou o seu pai, Isidoro. En 1906, ambos irmáns trasladáronse a Carral, onde a súa irmá Victoria os mantivo co seu modesto soldo de mestra. Alí falece á idade de oitenta anos. 

LOUSA RODRÍGUEZ, M.: Isidoro Brocos: Sus vidas, su familia, su obra, Deputación Provincial de Lugo, Publicacións, Lugo, 2002.

Ver menos