Dacos, Guy

  (La Haya (Holanda)  1940 - Liège (Bélgica)  2012)
  Web artista: http://www.dacos.org/graveur/

Naceu en La Haya (Holanda) en 1948. Traballou o gravado desde diferentes técnicas como a cerámica, a litografía e offset. Tamén ilustrou numerosos "libros de artistas" de poetas luxemburgueses, franceses e polacos.

Expuxo por primeira vez en 1961 en Bruxelas (Bélxica), pais onde residiu ata o seu falecemento en Liege no 2012.

Participou activamente no "maio francés" de 1968, con numerosos escritos políticos e cunha asociación de gravadores vinculada ao movemento coa que seguiu traballando de forma continua durante casi vinte anos. A finais dos 70 viaxou a Lisboa (Portugal) para impartir clases sobre as técnicas de gravado na Cooperativa de Gravadores. Neses mismos anos organizou a  Exposición Internacional de Gravado de Lyon e o Taller de Gravado e Litografía na Academia de Belas Artes.

En 1980 Alain Daniel produciu para a televisión belga La féte lente, un documental sobre o traballo de Dacos.En 1981 realizou unha pequena viaxe á China, e en 1982 participou na montaxe dos talleres de gravado e litografía da Cooperativa Artística Arvorede, Oporto (Portugal), coa que, a partir desta experiencia, colaborou con frecuencia. En 1983 co-funda a Feira do Gravado no Museo de Arte Moderno de Liége ás que suceden nos anos 1985 e 1987 as Bienais de Gravado, nas que tamén participa.

En 1989 co-organizou e formou parte do 1 Simposio Internacional de Offset de Arte en Malmédy (Bélxica) e o 2 celebrado en Vial da Praia de Ancora (Portugal) en 1991. Entre 1993 e 1999 participou na organización de Vyle d'Art en Marchin. 

Viaxou á Coruña en 1994  para participar no IV Simposio e realizou 16 gravados para unha emisión científica de RTBF (Polymposte). En 1995 viaxou a Marrocos. Nos anos 1995, 1997 e 1999 foi o responsable do Taller de Gravado da Bienal Internacional de Arte de Cerveira (Portugal), e en 1998 foi un dos creadores do Taller de gravado do Centro Cultural Marchin, ademais de colaborar nos traballos preparatorios da bienal Europea de Gravado de Liége.

Así mesmo participou na creación e funcionamiento de varios grupos: AT POPLG (1968). Gravprg Internacional (1969), La Poupée d`Encre (1978), La Lettre douce (1981), La Nouvelle Poupée d'Encre(1992).

No ano 2001 obtivo o premio "Baviera" na XI Bienal Internacional de Arte de Vila Nova da Cerveira.

Ver menos 

Obras do artista