Pérez Villaamil, Jenaro

  (Ferrol, A Coruña  1807 -  1854)
  Alias: Villaamil, Jenaro

Con tan só cinco anos ingresou como cadete no Colexio Militar de Santiago onde seu pai era profesor de fortificación, topografía e debuxo. En 1815, aos oito anos, desempeñou o cargo de axudante profesor de debuxo, de dito colexio, baixo as ordes paternas. Con dezaseis anos distínguese polo seu valor no exército liberal, resultando ferido e apresado polas tropas francesas. Curouse no Hospital de la Sangre de Sevilla e trasladárono a Cádiz como prisioneiro de guerra onde, para distraer a súa catividade, acudiu a clases de debuxo. Foi aquí onde decidiu facerse pintor.

Precedido pola fama que conseguira, marchou a Puerto Rico en 1830 en compañía de seu irmán Juan, tamén artista, con quen colaborou na realización dos decorados do Teatro Tapia.  En 1833 regresou a España e, en Sevilla, coñeceu ao pintor escocés David Roberts quen provocou  nel un cambio radical de estilo pasando dun carácter ecléctico -entre a arte francesa do XVIII e a dos países baixos do XVII- a unha concepción paisaxística dentro dos parámetros que caracterizan a representación da natureza do romanticismo anglosaxón. Destes anos data tamén a súa relación con Esquivel.

No ano 1835 Instalouse en Madrid onde o nomearon "Académico de Mérito de la Real Academia de San Fernando " no ramo da paisaxe. Dous anos máis tarde cooperou na fundación do Liceo Artístico Español, institución representativa do noso romanticismo.

O seu traballo comezou a ser recoñecido internacionalmente. Proba disto é que  en 1837o Barón Taylor, lle compra cinco cadros que colgan en varios palacios reais franceses. A crítica foi favorable ás súas habilidades artísticas chegando a ser considerado o paisaxista español máis importante do século XIX. O mesmo tempo é constante a súa relación co mundo das letras, ilustrando diversos libros e revistas. No entanto a colaboración máis destacada foi con Zorrilla, ao que o unía a afinidade romántica, ilustrando  varias obras suas.  

 En 1838 nomeouno a Raíña "Caballero de la Orden de Isabel la Católica" e, posiblemente, foi condecorado coa Cruz de San Fernando pola súa campaña militar de 1823. En 1840 solicitóulle de novo á raíña ser nomeado "Pintor Honorario de la Cámara", título que se lle concedeu case de inmediato. Así mesmo ascendeu de cabaleiro a comendador da orden de Isabel a Católica.

Durante a rexencia do xeneral Espartero "autoexiliouse" a París onde visitou á Raíña María Cristina e distintas personalidades españolas tamén emigradas en Francia. A finais de 1842 estableceuse en Bélxica e ao ano seguinte en Holanda. En maio regresou de novo a París onde se encargou da edición da súa España Artística y Monumental. Á caída de Espartero, en 1944, regresou a Madrid onde a raíña Isabel II o nomeou cabaleiro da Orde de Carlos III. 

 Volveu a Francia, grazas a unha pensión, para continuar coa súa España Artística y Monumental. Ao seu regreso realizou unha xira de exposicións polo País Vasco, Navarra e Aragón.

 En 1845, despois dunha longa polémica e por intervención da raíña, conseguiu a praza de "Teniente Director de la Academia de San Fernando" e a cátedra de Paisaxe de dita institución. En 1848 nomeárono profesor de Paisaxe da "Escuela  Preparatoria" para as carreiras de enxeñeiros civís e arquitectos.

Morreu debido a unha grave doenza hepática, á temprana idade de 47 anos, deixando unha enorme e importante produción artística.

O acercamento de Villaamil á realidade prodúcese a través dos seus apuntamentos a lapis ou a acuarela. A técnica dos seus óleos soe ser empastada, con gran movemento, e un colorido cálido de tonos dourados. Díxose que a súa pintura é a peneira que separa a realidade da fantasía. Tamén se conta que se apoiaba nun daguerrotipo das paisaxes aos que el daría vida e personalidade segundo o seu temperamento. As súas auténticas xoias son as súas acuarelas e augadas de elegantes trazos e finos debuxos que fan del un dos mellores acuarelistas do século XIX español. Para Galicia é un artista clave iniciador e representante do "rexurdimento" artístico na pintura.

AGUILERA, E.: "La España romántica, vista por don Jenaro Pérez Villaamil ", en Lecturas, Barcelona, núm. 364 (febrero 1955).

ARIAS ANGLÉS, E.: "Noticias inéditas en torno a una exposición de Villaamil", en Archivo Español de Arte, Tomo XLV, núm. 179, julio-septiembre, 1972.

ARIAS ANGLÉS, E.: "Villaamil",en Reales Sitios, año X, núm. 36, II trimestre, 1973.

ARIAS ANGLÉS, E.: "Dos acuarelas y una carta de Villaamil ", en Archivo Español de Arte, núm. 184, octubre-diciembre, 1973.

ARIAS ANGLÉS, E.: "La década prerrománica del pintor Jenaro Pérez Villaamil ", en Goya, núm. 133, 1976.

ARIAS ANGLÉS, E.: "Influencias en la obra pictórica de Pérez Villaamil ", en Goya, núm. 133, 1976.

ARIAS ANGLÉS, E.: "Relaciones entre David Roberts, Villaamil y Esquivel", en Goya, núm. 154, 1980.

ARIAS ANGLÉS, E.: Jenaro Pérez Villaamil, Atlántico, A Coruña, 1980.

ARIAS ANGLÉS, E.: La capilla de los Benavente, en Medina de Rioseco , de Jenaro Pérez Villaamil. Miscelánea de Arte, Instituto Diego Velázquez del CSIC, Madrid, 1982.

ARIAS ANGLÉS, E.: El paisajista romántico Jenaro Pérez Villaamil, Centro de Estudios Históricos, Departamento de Historia del Arte "Diego Velázquez", Madrid, 1986.

ARIZA, J. de: "Amena literatura. Pintura, música y poesía ", en Semanario Pintoresco Español, Tomo II, Nueva Época, núm. 48, 28 de noviembre de 1847.

ARRIBA: "Centros regionales. El centenario de Pérez Villaamil, en el Centro Gallego ", en Arriba, Madrid,  6 de junio de 1954.

ASSAS, M. de: "Un dibujo inédito de D. Genaro Pérez Villaamil", en Semanario Pintoresco Español, núm. 16, año XXII, 19 de abril de 1857.

Artistas Galegos: pintores (ata o romanticismo). J. Pérez Villaamil, Nova Galicia Edicións, Vigo, 1999.

BEAUVOIR, R. de: "Los artistas modernos de  Madrid", en La Presse, 8 de diciembre de 1842.

BEREUTE Y MORET, A. de: Historia de la pintura española en el siglo XIX (Elementos nacionales y extranjeros que han influido en ella ), Madrid, 1926.

BUGALLAL, J.L.: "En torno al apellido materno de Jenaro Pérez Villaamil", en Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XXXII, 1955.

BUJADOS, M.: "Exposición de Arte del Centro Gallego", en Arte Español, tomo I, núm. 2 (1912).

CAMÓN AZNAR, J.: "El romanticismo de Pérez Villaamil", en ABC, Edición Sevilla, 13-14 de agosto de 1954.

CAMÓN AZNAR, J.:El tiempo en el Arte . Madrid, 1958.

CASTELO TETTAMANCY, M.C: "Jenaro Pérez Villaamil en el Museo de Pontevedra", en Pontevedra, 1982.

CASTRO ARINES, J. de: "Recuerdo al romanticismo del pintor Jenaro Pérez Villaamil", en La Noche, Santiago de Compostela, 19 de julio de 1949.

Catálogo de las obras de Pintura, Escultura y Arquitectura presentados á exposición en Junio de 1846, y ejecutadas por los profesores existentes y los que han fallecido en el presente siglo (catálogo), Liceo Artístico y Literario, Madrid, 1846.

Catálogo ilustrado de la exposición de dibujos románticos españoles (catálogo), Dirección General de Bellas Artes, Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1970.

Catálogo de los cuadros y esculturas pertenecientes a la galería de SS. AA. RR. los Serenísimos Infantes de España, Duques de Montpensier (catálogo), Sevilla, 1866.

Colección Santamarca. Pinturas restauradas en 1983 (catálogo), Fundación Banco Exterior, Madrid, 1984.

CORREA CALDERÓN, E.: "Dibujantes de costumbres españolas ", en Arte Español, II Cuatrimestre, 1950.

COUSELO BOUZAS, J.: La pintura gallega , A Coruña, 1950.

CRUZADA VILLAAMIL, G.: Catálogo provisional, historial y razonado, del Museo Nacional de pinturas , Madrid,  núm. 122, 1865,

"Don Genaro Pérez de Villaamil", en La Ilustración, Tomo VI, núm. 276, 12 de junio de 1854.

DONOSTY, J.M.: "Villaamil en Guipúzcoa", en La Voz de España, Edición San Sebastián, 27 de agosto de 1954.

Enciclopedia Universal Ilustrada, Europeo-Americana, tomo XLIII, Espasa Calpe, Barcelona, 1921.

ENJUTO, F.: "La pintura de antaño. Jenaro Pérez Villaamil y el teatro Tapia ", en Puerto Rico Ilustrado, 31 de julio de 1943.

ENRÍQUEZ, J.: "La pintura romántica en España. Jenaro Pérez Villaamil. Por Antonio Méndez Casal", en Arte Español, Tomo VII, núm. 1, año XIII, 1924.

Exposición de dibujos (1750 a 1860) (catálogo), Sociedad Española de Amigos del Arte, Madrid, 1922.

Exposition universelle de 1855, explication des ouvrages de peinture, sculpture, etc. (catálogo), Exposición Universal, París, 1855.

Exposicion de Pinturas Españolas de la primera mitad del siglo XIX (catálogo), Sociedad Española de Amigos del Arte, Madrid, 1913.

Exposición del Antiguo Madrid (catálogo), Sociedad Española de Amigos del Arte, Madrid, 1926.

Exposición de Pintura Antigua Española. Siglo XIX (catálogo), Sala Vilches, Madrid, 1948.

Exposición de Dibujos, Plumillas, Sanguinas, etc. Antigua Colección Schwartz (catálogo), Galerías Altamira, Madrid, 1955.

Exposición de dibujos (catálogo), Fundación Lázaro Galdiano, Madrid, 1959.

Exposición de Acuarelas y Aguadas Españolas (XVIII-XIX) (catálogo), Sociedad española de Amigos de Arte, Madrid, 1946.

Exposición de Pintura Isabelina, 1830-1870 (catálogo), Sociedad Española de Amigos del Arte, Madrid, 1951.

Exposiciónconmemorativa del centenario de la muerte de Jenaro Pérez Villaamil (1807-1854) y del centenario del nacimiento de Román Navarro García  (1854-1928) (catálogo), Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, A Coruña, 1954.

"Exposición Pérez Villaamil", en Ya, 6 de junio de 1954.

FERNÁNDEZ BAYTON, G.: "Genaro Pérez Villaamil en la  Academia de San Fernando", en Archivo Español de Arte, tomo XXXVIII, 1965.

Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Galicia "Siglo XIX": Hacia la modernidad (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998.

GALLEGO, J.: "1855-1900. Artistas españoles en medio siglo de exposiciones universales de París ", en Revista de Ideas Estéticas, núm. 88, octubre-noviembre, 1964.

GARNELO Y ALDA, J.: "El marterial y la factura en los pintores españoles de la primera mitad del siglo XIX", en Por el Arte, Año I, núm. 7, 1913. 

GAYA NUÑO, J.A.: "Actualidad y centenario de Villaamil", en Ínsula, núm. 104, agosto, 1954.

GAYA NUÑO, J.A.: "En el centenario de Villaamil. Ingredientes de una obra maravillosa ", en Goya, núm. 1, 1954.

GAYA NUÑO, J.A.: "Crónica. Vida de los museos españoles durante el año de 1954. Museo Romántico ", en Boletín de la Sociedad Española de Excursiones,  tomo LVIII, 1954.

GAYA NUÑO, J.A.: "Arte del Siglo XIX. Ars Hispaniae", en Historia Universal del Arte Hispánico, Tomo XIX, Madrid, 1966.

GIL FILLOL, L.: "Jenaro Pérez Villaamil en el Museo Romántico ", en Luna y Sol, núm. 125, septiembre, 1954.

GÓMEZ MORENO, M.E.: Guía del Museo Romántico, Fundaciones Vega-Inclán, Madrid, 1970.

GONZÁLEZ RUANO, C.: "En el centenario de la muerte de Villaamil", en Sur, Málaga, 6 de agosto de 1954.

Imagen romántica de España (catálogo), Ministerio de Cultura, Madrid, 1981.

Jenaro Pérez Villaamil (catálogo), Asociación de Artistas, A Coruña, 1941.

Jenaro Pérez Villaamil (catálogo), Museo de Pontevedra, Pontevedra, 1954.

Jenaro Pérez Villaamil dibujante: el viaje a Galicia de 1849 (catálogo), Ministerio de Cultura, Madrid, 1988.

Jenaro Pérez Villaamil (1807-1854) Oleos, acuarelas, dibujos, litografías (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

JORGE ARAGONESES, M.: Esquivel, Villaamil, Corro y Contreras. Aportaciones murcianas al catálogo de su obra. Publicaciones de la Academia Alfonso X el Sabio, Murcia, 1960.

LAFUENTE FERRARI, E.: Breve Historia de la Pintura Española , Madrid, 1953.

LAGO, S.: "Los Amigos del Arte. Dibujos y dibujantes españoles ", en La Esfera, 15 de julio de 1922.

LARCO, J. ; LARRAIZA, R.M.: La pintura española moderna y contemporánea , Vol. 1, Repertorio gráfico, Madrid, 1964.

LARCO, J. ; LARRAIZA, R.M.: De Goya al impresionismo , Vol. III, Repertorio Gráfico: Madrid, 1964.

LEFORT, P.: La peinturae espagnole, París, 1893.

LÓPEZ CONDE, J.: "Crónica de Galicia. ¿Pérez Villaamil o Pérez Duque?", en Diario de Barcelona, 28 de enero de 1955.

LÓPEZ RAMÓN, J.M.: "Ahora se descubre. El pintor Villaamil usó este apellido sin pertenecerle. Se llamaba en realidad,  Jenaro Pérez Duque", en Informaciones, 4 de noviembre de 1954.

LOZOYA, Marqués de ; SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: Guía del Museo Romántico y Legado de Vega-Inclán, Madrid, 1945.

MANJARRES, J. de: Las Bellas Artes. Historia de la Arquitectura, la Escultura y la Pintura. Seguida de unos apuntes sobre el renacimiento del arte de la pintura en España, por D. Manuel Ossorio y Bernard [1ª ed. , Barcelona, 1986 ; 2ª ed. Barcelona, 1881].

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍNEZ BARBEITO, I.: Museo Provincial de Bellas Artes de La  Coruña (catálogo), A Coruña, 1957.

MÉNDEZ CASAL, A.: Jenaro Pérez Villaamil, Ediciones de la Esfinge, Madrid, 1921.

MÉNDEZ CASAL, A.: "Unas acuarelas inéditas de la primera época de Villaamil", en Revista Española de Arte, año I, núm. 1, marzo, 1932.

MÉNENDEZ PIDAL, L.: "Varios dibujos del pintor Jenaro Pérez Villaamil en el Museo Provincial de Oviedo ", en Boletín del Instituto de Estudios Asturianos, núm. XLI, 1960.

MURGUÍA, M.: "Don Genaro Pérez Villaamil", en La Ilustración Gallega y Asturiana, 20 de mayo de 1879.

MUSSO Y VALIENTE, J.: "El molino de la Cartuja. Cuadro de D. Jenaro Pérez Villaamil, litografiado por D. Alejandro Blanco", en El Liceo Artístico y Literario Español, 2ª época, 1838.

MUSSO Y VALIENTE, J.: "Bellas Artes. De la Escuela Moderna Española de Pintura", en El Liceo Artístico y Literario Español, 2ª época, 1838.

NELKEN, M.: "Exposición de pinturas españolas del siglo XIX", en Arte Español, año 3, núm. 1, febrero, 1914.

NELKEN, M.: "La pintura española en la primera mitad del siglo XIX", en Museum, Vol. V, núm. 3, 1916-1917.

NELKEN, M.: "El Museo Romántico y nuestra escuela romántica ", en La Esfera, 14 de marzo de 1925.

Octava Exposición de la Sociedad de Acuarelistas de Madrid (catálogo), Sociedad de Acuarelistas, Madrid.

OSSORIO Y BERNARD, M.: Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX, Madrid, 1883-1884.

PANTORBA, B. de: "El paisaje y los paisajistas españoles ", en Ensayo de Historia y Crítica, Madrid, 1943.

PANTORBA, B. de: "El paisaje y los paisajistas españoles", en Arte Español, Tomo XIV, Año XXVII, 1º y 2º Trimestre, 1943.

PASSAVANT, J.D.: El arte cristiano en España , Sevilla, 1877.

PAULI, G. ; JIMÉNEZ PLACER, J.: "Arte del Clasicismo y del Romanticismo", en Historia del Arte Lábor , Vol. XIV, Barcelona, 1948.

PÉREZ SÁNCHEZ, A. E.: "Inventario de las pinturas . Real Academia de Bellas Artes de San Fernando ", en Academia, núm. 18-19, 1964.

Pintores españoles, temas extranjeros, del Romanticismo a nuestros días (catálogo), Club Urbis, Madrid, 1970.

Pintores ferrolanos (catálogo), Diputación Provincial de A Coruña, A Coruña, 1980.

Pintura antigua Siglos XV-XIX. Colección de Manuel González (catálogo), Madrid, 1966.

Pinturas de paisaje del Romanticismo español (catálogo), Banco Exterior de España, Madrid, 1985.

Pintura romántica gallega (catálogo), Museo de Pontevedra, Pontevedra, 1944.

PITA ANDRADE, J.M.: "Santiago en el Arte", en Goya, núm. 1, julio-agosto, 1954.

RÁFOLS, J.F.: El arte romántico en España, Barcelona, 1954.

REIG COROMINAS, R.: La Acuarela en España, Biblioteca del Palacio de Perelada, Barcelona, 1954.

RODRÍGUEZ DE RIVAS, M.: "Consideración social de los Artistas en los pasados tiempos. Índice del siglo XV al siglo XIX ", en Arte Español, Tomo XIII, año XXVI, 2º Trimestre, 1941.

RODRÍGUEZ DE RIVAS, M.: "No: no se apellidaba Pérez Duque. El verdadero nombre del gran pintor romántico fue  Jenaro Pérez Villaamil", en Informaciones, 6 de noviembre de 1954.

SALAS, X. de: "Varias notas sobre Villaamil", en Archivo Español de Arte, XXXII, 1959.

SALAS, X. de: "Otra  nota sobre Villaamil", en Archivo Español de Arte, XXXVI, 1963.

SAN JOSÉ, D.: "Un santuario de arte y de la historia. El Museo Romántico ", en La Esfera, 2 de agosto de 1924.

SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: "Los pintores de Cámara de los Reyes de España. Los pintores de los Borbones ", en Boletín de la Sociedad Española de Excursiones, XLVI, diciembre, 1916.

SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: "El pintor Villaamil en Pontevedra ", en El Museo de Pontevedra, núm. I-II, 1942-1943.

SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: "La iglesia de Santa María y la Moureira, vistas por el pintor Villaamil", en Nodales, junio 1961.

SENTENACH Y CABAÑAS, N.: Catálogo de los cuadros, esculturas, grabados y otros objetos artísticos de la Antigua Casa Ducal de Osuna, expuestos en el Palacio de la Industria y de las Artes , Madrid, 1896.

SEOANE, L.: Jenaro Pérez Villaamil, Ediciones Galicia, Buenos Aires, 1954.

TORMES, A. de: "Viejas estampas. Los dibujos románticos de Villaamil ", en La Esfera, 22 de agosto de 1925.

TORMES, A. de: "Estampas de Villaamil. El patio del palacio de Alcalá de Henares", en La Esfera, 12 de septiembre de 1925.

TRAVIESO MOUGÁN, J.: "Pérez Villaamil, Jenaro", en Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XXIV, Ed. Silveiro Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000.

Tres grandes maestros del paisaje decimonónico español: Jenaro Pérez Villaamil, Carlos de Haes y Aureliano de Beruete (catálogo), Ayuntamiento de Madrid, Madrid, 1990.

TUÑÓN DE LARA, M.:La España del siglo XIX, Barcelona, 1974.

URGORRI CASADO, F.: "Villaamil y Lucas: Torneo de pinceles", en Homenaje a pintores ferrolanos (catálogo), Diputación Provincial de A Coruña, A Coruña, 1980.

VESTEIRO TORRES, T.: Galería de Gallegos Ilustres, Tomo II, Ediciones Galicia, Buenos Aires, 1875.

Ver menos