Sorolla, Joaquín

  (Valencia  1863 - Cercedilla, Madrid  1923)
  Alias: Sorolla, Joaquín

Joaquín Sorolla iniciou en 1876 a súa formación na súa cidade natal, primeiro na Escola de Artesáns e despois na Escola de Belas Artes San Carlos. En 1881, ano no que rematou os seus estudos, viaxou por primeira vez a Madrid, visitou o Museo del Prado e coñeceu ao pintor Ignacio Pinazo, a súa influencia foi fundamental neste período de formación do artista.

En 1884 recibiu a segunda medalla na Exposición Nacional e obtivo unha pensión de estudo en Roma onde permaneceu dous anos, intercalados con seis meses en París, onde visitou museos e exposicións. Froito destas viaxes a súa obra foi madurando e soltándose, sobre todo grazas á influencia dos artistas pleinairistas, centrándose cada día máis nos temas de mar e praia.

En 1906 realizou a súa primeira gran exposición individual no estranxeiro, na galería Georges Petit de París, cun gran éxito de vendas e crítica, e animado decide repetir en The Grafton Galleries de Londres en 1908. Non se conseguiu o triunfo de París, pero serviulle para coñecer a Mr. Archer M. Huntington, fundador da Hispanic Society de Nova York, quen o invitou a expoñer ao ano seguinte na súa cidade, onde repetiu o éxito de París, abríndose ao mercado norteamericano. En 1911 recibiu o encargo de Huntington de decorar a Biblioteca da Hispanic Society. Tras un ataque de hemiplexía deixa a pintura en 1920, falecendo en Cercedilla tres anos despois. ( José I. Abeijón- Mirian Sainz de la Maza )

Ver menos