Frau, José

  (Vigo  1898 - Madrid  1976)

A súa orixe galega é casual, xa que o seu pai era un carabinero mallorquín, casado cunha gaditana, que estaba destinado en  Vigo. Debido ao traballo do seu pai, trasladouse en 1901 ao pobo catalán de San Feliú de Guixols. En 1913 a súa familia foise a vivir a Huelva, onde asistiu a clases de pintura do Mestre Antonio de la Torre e realizou as súas primeiras exposicións.

 Ata o 1916 seguiu cambiando de residencia a causa do traballo paterno, pero este ano foi clave para Frau, xa que se trasladou a Madrid para iniciar os seus estudos na Escuela de Bellas Artes de San Fernando baixo a tutela de Antonio Muñoz Degraín.

 En 1918 foi elixido para formar parte dos pensionados de "El Paular ", o que lle permitiu contactar con artistas como Pérez Rubio, Gregorio Prieto, Joaquín Valverde ou María Luísa Pérez Ferrero.

 En 1924 obtivo a medalla de terceira clase na Nacional de Bellas Artes, exposición á que acudiu en varias ocasións. Este recoñecemento ao seu traballo, completouse ao ano seguinte co ingreso na Sociedad de Artistas Ibéricos, o que lle permitiu entrar en contacto con outros artistas importantes como Benjamín Palencia, Bores, Cossío ou Dalí, e introducirse na arte de vangardia, incorporando as últimas tendencias europeas á súa pintura.En 1929 casou coa alumna Margarita González Giraud.

 O seu prestixio seguiu subindo e en 1932 outorgáronlle a medalla de segunda clase do Nacional de Bellas Artes. Entre os anos 1933-1935 trasladouse á cidade Norteamericana de Pittsburg ao ser invitado polo Carragie Institut a expor as súas obras.

En 1943 conseguiu a primeira medalla do Nacional de Bellas Artes na especialidade de paisaxe grazas á obra "Naturaleza", premio que compartiu con Benjamín Palencia, que acudiu ao certame coa obra titulada Toledo. Ambas, foron cedidas ao Estado e levantaron polémica, xa que os críticos cualificáronnas como de "un osado estilo y mal gusto", cualificando a obra de Frau como un "deslavazado mazacote de colores ".

Emigrou a América en 1947, concretamente a Bos Aires, Montevideo e México, onde establece relación cos grandes muralistas mexicanos Sequeiros, Orozco, Ribera e Tamallo, e con exiliados republicanos, especialmente con Arturo Souto.

A partir de 1961 realizou unha serie de viaxes anuais a España con escapadas a París, establecéndose finalmente en el año 1966, en Olmeda de las Fuentes (Guadalaxara), onde residiu ata a súa morte en 1976.

A súa pintura de raíz figurativa, céntrase nun paisaxismo con certo regusto fantástico e un cromatismo fauvista que aos poucos se foi sintetizando, eliminando o protagonismo da figura humana, o que o converteu nun dos paisaxistas máis orixinais e importantes da pintura española contemporánea.

ABRIL, M.: "Los artistas trabajan: José Frau ", en Suplemento de Blanco y Negro, núm. 12.

ÁLVAREZ ACOSTA, M.: José Frau (catálogo), Ministerio de Educación Nacional, Madrid, 1962.

ÁLVAREZ ILARRI, M.J.: José Frau, Tesis de licenciatura inédita, Santiago de Compostela, 1978.

Arte Contemporáneo: selección de artistas del siglo XX (catálogo), Díaz y Arnau, Madrid, 1991.

Artistas Galegos: pintores (vangardas históricas). José Frau, Nova Galicia Edicións, Vigo, 1998.

AZCOAGA, E.: José Frau (catálogo), Hotel Manila, Barcelona, 1969.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España: 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995. p 257.

CAMÓN AZNAR, J.: "El arte de José Frau", en ABC, Madrid, 25 de marzo de 1976.

CAMÓN AZNAR, J.: "José Frau", en ABC, Madrid, 24 de marzo de 1975.

CAMÓN AZNAR, J.: "José Frau", en Goya. Revista de Arte, núm. 130, 1976.

CAMPOY, A.M.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

CAMPOY, A.M.: "José Frau (1898-1976), maestro del paisaje ", en ABC, Madrid, marzo, 1977.

CASTRO ARINES, J.: Grandes artistas gallegos (catálogo), Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1984.

CASTRO ARINES, J.: Frau (catálogo), Círculo de Bellas Artes, Madrid, 1964.

CEDÁN CAAVEIRO, S. ; SEOANE, X.: Ausencias: Fragmentos de Arte Galega no século XX (catálogo), Diputación de A Coruña, A Coruña, 1933.

CHAMOSO LAMAS, M.: Arte en Galicia, Noguer, Barcelona, 1996.

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX: artistas, Tomo 1, Mondadori, Madrid, 1991, pág. 309.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo (I), Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÁ VIÑOLAS, L.A.: "José Frau", en Pueblo, Madrid, 1977.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XIV, pp. 103-106.

J. Frau: o artista no seu século (catálogo), Museo Quiñones de León, Vigo, 1998.

José Frau (catálogo), Aula de Cultura de Caja Madrid, Madrid, 1987.

José Frau, ser o pintar (catálogo), Aldus, Madrid, 1971.

LEYRA DOMÍNGUEZ, J.: Primera Muestra Antológica de Pintura Gallega (catálogo), Círculo de las Artes de Lugo, Lugo, 1960.

MANRIQUE DE LARA, J.G.: Los árboles de Frau (catálogo), Gráficas Brasil, Madrid, 1975.

MANRIQUE DE LARA, J.G.: "Frau o la metafísica de la naturaleza", en Bellas Arts, núm. 45, agosto-setembro, 1975.

MANRIQUE DE LARA, J.G.: "A José Frau, pintor, trotamundos y enemigo de la realidad ", en José Frau (catálogo). Ministerio de Cultura. Dirección General de Patrimonio Artístico, Archivos y Museos, Madrid, 1978.

MARTÍNEZ NOVILLO, A.: De Casás a Miró: treinta y cuatro maestros del arte español (catálogo), Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Zaragoza, Aragón y Rioja, Museo Español de Arte Contemporáneo, Zaragoza, 1984.

MON, F.: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

PABLOS HOLGADO, F.: "José Frau o la ternura del paisaje elemental. El pintor vigués, de 76 años, retorna a su ciudad natal", en Faro de Vigo, Vigo, 2 de outubro de 1974.

PABLOS HOLGADO, F. ; ILARRI JUNQUERA, M.L. ; ILARRI GIMENO, A.: Colección de Arte Galega do Museo Municipal "Quiñones de León" (catálogo), Concello de Vigo, Vigo, 1995.

PABLOS HOLGADO, F. ; MARTÍNEZ NOVILLO, A.: De Casas a Miró: 29maestros del Arte español (catálogo). Caixavigo, Vigo, 1984.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

Plástica Gallega (catálogo), Caixavigo, Vigo, 1981.

SÁNCHEZ, L.: "José Frau, un pintor inquilino de Hernán Cortés", en Tele/Expres, 22 de octubre de 1969.

VÁQUEZ GIL, B.M.: "Frau, un pintor gallego atemporal ", en El Pueblo Gallego, Vigo, 3 de octubre de 1974.

VILAR, J.R.: "Reflexiones sobre la pintura del vigués José Frau", en El Ideal Gallego, 1974.

Ver menos 

Obras do artista