López, Juan Luis

  (Santiago de Compostela  1894 -  1984)
  Alias: Juan Luis

Dende neno axudaba ao seu pai no taller artístico que este tiña en Santiago de Compostela. Aos dezaseis anos comezou a pintar, influído por dous amigos que acudían asiduamente ao negocio familiar: Álvaro Soto, home bohemio ao que lle gustaba pintar temas mariñeiros e Jacobo Abella, que foi o seu primeiro mestre.

    Asistiu durante un ano ás clases que impartía o pintor Mariano Tito Vázque, onde copiaba naturezas mortas e modelos ao natural.En 1911 recibiu o seu primeiro encargo importante: o artesoado situado baixo os órganos, o ábside e a bóveda da catedral de Mondoñedo.

Un ano despoís participa  na Exposición de Arte Galego que se celebra no Centro Gallego de Madrid onde obtivo un gran éxito. Alí entabla relación co arquitecto Antonio Palacios e o paisaxista Bello Piñeiro, co que trabou unha grande amizade. A morte do seu pai obrigouno a ocuparse do taller para axudar á súa familia. Por fortuna, o Concello de Santiago de Compostela entregoulle a chamada "bolsa do pobre" para estudar en Madrid durante tres meses. Na capital, o escultor Francisco Asorey presentoulle aos seus amigos, importantes artistas da época como o debuxante Manuel Bujados e  o pintor Romero de Torres. Juan Luis empezou a ser un pintor recoñecido, con importantes encargos entre os que destaca a restauración do retablo da igrexa de Arcos de Furcos, que lle permitiu coñecer á irmá do párroco, Josefa, coa que casou en 1918, trasladándose a vivir a Madrid.

Dende 1917 foron moitas as veces que asistiu á Exposición Nacional de Bellas Artes que se celebraba na capital. Ese mesmo ano, outorgáronlle a terceira medalla polo cadro Florisel. As favorables críticas cara as súas obras fixeron que o seu prestixio seguise subindo. Foron moitos os premios recibidos ao longo da súa traxectoria artística como Primera Medalla na Exposición Nacional de 1942, ou o Premio Anual de las Artes da Deputación da Coruña en 1974.

En 1926 concedeuselle unha bolsa de estudos no estranxeiro, polo que viaxou a París, cidade onde coincidiu con Carlos Maside  e o escritor Felipe Fernández Armesto. Con eles visitou a cidade e asistiu a reunións de artistas e literatos nos cafés de Montmartre e Montparnasse. Á súa volta a Galicia, declarou en varias ocasións, que fora Van Gogh o artista que máis o impresionara. En 1930 obtivo de novo unha bolsa de estudos da Deputación Coruñesa para visitar durante tres meses museos e galerías de Italia, Suíza e Francia.

 Durante a Guerra Civil foi colaborador artístico e literario en distintos diarios: El Ideal Gallego, Faro de vigo e El Correo Gallego.En 1941 estableceuse en Barcelona, onde pasou a formar parte do claustro de profesores da Escuela Superior de Bellas Artes, grazas á obtención da súa cátedra, concedida por unanimidade. Foi nomeado Académico correspondente á Coruña da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando no ano 1967.

A súa pintura, que nos seus comezos ten un forte acento literario do mundo valleinclanesco, evolucionou para centrar as súas preocupacións nunha temática costumista xurdida das súas observacións da vida campesiña: tipos, escenas, mulleres, que observa e traslada aos seus lenzos. As súas obras pobóanse de escenas protagonizadas polos labores do campo. Tecnicamente, o grosor da materia con toda a súa forza expresiva, a frontalidade, o equilibrio das composicións e a vitalidade da cor dan un acento propio a toda a súa produción.

AREÁN, C.: Treinta años de Arte Español , Madrid,1972.

AREÁN, C.: La pintura española del siglo XX, Madrid, 1971.

AGUILERA CERNI, V.: Panorama del Nuevo Arte Español, Madrid, 1971.

AGUILERA CERNI, V.: Posibilidad e imposibilidad del arte , Valencia, 1973.

Arte Gallego (catálogo), Santiago de Compostela, 1926.

Arte Gallego (catálogo), Madrid, 1928.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). Juan Luis, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AZCOAGA, E.: "Orígenes de la vanguardia Española ", en Bellas Artes 75, núm. 39, xaneiro, 1975.

BARREIRO, A.: "Del Arte Gallego. Exposición Regional de 1917", en Bocetos de Crítica, A Coruña, 1917.

BOZAL, V.: Historia del Arte en España , Madrid, 1973.

CARBALLO CALERO, M.V.: Museo Provincial de Lugo. Catálogo de Pintura (catálogo), Lugo, 1969.

CARRO GARCÍA, J.: La exposición regional gallego de 1969, Instituto "Padre Sarmiento" de estudios gallegos, Santiago de Compostela, 1959.

CERVIÑO LAGO, M. J.: El pintor Juan Luis, Tesina de Licenciatura (inédita), Universidad de Santiago, 1976.

CERVIÑO LAGO, M.J.: El pintor Juan Luis: apuntes sobre su vida y su obra (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1985.

CIRLOT, J.E.: El estilo del siglo XX, Barcelona, 1952.

CIRLOT, J.E.: Pintura Contemporánea, Barcelona, 1963.

CIRLOT, J.E.: Arte del siglo XX, Barcelona, 1972.

COUSELO BOUZAS: La pintura gallega , A Coruña, 1950.

DORFLES, G.: Últimas tendencias del arte , Barcelona, 1966.

ENCINA, J.: Retablo de la pintura moderna , Madrid, 1971.

ESTÉVEZ ORTEGA: Arte Gallego, Lux, Barcelona, 1930.

FILGUEIRA VALVERDE, J.: "La Pintura Gallega del Barroco a la posguerra ", en Galicia Eterna, Barcelona, 1981.

Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GALLEGO, J.: Pintura Contemporánea, Salvat, Navarra, 1971.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del medio siglo , Barcelona, 1952.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX, Barcelona, 1972.

Historia e Arte na casa grande do pozo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.

JAFFE, M.L.: La pintura del siglo XX, Barcelona, 1967.

LARRAIZA: Pintura española moderna y contemporánea , Madrid, 1964.

LAFUENTE FERRARI, E.: Historia de la pintura española , 1971.

LAFUENTE FERRARI, E.: Lloréns, Madrid, 1972.

LEDO, X.: "Arte Gallego ", en Insula, núm. 152-153, 1959.

LIAÑO PEDREIRA, M.D.: Pintores gallegos en la Diputación Provincial de La Coruña , Tesis de Licenciatura (inédita).

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.: "Juan Luis", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 18, pp. 117-120.

MON, F.: La pintura actual en Galiciam A Coruña, 1972.

MON, F.: Aspectos sociales del arte en Galicia, A Coruña, 1971.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

Un siglo de Arte español (1856-1956) (catálogo), Dirección General de Bellas Artes, Madrid, 1955.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Cuatro pintores gallegos contemporáneos , Tesis doctoral (inédita).

TRAVIESO MOUGÁN, J.: Juan Luis, un goce de la pintura (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, 1984.

TRAVIESO, J. ; CERVIÑO LAGO, J.: El pintor Juan Luis (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1994.

I Trienal Nacional de Bellas Artes (catálogo), Santiago de Compostela, 1971.

Ver menos