Caruncho, Luis

  (A Coruña  1929 - )
  Movimiento/Escuela: Grupo de Constructivistas Españoles
  Web artista: http://www.caruncho.eu/

Formado na escola de Enxeñeiros Industriais e de Arquitectura, a súa vocación pictórica lévao a realizar estudos de Historia da Arte na Universidade de Aix-en-Provence (Francia) así como na Escola de Artes e Oficios e Círculo de Bellas Artes de Madrid.

A partir destes comezos, da súa relación co pintor Vázquez Díaz e do seu achegamento ás vangardas construtivistas e suprematistas foi dando forma á súa traxectoria que irá evolucionando dende unha figuración sintetizada, influenciada polo postcubismo, a un proceso de indagación, nos sesenta, nas formas elementais e as súas tensións e harmonías no plano, pero tamén, cara a inclusión de formas circulares con forte presenza da materia.

Na década dos setenta, sendo membro do Grupo de Constructivistas Españois nun progresivo proceso depurador, busca as posibilidades que lle ofrecen as formas planas no espazo, configurando baixorrelevos, cun monocromatismo que se transforma e matiza pola luz. A súa producción  presenta unha clara vocación integradora das artes, no límite entre o pictórico e o escultórico, sinónima dunha revisión organicista e profundamente esteticista da súa inherente vocación construtiva. En 1976 asina en New York o "Manifiesto del Grupo abierto de Arte Constructivo Tridimensional" (ACT), cos artistas Feliciano Hernández, José María de Labra, Maribel Nazco, Salvador Soria, Senén Ubiña, Ricardo Ugarte e o entón director do Museo de Arte Contemporáneo e crítico de arte, Carlos Areán.

Nos anos 80 fundou o Grupo Ruedo Ibérico xunto con José Caballero e Alvaro Delgado, o que unénse José Mª Iglesias, Salvador Victoria e José Luis Fajardo, cos teoricos José Luis Morales e Marín, e o poeta e novelista José Manuel Caballero Bonald.

Paralelamente á súa traxectoria plástica, Luis Caruncho desenvolveu un importante labor como comisario de exposicións ―“Los pintores de la Ilustración”, “Pintores Españoles de la Escuela de París” ou as distintas Bienais Unión-Fenosa― galerista, coa creación en 1974 da sala Kandinsky en Madrid ou como director do Centro Cultural Conde Duque e máis recentemente do Museo de Arte Contemporánea Unión-Fenosa da Coruña.

AENA Colección de Arte Contemporáneo (catálogo), Fundación Aena, Valencia, 1998.

ARANGUREN, J.L.: Catálogo exposición Museo de Albacete, Albacete, 1987.

Artistas Galegos: pintores (abstraccións-figuracións). Luis Caruncho. Nova Galicia Edicións: Vigo, 2002.

CABALLERO BONALD, J.M.; MORALES Y MARÍN, J.L.: Ruedo Ibérico, Centro Cultural de la Villa, Ayuntamiento de Madrid, Madrid, 1991.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del Arte Español del s.XX, vol.I, Artistas, Ed. Mondadori, Madrid, 1991.

Caruncho. Antecedentes y consecuencias (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 1997.

Caruncho, (catálogo), CAM Fundación Cultural, Alacant, 1992.

Caruncho, Grandes Artistas Gallegos, Caixavigo, Vigo, 1994.

Caruncho (catálogo), Ayuntamiento de A Coruña, Madrid, 1995.

Caruncho (catálogo), Galería Barcelona, Barcelona, 2002.

Caruncho (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2004.

CHAVARRI, R.: Caruncho, Madrid, 1981.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CONDE, M.; ALTER: Constructivistas españoles, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 1987.

A creación do necesario. Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia (catálogo), MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, A Coruña, 2004.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Galicia Arte. Arte Contemporánea (I), Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Galicia: Panorama del Arte Moderno, Banco de Bilbao, Madrid, 1982.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MON, F.: "Caruncho", en Artistas Españoles Contemporáneos, Madrid, 1979.

MON, F.: "Caruncho", en Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 5, páx. 134.

MORENO GALVÁN, J. M.: Caruncho, Madrid, 1981.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratrea, Vigo, 2003.

O Proceso Abstracto (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del "boom" (1970-80), Edicións do Castro, Sada, 1981.

SEOANE, X.: Luís Caruncho, Man Común, Santiago de Compostela, 1980.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

Ver menos