Seoane, Luis

  (Buenos Aires  1910 - A Coruña  1979)

Naceu no seo dunha familia de emigrantes, Seoane pasou os primeiros anos da súa vida entre A Coruña e Santiago onde cursou os seus estudos de Dereito e Ciencias Sociais. 

 En 1929 realizou a súa primeira exposición na sala "Amigos del Arte " de Santiago, á que lle seguiu a realizada no Café Español desta mesma cidade, onde presentou debuxos e acuarelas influenciadas pola pintura de Klee. A comezos dos anos trinta interesouse polo mundo editorial, colaborando co editor compostelán Ánxel Casal e nos semanarios republicanos Guión e Yunque

En 1932 licenciouse en Dereito e Ciencias Sociais pola Universidade de Santiago de Compostela. Dous anos máis tarde trasladouse á Coruña e fundou xunto con Manuel Boedo o primeiro "Estudo Xurídico Colectivo", traballando como avogado laboralista. O estalido da guerra civil obligouno a exiliarse a Bos Aires. Nesta cidade comezou a colaborar no periódico Crítica e máis tarde como redactor en El Diario

En 1938 iniciou tamén a súa colaboración como ilustrador da Editorial Losada. Este interese polo mundo editorial levouno a dirixir a revista Galicia do Centro Galego de Bos Aires, permanecendo neste cargo durante vinte anos. 
    
En 1942 ilustrou o libro de poemas ¡Eh los toros! de Rafael Alberti, e dous anos máis tarde realizou o álbum de debuxos Homenaje a la Torre de Hércules, que foi seleccionado polo American Institute of Graph e o Pierpont Morgan Library de Nova Iork como un dos dez mellores libros de debuxos publicado entre 1935-45.

Coincidindo coa segunda metade dos corenta, Luis Seoane iniciou a súa traxectoria pictórica, na que partiu dunha figuración de vocación monumental construída a base de grosas pinceladas e un cromatismo aínda sobrio e terroso. 
En 1949 realizou unha viaxe a París e Londres. O contacto persoal que estableceu nestas cidades con Picasso e Henry Moore, foron determinantes para os novos camiños de progresiva síntese formal que iba a tomar a súa pintura. 

En 1956 expuxo por vez primeira en Nova Iork.  Fundou a Editorial Citania e foi cofundador de AGUEA (Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas).
    
A década dos sesenta coincidiu coa súa participación en diversas exposicións colectivas como "Arte Argentino Contemporáneo" - Bos Aires-, "Pintura Argentina " -Edimburgo- e as bienales de Venecia, Sao Paulo, Tokio e Cracovia. A súa pintura destes anos vai a desenvolver unha linguaxe formal cunha progresiva e clara desvinculación entre a liña e o color chan, aplicado en amplos campos de tonalidades ácidas. 

En 1968 fundou con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas de Galicia, que tiña como obxectivos, ademais de recuperar a actividade industrial da antiga fábrica de Sargadelos, potenciar o desenvolvemento cultural, editorial e do deseño industrial galego. 

Nos anos setenta realizou diversas publicacións como o álbum de grabados Insectario, Bestiario e Imaxes Celtas. Nesta época a súa pintura convértese nun reducido código de liñas estruturais que simplifican e esquematizan todos os elementos mediante uns trazos simples e elementais.Morreu en abril de 1979, deixando preparado o libro Homenaxes de Lorenzo Varela e algúns proxectos sen terminar entre os que se encontraban o regresar a Bos Aires, para unha gran homenaxe que a nación Arxentina lle quería render polo seu 70 aniversario, e o de volver definitivamente a Galicia.

65 grabados de madera-impresos con tacos originales, Plástica, Bos Aires, 1943.

ALONSO MONTERO, X.: Escritores, desterrados e desacougados, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1981.

ALONSO MONTERO, X.: Luis Seoane, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

ALONSO MONTERO, X.: As palabras no exilio, Xerais, Vigo, 1994.

ALVA NEGRI, T.: Magia y realidad en la obra de Luis Seoane , Paidós, Bos Aires, 1967.

ALVA NEGRI, T.: Luis Seoane, Galería Bonino, Bos Aires, 1970.

ALVA NEGRI, T.: Luis Seoane, Academia Nacional de Bellas Artes, Bos Aires, 1981. 

ÁLVAREZ POUSA, L.: "Figuracións. Luis Seoane", en La Voz de Galicia, Biblioteca Gallega, A Coruña, 1994.

Artistas Galegos: pintores (posguerra I, figuración). Luis Seoane, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AXEITOS, X.L.; SEOANE, X.: Luis Seoane e o libro galego na Arxentina (1937-1978), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1994.

AZCOAGA, E.: Luis Seoane, Galería Durán, Madrid, 1970.

BLANCO, E.: Insectario, Galería Sargadelos, Madrid, 1975.

BLUM, S.: Grabados de Luis Seoane, Esquema XX, Bos Aires, 1961.

BLUM, S.: Arte Argentino  Contemporáneo, Ameris, Madrid, 1979.

BRAXE, L.; SEOANE, X.: Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane Galicia Emigrante (1954-1971), Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1989.

BRAXE, L.; SEOANE, X.: Luis Seoane. Figuraciós, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1990.

BRAXE, L.; SEOANE, X.: Luis Seoaney el teatro, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1996.

BRAXE, L.; SEOANE, X.: Luis Seoane. Textos sobre arte, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1997. 

CARBALLA, X.; SÁNCHEZ, C.: Luis Seoane, A Nosa Terra, Vigo, 1994.

CASTRO ARINES, J de.: Luis Seoane, Dirección General de Bellas Artes, Madrid, 1963.

CASTRO ARINES, J de.: Arte y Nacionalismo. La Vanguardia histórica (1925-1936), Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1992.

CID CABIDO, X.: Luis Seoane. Unha fotobiografía, Xerais, Vigo, 1994.

CUADRADO, A.: Dibujos de Seoane, Botella al Mar, Bos Aires, 1950.

CUBA, X.: Luis Seoane. A formada patria, Espiral Maior, A Coruña, 1994. 

DÍAZ, X.: Textos sobre arte galega e deseño. Luis Seoane, A Nosa Terra, Vigo, 1994.

DÍAZ, X.: Luis Seoane. A forxa da modernidade, Vía Láctea, A Coruña, 1994.

DÍAZ PARDO, I.; DÓNEGA, M.: 8 artistas do Movemento renovador da arte galega, II Mostra Antolóxica da Arte Galega, Círculo das Artes, Lugo / Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1980.

DIESTE, R.: Luis Seoane, Galería Aele, Madrid, 1975.

Dibujantes y grabadores de América, Centro Editor de América Latina, Bos Aires, 1976.

DÓNEGA, M.: Luis Seoane, vida e obra literaria, Real Academia Galega, A Coruña, 1994.

FERNÁNDEZ del RIEGO, F.: Luis Seoane desde la memoria, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1994.

GALLEGO, A.: Historia del grabado en España, Cátedra, Madrid, 1979.

GARCÍA SABELL, D.: Seoane, Galaxia, Vigo, 1954.

GARCÍA SABELL, D.: Seoane, grabador, Galaxia, Vigo, 1965.

GARCÍA SABELL, D.: Carta ao pintor Luis Seoane, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1983.

GLUSBERG, J.: Luis Seoane, fiesta de luz y color, Art Gallery International, Bos Aires, 1968.

GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, H.: Luis Seoane, vida e obra, Galaxia, Vigo, 1994.

IRIZARRY, E.: Escritores-pintores españoles del siglo XX, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1990.

LEDO, X.: Luis Seoane, Galería Ceibe e Mestre Mateo, A Coruña, 1975.

Luis Seoane, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

Luis Seoane, Grial núm.65, Galaxia, Vigo, 1979.

Luis Seoane. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

Luis Seoane. Obra cartelística, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 1994.

Luis Seoane. Pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1999.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MONTERROSO MONTERO, J.M.: “Catálogo de obras”, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

MÚJICA LAINEZ, M.: Luis Seoane, Galería Bonino, Bos Aires, 1954.

NÚÑEZ RODRÍGUEZ, M.: Luis Seoane. Textos inéditos, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1951.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

PALMÁS, R.: Emigración galega na Arxentina, Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1978.

PAYRÓ, J. E.: Seoane, Art Gallery International, Bos Aires, 1981.

PILLADO, F.; SÁNCHEZ, C.: Luis Seoane: compromiso e paixón criadora, A Nosa Terra, Vigo, 1985.

POZO GARZA, L.: Galicia ferida (A visión de Luis Seoane), Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1994.

REI NÚÑEZ, L.: Seoane. Mostra antolóxica, Xunta de Galicia e Concello da Coruña, A Coruña, 1989.

REI NÚÑEZ, L.: Luis Seoane, 1970-1979, Ministerio de Cultura, Museo de Belas Artes da Coruña e Xunta de Galicia, 1991.

SÁNCHEZ, M.A.: "Seoane", Centro Editor de América Latina, núm. 32, Bos Aires, 1980.

SÁNCHEZ, M.A.: "Seoane", Centro Editor de América Latina, núm. 86, Bos Aires, 1981.

SANTORUM, A.; SANTORUM, M.: Luis Seoane o alquimista, Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1998.

SEOANE, X.: A voz dun tempo. Luis seoane: o criador total, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1994.

SEOANE, X.: Reto ou rendición, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1998.

SUCARRAT, F.: Luis Seoane, su obra poética y su importancia en la literatura gallega actual, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1977.

VARELA ; LORENZO: Seoane, Botella al Mar, Bos Aires, 1948.

VARELA ; LORENZO: Luis Seoane, Galería Bonino, Bos Aires, 1961.

VARELA ; LORENZO: Seoane o el arte sometido a la libertad, Esquema XX, Bos Aires, 1966.

VILLANOVA, A.: Los gallegos en la Argentina , Galicia, Bos Aires, 1966.

V.V.A.A.: Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luís Seoane, Fundación Luís Seoane, Sociedad estatal de Conmemoraciones Culturales, A Coruña, Madrid, 2007.

V.V.A.A.: Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

WHITELOW, G.: Luis Seoane, Galería Bonino, Bos Aires, 1959.

Ver menos