Dans, Mª Antonia

  (Oza dos Ríos, A Coruña  1922 - Madrid  1988)

Sendo aín unha nena trasladouse cos seus pais a Cuntis (A Coruña), un lugar e unha paisaxe que marcaron notablemente a súa infancia. Con 16 anos a familia mudouse á Coruña, onde iniciou, nas primeiras décadas da posguerra, a súa formación pictórica no estudo de Dolores Díaz Baliño.  Con ela aprende a pintar, corrixíndolle o trazo e ensinándolle a colorear.

Ainda que a súa familia non queria que se adicase a pintura, a venda da sua primeira acuarela dentro do estudo da súa mestra, levouna a realizar xunto á súa compañeira Nena del Llano a súa primeira exposición. Resultou todo un éxito, logrando vender todos os cadros. Este feito fixo que María Antonia Dans empezase a pensar en vivir da pintura e non enfocala cara a publicidade como pensara nun primeiro momento.

No ano 1950 realizou unha viaxe a Madrid coas súas primeiras ganancias profesionais. A cidade causoulle un gran impacto "....propúxenme dende ese momento vir a Madrid definitivamente ou morrer no empeño".
   
Á volta montou o seu primeiro estudo xunto coa súa amiga Carmela Díaz. Aquí empezou a sentir unha profesionalidade e de maneira autodidacta comezou a experimentar co óleo.

Casou co periodista  Celso Collado, en 1952 e xuntos foron vivir a Madrid. Deste modo cumpriu  o seu desexo de coñecer a Escola de Madrid e a Benjamín Palencia quen, xunto con Daniel Vázquez Díaz, será a súa influencia máis notable.
  
A artista buscou e atopou o contacto con numerosos artistas da súa época, non só do mundo da arte senón tamén do das letras, como Carmen Laforet e Camilo José Cela entre outros, cos que se encontraba a cótío no Café Gijón.

Asistiu á Academia de Belas Artes como alumna libre durante unha temporada e recibiu numerosas bolsas: Educación Nacional para axuda de estudos (1955), Juan March (1959), Fundación Rodríguez Acosta (1962) e Relaciones Culturales (1964).

En 1956 naceu a súa filla Rosalía, na mesma época na que se  intensificou a súa profesionalización, con multitude de encargos que realizaba no seu propio estudo da rúa Toledo.

En 1959, xa separada amigablemente de Celso Collazo, concéderonlle a bolsa da Fundación Juan March que lle permitía viaxar a Pisa, Florencia e Roma. Nesta estanza impresionouna notablemente o Quatroccento Italiano. Antes do seu regreso, viaxou a París, onde o coñecemento dos impresionismo foi definitivo na súa concepción distorsionada da perspectiva e na importancia que a cor vai ter na súa obra. Paisaxes, campesiñas, vendedoras, pequenas escenas portuarias, temas sinxelos que vai relatar cunha linguaxe formal elemental, cun cromatismo no que abundan os tons puros (vermellos, amarelos, azuis) nos que deposita toda a súa forza argumental como referencias suxerentes que dan un aspecto plano á súas composicións, nas que case non existe a perspectiva.

Outra faceta importante en Dans é o seu labor como ilustradora de libros infantís e o seu traballo como debuxante para o diario Pueblo. Na década dos 70 chegou a súa consagración no circuíto nacional, con exposicións nacionais e internacionais. Nos 80 seguiu pintando e viaxando para completar a súa aprendizaxe persoal e profesional. Visitou Siam, Francia, Nova York, Brasil e Inglaterra.

AGUILERA CERNI, V.: Iniciación al Arte Español de la posguerra , Barcelona, 1970.

AGUIRRE, J. A.: Pintura figurativa española, Madrid, 1975.

AGUIRRE, J. A.: Realismo Español Contemporáneo, Madrid, 1976.

AREÁN, C. A.: Joven figuración española , Madrid, 1975.

AREÁN, C. A.: Treinta años de arte español , Madrid, 1972.

ARGÁN, G. C.: El arte moderno . Valencia, 1970.

ARIAS DE COSSÍO, A. M.: María Antonia Dans, Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

A Arte Inexistente: as artistas galegas do século XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Artistas galegos: pintores (Posguerra I). María Antonia Dans, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AZCÁRATE RISTORI, J. M.: Panorama del arte español del siglo XX , Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1978.

BUSTAMANTE, J.: María Antonia Dans, Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1974.

CAMPO AZNAR, J.: XXV años de arte español , Madrid, 1964.

CAMPOY, A. M.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo, Madrid, 1973.

CARUNCHO, L. M.: María Antonia Dans: (1922-1988) (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña,  1999.

CHAVARRI, R.: La pintura española actual , Ibérico Ruedo de Ediciones, Madrid, 1973

CHAVARRI, R.: La mujer en el arte español , Centro Cultural del Conde Duque, Madrid, 1984.

CHAVARRI, R.: Mito y realidad de la Escuela de Vallecas , Madrid, 1953.

"Ciclo de Pintura Gallega", en Cuadernos del Centro Lucense de Buenos Aires, núm. 1, 1961.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

La España de cada provincia, Publicaciones Españolas, Madrid, 1964.

FARALDO, R.: Espectáculo de la pintura española. Cigüeña, Madrid, 1953. 

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA VIÑÓ, M.: Treinta y ocho pintores jóvenes , Madrid, 1968.

GARCÍA VIÑÓ, M.: Pintura española neofigurativa, Madrid, 1968.

GAYA NUÑO, J. A.: La pintura española del siglo XX, Ibérica Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

GAYA NUÑO, J. A.: Arte del Siglo XX, Plus Ultra, Madrid, 1977.

LARCO, J.: La pintura española moderna y contemporánea , Madrid, 1964.

LÓPEZ CAMPUZANO, J.: Influencias en la obra pictórica de Benjamín Palencia , Al-Basit, núm. 8, 1980.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

María Antonia Dans (catálogo), Ateneo, Madrid, 1954. 

María Antonia Dans (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1983.

MON, F.: La pintura contemporánea en Galicia, Atlántico, A Coruña, 1987.

MORENO GALVÁN, J. M.: Introducción a la pintura española actual , Madrid, 1960.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PANTORBA, B.: El paisaje y los paisajistas españoles , Madrid, 1943.

PENA LÓPEZ, M. C.: El Arte de los Gallegos , Istmo, Madrid, 1976.

PENA LÓPEZ, M. C.: Pintura de paisaje e ideología: la generación del 98 , Taurus, Madrid, 1982.

SÁNCHEZ CAMARGO, M.: Pintura española contemporánea: la nueva Escuela de Madrid , Madrid, 1954.

SÁNCHEZ CAMARGO, M.: Diez pintores madrileños , Madrid, 1965.

SEOANE, L.: A pintura de Carlos Maside en Maside, un pintor para unha terra, COAG, Santiago de Compostela, 1979.

SEOANE, L.: "Textos Encol da Arte Galega", en Cuadernos de Gadaña, núm. O, 1979.

SOBRINO MANZANARES, M. L.: "Mª Antonia Dans", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 8, pp. 222-223.

Sobrino, M. L.: "La Edad Contemporánea ", en Historia del Arte Gallego, Alhambra, Madrid, 1982.

Las Técnicas Artísticas, Cátedra, Madrid, 1980.

TORRALBA SORIANO, F.: El siglo XX , Alhambra, Madrid, 1980.

YNDURAIN, D.: "Historia y crítica de la literatura española ", en Epoca contemporánea 1939-1980, Crítica, vol. VIII, Barcelona, 1981.

Ver menos