Vilariño, Manuel

  (A Coruña  1952 - )

Manuel Vilariño iniciouse na fotografía na década dos 70 cunha temática de tipo social. Posteriormente evolucionou cara a fotografía de autor, realizando obras abstractas onde especula coa forma e a cor e compaxínaa con outros traballos de macrofotografía. A súa evolución como fotógrafo orientouse cara a construción do seu propio universo artístico outorgando gran trascendencia á subxectividade.  

Durante 1982 e 1990 construiu a súa proposta visual arredor da experimentación do concepto da natureza morta, para iso súmase nun profundo proceso de introspección no que aflorarán tres series  baseadas no concepto do Bestiario tan arraigado na cultura galega enraizada, á súa vez, coa tradición do medievo e que logo evolucionará cara a propostas multidireccionais. O seu traballo está sempre realizado en base a un gran esforzo de reflexión teórica.   

Home dunha sólida formación cultural na que a filosofía, a literatura e as artes plásticas e visuais teñen unha presenza decisiva, escribiu numerosas publicacións sobre distintos autores e momentos da breve historia da fotografía en Galicia. Por outro lado é un artista integrado xa hai tempo en circuítos internacionais de arte. No ano 2007 recibe o Premio Nacional de Fotografia que concede o Ministerio de Cultura.



"Las Bestias Involuntarias de Vilariño", en Babelia. El País, 19 de decembro de 1998, páx.20

CASTRO, X.A.: Manuel Vilariño (catálogo), Galerie Municipale du Châtou d'Eau, Toulouse, 2001.

Cuatro direcciones. Fotografía Contemporánea Española 1970-1990. Tomo I (catálogo), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Lunwerg Editores.1991

Emboscadura (católogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998.

A Fotografía na arte contemporánea,  Edición de Manuel Vilariño, Centro de Artes da Imaxe, A Coruña, 1995.  

"Manuel Vilariño", en Arte y Parte, num. 18, decembro 1998-xaneiro 1999.
  
Manuel Vilariño. Emboscadura, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1998.  

Manuel Vilariño. Fío e sombra, Centro Galego de Arte Contemporáneo, Santiago de Compostela, 2003.

"Manuel Vilariño", en Minerva. revista del Círculo de Bellas Artes, Num, 27-Tercera época- decembro 1998.

OLIVARES, R.: "Manuel Vilariño", en Lápiz, núm 153, maio, 1999.

OLIVARES, R.: ManueL Vilariño. Biblioteca de fotógrafos españoles, La Fábrica, Madrid, 2002.

RUÍZ DE SAMANIEGO, A y VILARIÑO, M.: El ángel necesario (catálogo), Galería Bacelos, Vigo, 2001. 

SEOANE, X. y VILARIÑO, M.: Manuel Vilariño. Bestias Involuntarias, Centro Galego de Artes da Imaxe, A Coruña, 1992.

SEOANE, X  y artistas participantes: Urbe, Naturae Cosmos  (catálogo), Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Santiago de Compostela, 1995.    

VILARIÑO, M.: Bestiario (catálogo), Posadadel Potro, Córdoba, 1990.

VILARIÑO, M.: Doce tumbas, Ediciones Mestizo, Murcia, 1999.

"Vilariño: sin sombra de luz", en ABC Cultural, 24 de decembro de 1998, pág.  43

VOZMEDIANO, E. : "Manuel Vilariño: Devocionarios", en El Cultural, La Razón, 29 de decembro de 1998.



Ver menos