Olivares, Marina

  (Mondéjar, Guadalajara.  1948 - )

Pasou a súa nenez en Mondéxar e Guadalaxara aínda que chegou a Madrid moi novo para estudar Dereito. Lectora empedernida, por esa época descubre aos literatos rusos Chejov, Tolstoi e Dostoyevski. O ambiente revolucionario da facultade atrapouna, converténdose nunha moza universitaria progresista que realizaba intensas actividades políticas contra a Dictadura.

Comezou a pintar despois dunha lenta e rigorosa maduración persoal, pasando antes pola poesía. Dende os quince anos de idade pasou longas temporadas no Sur de Francia e, dende os dezaoito anos viviu, de xeito intermitente, en París, a onde se trasladou, para ampliar estudos unha vez terminada a Licenciatura en Dereito. Na cidade francesa trabou amizade con Simone de Beauvoir.En 1971, trasladouse á Costa Este dos Estados Unidos,  (Cambrigde, Boston, Pricenton) xunto co seu marido, o sociólogo Víctor Pérez Díaz. Alí foi onde comezou a pintar e a estudar en "The School of The Museum of Fine Arts " de Boston.
 
 Volveu a España en 1977, aínda que frecuentemente retomou as viaxes pasando longas temporadas en Cambridge, Boston, Nova Iork, La Jolla, Solana Beach, Os Anxeles e San Francisco, durante os vinte anos seguintes.A súa paixón pola pintura manifestouse a finais dos setenta e principios dos oitenta, adoptando a mesma linguaxe dos mozos da "nova figuración". Obsérvanse influencias da cor de Matisse e a nostalxia das grandes superficies de Rothko, aliviadas con algunhas figuras expectantes. A partir dos noventa a súa obra gaña rotundidade, as figuras desaparecen e céntrase en "paisaxes", de clara vocación abstracta.

BARNATÁN, M. R.: "Elogio de la pintura ", en Marina Olivares (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

BENISTON, N. D.: Marina Olivares. Paintings. 1992-94 (catálogo), 1994.

CABALLERO, F.: "Paisajes en el espacio del color ", en El Norte de Castilla, febreiro, 1996.

CASTAÑO, A.: "Marina Olivares, paisaje sin figuras ", en ABC de las Artes, Suíza, 1994.

CENTENO, C.: "Impactantes paisajes de la abstracción, la soledad y la memoria ", en Diario Palentino, xaneiro, 1996.

COSTA, J. M.: "Marina Olivares muestra su obra en Londres ", en ABC, marzo, 2001.

GARCÍA RUBÍ, A.: "Marina Olivares, una retrospectiva ", en El Punto de las Artes, 1997.

GÓMEZ, L.: "Marina Olivares acerca su lenguaje expresionista al público londinense ", en El País, marzo, 2001.

HUICI, F.: "En las fronteras del paisaje ", en El País, novembro, 1998.

LONGUEIRA, S.: "Tres dimensiones de Marina Olivares ", en La Voz de Galicia, 1997.

MANCEBO, M.: "Marina Olivares,pintora ", en El Economista, 1994.

MANCEBO, M.: "Marina Olivares, luz y color ", en Horizontes Europa, 1994.

Marina Olivares (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Marina Olivares (catálogo), Galería Pilar Mulet, Madrid, 2001.

OLIVARES, R.: "Marina Olivares", en Revista Lápiz, 1986.

PALLARÉS, C.: "Los campos de pruebas de Marina Olivares", en ABC Cultural, novembro, 1998.

PALLARÉS, C.: "Expansión, movimiento, ritmo y éxito ", en  Marina Olivares (catálogo), Galería Pilar Mulet, Madrid, 2001.

REVUELTA, L.: "Marina Olivares", en ABC Cultural, novembro, 2001.

VICENT, M.: "El gozo de pintar de  Marina Olivares", en Marina Olivares (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Ver menos 

Obras do artista