Galán, Pepe

  (A Coruña  1955 - )

Comezou a súa actividade artística nos setenta, en plena transición democrática. Contaxiado polo ánimo de cambio, buscou xunto a outros artistas d a súa xeración, actualizar a arte fuxindo da monocorde ambente local e tratando de contactar coas tendencias foráneas. Foi partícipe do colectivo renovador coruñés La Galga  e na década dos oitenta fundou, xunto con Correa Corredoira, Pedro Muíño, e outros autores desta mesma cidade, a asociación Gruporzán, procurando unha dinamización da arte na Coruña.

Comezou traballando no ámbito da pintura cunha linguaxe figurativa, pero pronto comezou a realizar esculturas. Ao longo da súa carreira chama a atención a súa permeabilidade a distintas tendencias artísticas, dende o expresionismo abstracto ata o soporte superficie, cunha evolución voraz dende o minimalismo e a abstracción, ata o conceptualismo. Así mesmo, investigou e experimentou con diversos soportes e técnicas como a serigrafía, o gravado ou a fotografía.

En toda a súa produción pódese comprobar a importancia que Galán dá á materia e á superficie, explotándoas en xogos de contrastes baseados na combinación de materiais como o tecido e o metal. A finais dos anos 80, xa instalado na arte conceptual, realiza obras de gran hermetismo, como ventás de apertura imposible que só poden ser traspasadas pola imaxinación do espectador.

Nos noventa investigou as posibilidades do metal, incorporando intervencións con aceiro pulverizado sobre soportes transparentes, e tamén realizou murais e esculturas de gran formato para espazos públicos.

Comezou a expor de forma colectiva en 1970 na Coruña e Santiago, participando ao ano seguinte na Bienal Internacional de Pontevedra e nas mostras que o Ministerio de Cultura organizou  no 1980 como no 1981. De forma individual, expuxo por primeira vez na Coruña en 1984.

No 2004 creou xunto a outros artistas a editorial Anotarte que edita, co ámbito nacional e internacional o periódico de arte e cultura baixo a cabeceira de Artnotes de Nova York. Actualmente traballa no seu taller da Coruña desenvolvendo obras de grandes dimensións en vidro e metal.

ANDRADE, A., en La Voz de Galicia, 2 de mayo de 1996.

ÁLVAREZ, L., en La Voz de Galicia, 27 de enero de 1991.

ARMAS MUNIN, M.: "A Quimera queimada", en El Ideal Gallego, 30 de enero de 1988.

BARBEITO, I., en El Ideal Gallego, 19 de agosto de 1989.

BERTOJO, M., en A Nosa Terra, 8 de marzo de 1991.

BONET, J.M.: Donaciones de obra gráfica a la Biblioteca Nacional. 1989-1992 (catálogo), Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
BOWEN, D.: Art & Artist, Londres, 1985.

CASTELO, B., en Fendas e áncoras no vento (catálogo), 1997.

CASTELO, B.: Catálogo V Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, 1998.

CASTELO, B.: Galicia Terra Única, tomo IX, Xunta de Galicia, 1997.

CASTELO, B.: Artistas Gallegos, tomo III (realismo- abstracción), Nova Galicia Edicións, S.L., pág. 70 a 96.

CASTRO, A.: Catálogo Colección de Arte de la Xunta de Galicia, (1986- 1993).

CASTRO, A.: Galicia Arte, tomo XVI, Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

CERVEIRA-PINTO, A.: Litoral, 1986.

COUSELO, X., en El Ideal Gallego, 1 de febrero de 1997.

CURZI, LUCIEN: 8 Artistas de A Coruña (catálogo), Agde., Francia, 1989.
Desdeño industrial (catálogo), UIMP, A Coruña, 1987.

DOMÍNGUEZ, A., en Luces de Galicia, nº 10/ 11, primavera, 1988.

FERNÁNDEZ FUENTES, T.: El Jardín de Hércules, MOPU, 1995.

FERREIRO, M., "Encerrar para ver", en El Ideal Gallego, 21 de julio de 1994.

FRANCO, C., en Cuaderno de Cultura, nº 354, La Voz de Galicia, 18 de febrero de 1988.

FRANCO, F.: "Hierro tejido para una concepción plástica de la intimidad", en Faro de Vigo, 17 de febrero de 1995.

Galicia 1900- 1990. Galicia Terra Única, Xunta de Galicia, catálogo en CD-Rom.

GARRIDO MORENO, A., en Fendas e ancoras no vento, 1997.

GARCÍA, R., en La Voz de Galicia, 28 de noviembre de 1993.

GÓMEZ DE SANZ, Mª Rosa, en La Voz de Galicia, 20 de agosto de 1989.

GÓMEZ DE SANZ, Mª Rosa, en catálogo de la II Mostra Unión Fenosa, 1991.

GUILLÉN LARRAZ, A., en El Orzán, 1 de noviembre de 1985.

Gran Enciclopedia Galega, Apéndice 2000, Editorial Novos Vieiros, A Coruña.

LISTE, A., en Cuaderno de Cultura de La Voz de Galicia, 4 de febrero de 1988.

LIAÑO, Mª Dolores, en Catálogo V Certamen de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, 1998. 

LONGUEIRA, S., La Voz de Galicia, 30 de agosto de 1994.

LONGUEIRA, S.: Testimonio de una Ciudad (catálogo), Ed. El Ideal Gallego, 2000.
LÓPEZ CALVO, J.R.; CERVEIRA-PINTO, A.: Litoral (catálogo), Kiosko Alfonso, A Coruña, 1986.

LÓPEZ, S., en La Voz de Galicia, 27 de enero de 1991.

MALLO, A., "Tecido e ferro", en O Correo Galego, 13 de julio de 1994.

MARTÍNEZ DE LA COLINA, J.: "Los Cristales del naufragio", en catálogo "para- brisa", Casa de Galicia, Madrid, 2001 y Galería Atlántica, A Coruña, 2001.

PENA, A., en La Voz de Galicia, 18 de junio de 1986.

PENELAS, S.: Galicia Terra Única (catálogo), tomo IX, Xunta de Galicia, 1997.

PENELAS, S.: Galicia Arte, tomo XVI, Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1999.
Pepe Galán (catálogo), Atlántica, Centro de Arte, A Coruña, 2001.

RIVAS, M.: Desdeño Industrial, UIMP, 1987.

ROZAS, M.: Galicia Terra Única (catálogo), tomo IX, Xunta de Galicia, 1999.

SARMIENTO, R.: "Reflexión sobre el yo", en La Voz de Galicia, 17 de julio de 1994.

SEGUÍ PÉREZ, V.: Mar a mar (catálogo), 1986.

SEOANE, X.: "Os papeis da cidade", carpeta de grabados, Diputación de A Coruña, 1989.

SEOANE, X: "Fenda a Fenda. (Unha aproximación á escultura de Pepe Galán)", en Fendas en áncoras no vento(catálogo), 1997.

SEOANE, X.: "Hermetismo e tensión Pepe Galán ao lonxe", en Horizontes de tempo (revisando una época 1984- 1990) (catálogo), 2005.

SEOANE, X.: "Hermetismo y tensión. Pepe Galán en la distancia", en Pepe Galán (catálogo), Galería Fauna´s, Madrid, enero- febrero 2005.

TAXES, F.: Catálogo ARCO 88, Galería Gruporzán.

TOBA BLANCO, E., en El Jardín de Hércules (catálogo), MOPU, 1995.

TOBA BLANCO, E., en La Ciudad y el Mar (catálogo), Edita José López Garrancho, 1999.

VALCÁRCEL, X.: "Pepe Galán a suxerencia do vacío", en Luces de Galicia, nº 18, invierno, 1991.

VALCÁRCEL, X: "Os secretos códigos do ferro. (Reflexiones sobre a obra de Pepe Galán)", en Fendas e áncoras no vento (catálogo), 1997.
Vaya Valla (catálogo), UIMP, A Coruña, 1987.

Ver menos 

Obras do artista