Rodríguez Baixeras, Rafael

  (Poboa do Caramiñal, A Coruña  1947 - Segovia  1989)
  Alias: Baixeras, Rafael

Naceu en 1947, na Poboa do Caramiñal. Ao ano seguinte trasladouse coa súa familia a Ribadeo, onde tivo o primeiro contacto coa pintura grazas a unha monxa do colexio que lle ensina a debuxar a pastel e en palabras do artista "animouno moitísimo".

En 1956 trasladouse de novo, esta vez a Segovia. Este contraste de paisaxes e cores influiu notablemente na súa obra, como el mesmo dixo: "Se son un bon colorista é porque coñecín moitas paisaxes diferentes, coas súas paletas correspondentes: Galicia, Castela, o Mediterráneo"1. Alí mantivo o contacto coa pintura grazas ás saídas ao campo, e as continuas visitas que realizaba ás exposicións de "La Casa del Siglo XV", onde expoñería asiduamente co paso dos anos.

Aos 12 anos, asistiu ás clases voluntarias que imparte o padre Alvarado, do Colegio Claret de Segovia. Nestas clases, chamadas polo propio profesor "Trazos y manchas", Baixeras capta o concepto de "paisaxe interior", que tanta importancia tivo na súa produción artística. Á parte da pintura, a outra gran vivencia cultural de Rafael, na década dos 60, foi a música. Xunto a seu irmán, Antonio, improvisaba melodías camiño do colexio, e máis tarde formou un grupo musical esporádico, "Lindo's Blues". 

Coaccionado por seu pai, matriculouse en  na Escola de Arquitectura en Madrid. Tras dous anos de áspera relación coa súa familia, conseguiu que seu pai lle permitise matricularse en Bellas Artes. Baixeras era un mozo divertido e conflitivo ao que non lle gustaba o intelectualismo que soe rodear a arte. Vivía de xeito bohemio, alugando áticos xunto con outros artistas para pintar. Un dos seus compañeiros de piso, e gran amigo, foi Mon Montoya. Xuntos realizaron no 72 unha viaxe por Italia e Suiza, empapándose das obras gráficas que se estaban realizando neses lugares. En 1973 caeu nunha depresión da que se recuperou lentamente. Ao ano seguinte estableceuse definitivamente en Segovia xunto á súa muller Teresa, coa que contraerá matrimonio ese mesmo ano. 

Artisticamente, na década dos 70 Baixeras cambia as raíces expresionistas e surrealistas-narcisistas por outras de referencias máis próximas ao pop, e con crecentes doses de racionalización. Froito deste cambio son os seus "homopatocitos" e "homomotos". Deixou de lado unha estrita abstracción, emparentable coa vertente cromática do expresionismo abstracto americano, con intensas gradacións monocromas, a unha insinuación de elementos de paisaxe árbores e casas. O uso do acetato transparente é o máis destacado da súa técnica.

Xunto a Mon Montoya e outros artistas, formou o grupo "Seis y Cuatro" cos que participou nas Bienales de Sao Paulo e París, integrándose en solitario nos movementos de vangarda de Galicia nos 80. Durante anos alternou as súas tarefas como profesor de debuxo na Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos de Segovia, coa crítica e o deseño industrial. En 1981 obtén unha bolsa do Ministerio de Cultura para a investigación plástica.

Expuxo, de forma individual en 1970 en Tarragona, en León no 1971; na Galería Fauna´s de Madrid,  e entre 1973 e 1977 na "Casa del Siglo XV", convertíndose nun valor indiscutible da vangarda local segoviana. Tamén en 1977 participa na XIV Bienal de Arte de Sao Paulo e a Casa de las Américas de La Habana. En 1978 expón na Fundación Gulbenkian en Lisboa, así como en París, Washington, Miami ou Santiago de Compostela.

A súa obra está presente nos fondos do Museo Nacional de Arte Contemporáneo Reina Sofía e na Colección de arte ABANCA, entre outras.

Morre de cancro á temperá idade de 42 anos na súa casa segoviana.


1MAZARIEGOS, J.: Rafael Baixeras.Somosierra: Segovia, 2002.

ALLUE, M.: "Galicia: despacho de arte contemporáneo", en Crónica 3 de las Artes, nº9, enero, 1987.

ALONSO FERNÁNDEZ, L.: "España en la XIV Bienal de Sao Paulo", en Reseña, nº108, septiembre/octubre, 1977.

ÁLVAREZ, L.: "Baixeras en Fisterrae", en La Voz de Galicia, 2 de diciembre de 1984.

Artistas Galegos : pintores (neoexpresionismo-abstracción). Rafael Baixeras, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

Baixeras, (catálogo), Colegio de Arquitectos, Málaga, 1987.

"Baixeras: Pintar como vivir", en El Adelantado de Segovia, 1 de noviembre de 1981.

BONET CORREA, A.: Pórtico a Atlántica (catálogo), Santiago de Compostela, 1983.

BONET, J.M.: "Siglo XX. El arte de posguerra ", en Grupo Banco Exterior : Obras de Arte, El Viso, Madrid, 1991.

BONET, J.M.: "Lugar de Rafael Baixeras" , en el Catálogo de la exposición antológica Rafael R. Baixeras (1947-1989), Segovia, 1993.

CALVO SERRALLER, F.: España, medio siglo de arte de vanguardia, 1939-1985, Fundación Santillana, Ministerio de Cultura, El Viso,  Madrid, 1985.

CANOSA, I.: "Galicia : panorama del arte moderno ", Madrid, 1982.

CASTRO FERNÁNDEZ, X.A.: Expresión Atlántica. Arte Galega do 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO FERNÁNDEZ, X. A.: Galicia y la convulsa identidad atlántica, Sevilla, 1985.

CEGARRA, B.: Guía de arte de Galicia, Galaxia, Vigo, 1992.

CHAVARRI, R.: La pintura española actual , Ibérico Europeo de Ediciones, Madrid, 1973.

Colección de Arte da Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, A Coruña, 1995.

El arte del Siglo XX, Vol.5, Salvat Editores, Barcelona, 1990.

Enciclopedia de Arte Español del Siglo XX, Vol. I y II, Mondadori: Madrid, 1991.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

FERNÁNDEZ CID, M.: "Nueve pintores gallegos ", en Faro de Vigo, Vigo, 22 de julio de 1984.

PENA LÓPEZ, C.: A Arte, Biblioteca básica da Cultura Galega, Galaxia, Vigo, 1992.

LÓPEZ - BARXAS, F. "El paisaje - memoria de Baixeras", en La Voz de Galicia, 10 de septiembre de 1987.

A mares: olladas oceánicas na arte contemporánea (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MAZARIEGOS, J.: Rafael Baixeras, Somosierra, Segovia, 2002.

MON, F.: "El racionalismo de Baixeras", en El Ideal Gallego, 2 de diciembre de 1984.

NIEVES, J.: "Opciones tras los ochenta. Pinturas de Rafael Baixeras", en El Correo Gallego, 3 de junio de 1988.

"Rafael Baixeras 1947/1989", (video), Asociación Cultural Rafael R. Baixeras, Valladolid, 1993.

"Rafael Baixeras. Exposición Antológica. Segovia 1993" (video), Asociación Cultural Rafael Baixeras, Segovia, 1993.

"Rafael Baixeras y Mon Montoya, a la Bienal de Sao Paulo", en El Adelantado de Segovia, 15 de abril de 1977.

RODRÍGUEZ, A.: "Baixeras, Rafael", Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 31, Santiago - Gijón, 1990.

SEOANE, X.: Identidade e convulsión. Palavra e imaxe da nova Arte Galega, Edicións do Castro, Sada, 1990.

SIRO: "Baixeras", en La Voz de Galicia, 12 de mayo de 1990.

SOBRINO MANZANARES, Mª L.: Frescos ventos de Atlántica (catálogo), Santiago de Compostela, 1983.

Ver menos