Scully, Sean

  (Dublín, Irlanda  1945 - )
  Web artista: http://www.sean-scully.com/en/home/

É un dos máis importantes representantes da nova xeneración de pintores abstractos, do ámbito internacional. As súas primeiras pinturas, da década dos 70 están influenciadas pola abstracción xeométrica europea e americana. En 1975, despois dun período de aprendizaxe na Universidade de Harvard, trasládase a Nova Iork, cidade que se convirte no primeiro catalizador do desenvolvemento das súas ideas artísticas. Dende entón, o seu traballo pasou por unha serie de cambios que a miúdo estiveron marcados por impactos de creatividade, propiciados polas tensións entre a concepción da arte europea e americana que exemplifica a obra de Mondrian e Rothko.

En 1983 recibe a bolsa Guggenheim e convírtese nun cidadán americano; outórganlle tamén a bolsa da National Endowment for the Art. As súas obras máis recentes, con formatos que a miúdo se achegan ao monumental, caracterízanse por unha unión entre o rigor formal e a liberdade da cor, xunto coa espontaneidade da pincelada.

A traxectoria expositiva de Sean Scully é amplísima, dende 1973 a súa obra foi exposta en galerías e museos tan prestixiosos como The Whitechapel Art Gallery e a Waddington Gallery de Londres; Caixa de Pensiones en Barcelona; Galería Lelong de Nova Iork e recentemente o Metropolitan Museum de Nova Iork. Ademais, a súa obra atópase nas máis prestixiosas coleccións, tales como o MOMA de Nova Iork, a Philips Collection, o British Council, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Tate Gallery de Londres, entre outras.

New York Studio Events: Sean Scully, Independent Curators, New York, 1988.

POIRIER, M.: Sean Scully, Hudson Hill Press Inc., New York, 1990.

Sean Scully (catálogo), David Mckee Gallery, New York, 1986.

Sean Scully (catálogo), Galerñia DV, San Sebastián, 1997-  

Sean Scully (catálogo), Fuji Television Gallery, Tokio, 1988.

Sean Scully (catálogo), Galerie Schmela, Dusseldorf, 1987.

Sean Scully (catálogo), Museum of Art, Carnegie Institute, Pittsburgh, 1985.

Sean Scully: Paintings  1971 - 1981 (catálogo), Ikon Gallery, Birmingham, 1981.

Sean Scully: Twenty Years, 1976 - 1995 (catálogo), High Museum of Art, Atlanta, 1995.

Sean Scully (catálogo), University Art Museum, Berkeley, 1987.

Ver menos 

Obras do artista