Sevilla, Soledad

  (Valencia  1944 - )

Estudou entre os anos 1960 e 1965 na Escola Superior de San Jorge de Barcelona, especializándose en pintura. En 1970 continuou os seus estudos cunha bolsa da Fundación Juan March e ao ano seguinte fíxoo grazas a unha axuda do Centro de Promoción das Artes Plásticas e Investigación das Novas Formas Expresivas. Logo a través do Comité Conxunto Hispano Norteamericano para Asuntos Culturais puido seguir estudando cunha bolsa bianual antes de ingresar no departamento de Fine Arts da Universidade de Harvard, onde investigou os desenvolvementos modulares e xeométricos no campo pictórico. En 1993 foi galardoada co Premio Nacional de Artes Plásticas. Conta tamén co Premio Alfons Roig da Comunidade Valenciana.

 No 2007 recibe A Medalla de Ouro ao Merito nas Belas Artes

No seu dilatada traxectoria artística Sevilla experimentou coas máis dispares tendencias artísticas. Tralos seus inicios dentro da abstracción geométrica comezou a explorar o campo da instalación na década dos oitenta, conxugándoa sempre coa pintura, técnica que nunca abandonou.

Os seus traballos máis recentes abordaron a forma da fiestra como espazo pictórico e tamén as texturas de superficies de madeira e de metal. No ano, 2010 participa en Bienal de Pontevedra do 2010, e realiza nese mesmo ano unha exposición no Iberia Art Center de Beijing .

En 2012 levou a cabo unha instalación no Palacio de Cristal do Retiro Madrileño reproducindo interiormente a arquitectura do palacio ademais de recrear a bóveda celeste.

máis información:http://www.soledadsevilla.com/

VV.AA: Memoria de Soledad Sevilla. Editado por Ministerio de Cultura. Publicacións. 1ª edición Madrid 04/1994.

SEVILLA, SOLEDAD; CASTRO, FERNANDO: Soledad Sevilla (Catálogo exposición). Editado por Deputación Provincial de Valencia (Diputació de València). 1ª edición Valencia 10/1998. Colección Imaxe.

VV.AA: Soledad Sevilla (Catálogo de publicacións). Editado por Fundació Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona. 1ª edición Barcelona 04/1987

VV.AA: Soledad Sevilla (Catálogo de exposición). Editado por  Publicación: València (Comunitat Autònoma). Generalitat. 1ª edición Valencia, 01/2001

VV.AA: Soledad Sevilla (Catálogo de exposición). Editado por Cultural Rioxa. 1ª edición Logroño 11/2004

SEVILLA, SOLEDAD: Soledad Sevilla, Instalacións (Catálogo de exposición). Editado por Deputación Provincial de Granada. 1ª edición Granada 10/1996

MAYORAL, MARINA; GOLVANO GUTIÉRREZ, FERNANDO: Soledad Sevilla, Lur. Editado por  Deputación Foral de Guipúzcoa. 1ª edición San Sebastián 06/2000

VV.AA: Somni recobrat: instalació de Soledad Sevilla. Editado por Caixa de Balears Sa Nostra. 1ª edición Palma de Mallorca 12/1993

Ver menos 

Obras do artista