Medal, Tatiana

  (A Coruña  1971 - )

Naceu na Coruña e licenciouse en Belas Artes no ano 95. Entre 1996 e 1998 realizou un Curso Avanzado de Artes Plásticas no Centro de Arte e Comunicación Visual de Lisboa.

Participou en cursos e talleres de formación como o Taller de Gravado Calcográfico impartido por Oscar Manessi. Taller Dan Graham, Santiago de Compostela, (1995), o taller Lucio Muñoz na Coruña (1996), os talleres de gravado en Gerriet Rietvelt Academie, Amsterdam (1998), o taller de serigrafía "experimentación y proyectos " de Pepe Albacete en Arteleku, (1999), ou o Programa de residencia no International Studio Curatorial Program, Nova York (2002).

En 1991 participou na exposición colectiva, "Poética do cotián" no Teatro Principal de Pontevedra, e en 1996 realizou a súa primeira exposición individual, "Cuatro Factorial", na Galería Minotauro de Santiago de Compostela. Dende entón, a súa obra percorreu espazos nacionais e internacionais como o Centro difusor del Arte, Oporto ou o Centro difusor da Arte de Lisboa.

A súa traxectoria está marcada por numerosos premios e bolsas: en 1994 obtivo a Bolsa "Novos Valores 94" na XXIII Bienal de Arte de Pontevedra, no 95, Accésit no IV Salón de Arte Xove de Ourense e Premio Adquisición na IV Mostra de Unión Fenosa. En 1996, Premio Adquisición no IV Certamen de Artes Plásticas "Isaac Díaz Pardo" e Bolsa de Artes Plásticas da Deputación da Coruña para a ampliación de estudos en Lisboa. En 1997, Premio Adquisición na III Bienal Laxeiro e Bolsa Fundación Caixa Galicia. No 98, Premio Adquisición no VI Certamen de Artes Plásticas "Isaac Díaz Pardo" e Bolsa de Artes Plásticas da Deputación da Coruña para ampliación de estudos artísticos en Ámsterdam. En 1999, Premio "Julián Trincado" na VI Mostra Unión Fenosa e no 2001 Bolsa de creación artística Unión Fenosa.

BARRO, D.: "Proyecciones interrumpidas ", en Tatiana Medal (catálogo), Galería VGO, Vigo, 2002.

XII Certame Concello de Cambre (catálogo), Concello de Cambre, A Coruña, 1995.

FERNÁNDEZ-CID, M: "A procura dun rostro, a elección dunha paisaxe", en 30 anos no 2000. Artistas galegos para un cambio de milenio (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

HUICI, F.: "Tramas evanescentes", en Tatiana Medal (catálogo), Caja Madrid, Obra Social, Pontevedra, 1999.

VII Mostra Unión Fenosa A Coruña (catálogo), Unión Fenosa, Madrid, 2001.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

OLVEIRA, M.: "O tempo que se adianta", en R. Blanco, T. Medal, J. Muñoz, T. Puy (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PASTOR, J.: "A modulación continua como proceso", en 4! (catálogo), Galería Minotauro, Santiago de Compostela.

PINHARANDA, J.: "Paysages, ironie et quelques morts", en 45 Salon de Montrouge (catálogo), París, 2000.

Ver menos