Grandío, Tino

  (Lousada, Lugo  1924 - Lugo  1977)

Iniciou os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, pero axiña prestou maior atención á música, chegando a ser un virtuoso do órgano e a gaita galega.Aos dezasete anos chegou a Madrid e integrouse na vida artística da capital. As súas dotes artísticas foron descubertas en 1940 polo seu primo Antonio López Fernández, e a Deputación de Lugo pensionouno para que ampliase estudos.

 Realizou a súa primeira exposición en Madrid no ano 1957, e expuxo posteriormente en Barcelona, París, Nova York, Lausana, Munich e Alenxandría, onde na Bienal desta última cidade obtivo unha mención honorífica en 1965.

 En toda a súa obra Grandío é arquitectonicamente sólido, aínda nas ocasións nas que parece ser máis espontáneo e confiar máis na comunicación entre pintor e espectador a través do proceso realización-contemplación da obra. A  súa paleta  pasa dunha época de predominio de terras e ocres, que o vinculan coa tradición realista española, a outra de cores esencialmente verdes, que o integran na tradición pictórica galega, para acabar empregando tons cinsa, que segundo o propio artista utilizou buscando non usar cores que puidesen parecer seus sen selo. Grandío afirmou que: "Para pintar con vermellos e amarelos non me facía falla nin pinceis, nin paleta". Así pois, os seus grises poden considerarse unha autolimitación, unha autonegación ao emprego da cor.

Trás a súa pintura, que se desencadea en grises, verdes esvaídos e en brancos, ocúltase unha das personalidades máis humanas e más íntimas da pintura española do noso tempo. Entre as diversas cualificacións que tivo o pintor ao longo da súa traxectoria, cabe destacar a de "perito en brumas".

A pesar de ser autodidacta e negar calquera influencia, Grandío tiña as súas preferencias. Respetaba a Braque, tíñalle especial antipatía a Miró, ao que consideraba un "abstracto para horteras", adoraba a Pancho Cossío e apreciaba as esculturas de Cristino Mallo, pola súa calidade, delicadeza e tenrura. Acostumaba dicir: "A miña pintura non pode ser paralela á de ninguén, porque son a tanxente. Cuando Bacon pinta anxos, sáenlle diaños. E eu, cando pinto diaños, sáenme anxos. Son inimigo da morbosidade. Do mesmo xeito que non me gusta a pintura de Bacon, mal parto da pintura negra de Goya. Non me explico como moitos pintores españois, tendo a nai na casa, prefiren a madrastra inglesa". 

Realizou numerosas viaxes ao estranxeiro, pero a el non lle gustaba saír de España. Acostumaba dicir: "Bastante teño con comprenderme a min mesmo e con comprender a pintura española; Velázquez ou o estado de graza, Goya ou o estado de culpa, Vázquez Leal, o purgatorio eterno. Por iso bebo ás veces, emborráchome de café, de tabaco ou de música, para non emborracharme de morriña". Acudía sempre aos cursos de verán de Santander, e os seus faladoiros convertíanse nunha atracción especial polas súas ocorrencias e as súas cancións.

Contradictorio en todo, a Grandío, gustáballe a paradoxa, a ironía e a sorna tipicamente galaica. Nunhas declaracións ao diario El Progreso, de Lugo, el 13 de outubro de 1976, dixo: "Politicamente defínome franquista. Porque Franco pareceume sempre o xeneral máis comunista de cantos houbo: os comunistas sempre foron inimigos seus; os de dereitas, fóronno despois; e os falanxistas deixaron de ser franquistas".

Entre os anos 1973 -data na que lle diagnosticaron unha grave enfermidade- e 1977 - ano do seu falecemento-, o pintor intensificou a súa actividade pictórica, deixando voar a súa capacidade creativa e ofrecéndonos un testamento plástico.Obtivo un gran número de premios ao longo da súa carreira como a Primera Medalla na  Exposición Nacional de Bellas Artes en 1966.

ABEL VILELA, A. de: "Tino Grandío: una obra actual para el futuro ", en La Voz de Galicia,  15 de xuño de 1979.

ÁLVAREZ, L.: "Grandío: variaciones en gris ", en La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 1985.

AMÓN, S.: "Grandío es el pintor moderno más representativo de Galicia ", en La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 1985.

ANEIROS GARCÍA, R., MOSQUERA COBIÁN, M. (coord.): Tino Grandío. Pintando coas brumas (catálogo), Museo de Belas Artes da Coruña, Xunta de Galicia, A Coruña, 2005.

Artistas Galegos: pintores (abstraccións-figuracións). Tino Grandío, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

CAMPOY, A. M.: "Homenaje a  Tino Grandío", en ABC de las Artes, Madrid, 24 de abril de 1973.

CAMPOY, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

CAMPOY, A. M.: Cien maestros de la pintura española del siglo XX, Madrid, 1976.

CAMPOY, A. M.: "Grandío", en ABC de las Artes, 28 de abril de 1973.

CARUNCHO AMAT, L.M.: Tino Grandío (1924-1977), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1996, (Catalogación arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra), p. 288.

CERVIÑO LAGO, J.: "Constantino Grandío o la negación de formas y colores ", en El Ideal Gallego,  13 de febreiro de 1985.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CHAVARRI, R.: La pintura española actual , Madrid, 1973.

DARRIBA, MANUEL: Tino Grandío, "El vaho del invierno a través de unos cristales" El Progreso martes, 11 de octubre de  2005

FARALDO, R.: Grandío, Santiago de Compostela, 1989.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GIL DE BERNABÉ, J. M.: "Tino Grandío, universalmente gallego ", en La Voz de Galicia,  22 de febreiro de 1985.

Grandío (catálogo), Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1993.

LÓPEZ SANCHO, L.: "Paseo en gris ", en ABC, Madrid, 1982.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J. M.: "Grandío", en Gran Enciclopedia Gallega , Tomo 16, pp. 199-200.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: "Caruncho", en Artistas Españoles Contemporáneos, Ministerio de Educación y Ciencia.

OLANO, A. de: "Tino", en El Progreso, 24 de abril de 1977.

OLANO, A. de: "Tino, homenaje y primicia del retrato de Franco ", en El Imparcial, 10 de xaneiro de 1978.

PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PANTORBA, B. de: Historia y Crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes celebradas en España , Madrid, 1980.

PENAS, A.: "Tino Grandío desde más allá de las sombras", en La Voz de Galicia, 22 de febreiro de 1980.

Tino Grandío: Exposición Retrospectiva (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1985.

Tino Grandío 1924-1977 (catálogo), Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 1996.

Tino Grandío: fondos da colección Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2003.

SOBRINO MANZANARES, M. L.: "Las últimas décadas 1960-1980", en Historia del Arte Gallego , Edad Contemporánea, Madrid, 1982.

SOBRINO MANZANARES, M. L.: "Tempos de pintura: os derradeiros cincuenta anos", en Tempos de Pintura (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia.

VALLE INCLÁN, J. ; SCHABELSKY, P.: Constantino Grandío, Dirección General de Bellas Artes, Madrid, 1961.

V.V.A.A.: Unha achega ás artes e á cultura na Galicia dos setenta. Portas de luz, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2009, p. 19.

Ver menos