Caramés, Vari

  (Ferrol, A Coruña  1953 - )
  Web artista: http://www.varicarames.com/

Naceu en Ferrol, onde o seu pai tiña un taller mecánico. Afeccionado ao traballo da forxa, exercitaba tamén o debuxo artístico, e intentou inculcar o aprecio polas artes ao seu fillo, dende curta idade. Aos catorce anos, o seu pai regaloulle unha Voigtlander manual para que fotografiase os obxectos que creaba. Matriculouse na Escola de Aparelladores da Coruña, pero abandonou antes de terminar a carreira. Nesta cidade comezou a traballar como topógrafo, actividade que une a apertura de "O Patacón", bar de copas, referente para a xente da culturae a arte da cidade como os integrantes do grupo La Galga e Atlántica. No local expoñían o seu traballo Fernando Bellas, Xurxo Lobato ou José V. Caruncho. Vari expuxo, por primeira vez as súas fotos, no ano 1980.

Por estas datas destaca o pulo que se deu á disciplina fotográfica na cidade. Tomando como modelo a revista madrileña La Luna, publícase La Naval, especializada en fotografía, e 40por50: fotografía galega,  dirixida por Xosé Abad, que tivo unha tirada de varios números. Participou  no grupo "Novos fotógrafos coruñeses" (1982) proxecto que os seus integrantes materializaron nunha mostra homónima que se realizó en "A Terraza", organizada pola Comisión de Cultura do Concello.

En 1989 o Centro de Estudios Fotográficos de Vigo publica o seu primer libro Álbum. Este mesmo ano Acchile Bonito Oliva selecciónao para formar parte da exposición que comisariaba, "Ateliers Roma-Compostela" para ol Museo do Pobo Galego.

En 1995 participa en "Urbe-Natura-Cosmo", exposición comisariada por Xavier Seoane, onde amosa, por vez primeira unha fotografía en color: O ponte.  Esta imaxe  suxire ao artista a metáfora da viaxe que el mesmo emprendía. O cambio técnico é moi ben acollido e incluso incentivado por galeristas e institucións: "Era unha especie de terapia que necesitaba para seguir experimentando, traballando, vivindo. Agora, grazas a iso síntome mellor..."1. As súas primeiras exposicións íntegras en color foron "Propuesta '99" (Madrid) e a oferta e posterior exposición, da Galería Trinta. Dende entón converteuse no suxeito de varias exposicións monográficas e retrospectivas da súa obra nos Centros galegos CGAC, CGAI, Centro Cultural Torrente Ballester ou a última "Ritmo mareiro" (2013) na Sala Rekalde (Bilbao) e no Kiosko Alfonso (A Coruña).

A obra  de Vari nace do rexeitamento á imaxe-documento e máis  concretamente da imaxe-información. Forza o distanciamento entre o significado e o significante en busca de imaxes neutras. Engade á súa filosofía visual o cotián, "A fotografía como diario íntimo", pois como el mesmo afirma "Todo o que está nas fotos é parte da miña vida". Caramés é "(...) Un dos máis valiosos representantes desa escola do inmediato e do cotián, a de aqueles que fotografían como respiran, a dos que se dedican a esta arte por conseguir o certificado dunha emoción"2.

As súas fotografías forman parte das  coleccións do Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), Círculo de Bellas Artes (Madrid), Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), Escola de Artes (A Coruña), Colección Concello de Vigo, Fundación Ayuntamiento de Alcobendas (Madrid), Consorcio Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Centro de Estudos Fotográficos (Braga), Ayuntamiento de Móstoles (Madrid), Deputación Provincial (A Coruña), Instituto Valenciano de Arte Moderno (Valencia. Colección Gabriel Cualladó), Colección Lola Garrido, Fundación Cuatre Casas (Madrid), Ayuntamiento de Guardamar del Segura (Alicante), Colección Railowsky (Valencia), Colección EFTI (Madrid), ABANCA Colección de arte (A Coruña), Museo da Imagem (Braga), Colección Hotel Bauzá (Madrid), Museo Marugame, Hirai (Japón), Colección Galería Trinta (Santiago de Compostela), Caja Castilla (La Mancha), Junta de Castilla (La Mancha), Colección El Monte (Sevilla), Colección MAC (A Coruña), Colección Mauricio D'Ors (Madrid), Fundación Catedral de Santa María (Vitoria), Fundación Colectania (Barcelona), Fundación Real Madrid, Colección Comunidad de Madrid, Colección Fundación Caja Murcia (Cartajena), Colección Lucam (Madrid) e diferentes coleccións privadas.  


1 CARAMÉS, V.: Miraxes: Vari Caramés (catálogo), Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2003.

BONET CORREA J.M.: Vari Caramés (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2000.

CATÁLOGOS INDIVIDUAIS:

Album, Centro de estudos fotográficos, Vigo, 1989.

La boda, Editorial del Limón, Madrid, 2002.

En la catedral (catálogo), Fundación Catedral de Santa María, Vitoria, 2001.

Color (catálogo), Galería Trinta, Santiago de Compostela, 2000.

Tránsito Vari Caramés (catálogo), Obras Sociales de la Cam, Valencia, 2004.

Vari Caramés (catálogo), Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1998.

Vari Caramés (catálogo), Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000.

Vari Caramés (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2001.

Vari Caramés, Photobolsillo, Serie Biblioteca de fotógrafos españoles, La Fábrica, Madrid, 2001.

MIRAXES: Vari Caramés (catálogo), Concello de Ferrol, Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2003.

Nadar. Vari Caramés, Colección lo mínimo, Mestizo, Murcia, 1997.

Prohibido fijar carteles (catálogo), Ed. Lucam, Madrid, 2003.

Torres e Castelos de Galicia, Cosello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1994.

Tránsito (catálogo), CAM, Valencia.

Visión animal (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1996.

CATÁLOGOS COLECTIVOS:

Ateliers Roma Compostela. Despois de Atlántica (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Galicia: tradición e deseño (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.¨

Cuadros de una exposición: Fondos de la colección de fotografía de la Comunidad de Madrid (catálogo), Dirección General de Archivos, Museos y Bibliotecas de la Consejería de las artes de la Comunidad de Madrid, Madrid, 2003.

Cuatro direcciones: fotografía española contemporánea, 1970-1990 (catálogo), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 1991.

Nueva lente (catálogo), Dirección General de Patrimonio Cultural, Madrid, 1993.

Urbe, Natura e Cosmos (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1995.

Fotografía española, un paseo por los noventa (catálogo), Instituto Cervantes, Madrid, 1995.

Construir a paz (catálogo), Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1996.

O feito Fotográfico: A colección fotográfica do Concello de Vigo 1984-2000 (catálogo), MARCO, Vigo, 2004.

Prata sobre Prata (catálogo), Consorcio de Santiago; Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1996.

Desde mi ventana (catálogo), Galería Railowsky, Valencia, 1996.

Géneros y tendencias en los albores del siglo XXI (catálogo), Ayuntamiento de Alcobendas, Madrid, 1997.

Outono Fotográfico: XV Concurso Galego de Fotografía Xuventude 99, Consellería de familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude; Delegación Provincial de Ourense, Consellería de Cultura, Comunicación Social e turismo, Dirección xeral de promoción Cultural, Ourense, 1999.

I Premio de creación fotográfica Luis Kasado (catálogo), Deputación da Coruña, 1997.

Propuesta 99. Fotografía española contemporánea (catálogo), Ministerio de Educación y Cultura, Madrid, 1999.

II Premio de creación fotográfica Luis Ksado (catálogo), Deputación da Coruña, 1999.

Propuesta 2000. Fotografía española contemporánea (catálogo), Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Madrid, 2000.

VII Mostra Unión Fenosa A Coruña (catálogo), Unión Fenosa, Madrid, 2001. 

CARPETAS DE FOTOS:

Álbum, carpeta composta polos fotógrafos Raniero Fernández, José Suárez, Virxilio Vieitez, Manuel Sendón, Xose Luis Suárez Canal e Vari Caramés, Editada por Centro de Estudos Fotográficos, Vigo, 1999.

Railowsky, carpeta composta polos fotógrafos Alberto Adsuara, David Hillyard, Jean Dieuzade e Vari Caramés, Valencia, 2000.

Realismo Mágico, carpeta composta polos fotógrafos Chema Madoz, Martí Lloréns, Cristina Gª Rodero, Toni Catany, Bernard Plossu e Vari Caramés, Editadas Taller Arte, Madrid, 1997.

2001: Edición de 25 fotografías numeradas e asinadas para Patronato Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela.

2002: Edición de 12 fotografías numeradas e asinadas para http://www.elescaparatedesanpedro.com/, Madrid.


ARTIGOS:

"VARI Caramés", en Arte y Parte, núm. 20, 1999.

Ver menos