Fernández Cañedo, Virxilio

  (Ourense  1925 - Ourense  2011)
  Alias: Virxilio

Tras unha formación artística na súa cidade natal, baixo a dirección de Luis Xesta, en 1957 viaxou a París para continuar os sus estudos na École National Supérieure des Beaux Arts. En 1960  regresou a Ourense e iniciou unha exitosa carreira de exposicións no ámbito nacional. Realizou a súa primeira exposición en 1954, no Liceo Ourensán. En 1972 expuxo na Sala Realle delle Caria Cariatidi de Milán, tres anos despois na Majackonski Galerie de Berlín e en 1981, realizou unha gran pintura-mural sobre madeira para o aeroporto de Santiago de Compostela. Alemaña é o país no que Virxilio tivo máis éxito, expoñendo en Bonn, Berlín e Franckfurt. 

A pesar de ser un artista de liña tradicional, nútrese de novas tendencias que emerxen paralelamente en Europa dotándoas de certo inxenuismo en formas, cores e técnicas que se encontran na arte popular. Neste sentido, pode ser relacionado co grupo alcumado por Vicente Risco como os  "Artistiñas", grupo ourensán de artistas moi novos que foron apadriñados polo  famoso escritor. Este colectivo abocaba por una renovación do panorama estético en consonancia co contexto artístico internacional. 
    
A súa pintura, de forte inspiración galaica e popular, adquire un personalísimo estilo, sinxelo e firme de execución, brillante na formulación e cun color rechamante e plano, extendido en grandes campos e limitado polos grosos trazos da liña. En ocasións as súas obras reciben un tratamento matérico -áreas e po de mármore- no que combina pintura e relevo, conseguindo atractivos resultados estéticos.

Arte Gallego en Caixa Galicia (catálogo), Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Artistas Galegos: pintores (realismos). Virxilio, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BLANCO AMOR: Virxilio. Pintores Gallegos, Galería Novecentos, Vigo, 1980.

BONET, J.M.: O archipiélago. Notas sobre o periodo 50/70 en Galicia en Vangardas e Silencios (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela,  1988.

CANOSA, I.: Galicia: Panorama del Arte Moderno, I Semana de Galicia en Madrid, Madrid, 1982.

CASTRO, X.A.: Expresión Atlántica. Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, X.A: Diacronía secular dunha colección recente, Consellería da Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

GARCÍA IGLESIAS, X.M.: 25 pintores de Galicia nados entre 1919-1943, en Vangardas e Silencios (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1888.

GÓMEZ SANZ, Mª.R.: Vangardas e silencios (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

Historia del arte gallego, Alhambra, Madrid, 1982.

Medio século de Arte galega, (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MORENO GALVÁN, J. V.: La exposición de Virxilio en la Galería de Sargadelos, Pintores Gallegos, Galería Novecientos, Vigo, 1980.  

PABLOS, F: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias/La Pintura en Galicia. Del XVII  a las últimas tendencias, Edicións Nigra Tea, Vigo, 2003.

PABLOS, F.: Pintores ante la crítica, Pintores gallegos, Galería Novecento, Vigo, 1980.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del boom (1970-1980), Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1981.

TRABAZO, L.: Virxilio Fernández, Pintores Gallegos, Galería Novecentos, Vigo, 1980.

Virxilio, cinco anos, cinco temas (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Virxilio (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Ver menos