Toubes, Xavier

  (A Coruña  1947 - )
  Web artista: http://www.xaviertoubes.com/Frameset.html

Entre os 20 e os 27 anos traballou no Banco Exterior de España, en Avilés e Londres. En 1970 cofundou o Grupo de Trabajo Gallego, en Londres1, onde estudou o inicio da Arte minimal e conceptual no Goldsmiths College University. En 1978 traballou na Winchcombe Pottery, en Gloucestershire, e en 1979 residiu no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, Lugo. Dende 1983 desenvolveu unha intensa actividade académica: foi profesor de Arte na University of North Carolina at Chapel Hill (1983- 1993). Professor, Chair, Ceramics (1999). En 1977 no Goldsmith's College University of London; MFA, 1983, NY State College of Ceramics at Alfred University, ademais de cofundador e director artístico do European Ceramics Work Centre  nos Países Baixos.

Entre 1989 e 1991 residiu a cabalo entre os Países Baixos e Chapel Hill, e no ano 1999 en Chicago onde é profesor de arte na The School of Art Institute of Chicago. Ademais impartiu obradoiros e palestras en numerosas universidades e foros internacionais.

O seu discorrer artístico céntrase, principalmente, na cerámica, da que é un constante investigador e un destacado renovador no panorama internacional. Cunha sólida linguaxe, parte de conceptos tradicionais para evolucionar cara a unha obra afastada de convencionalismos, dotada de gran expresividade e incuestionables condicións de plasticidade e intimidade. Modela terracota, gres e porcelana, que en ocasións recobre de vernices e esmaltes de distintas calidades (mates, brillantes, opacos ou transparentes), na busca da expresión da cor, da liña e a interposición de texturas, baseándose na abstracción das formas e fundamentándose no profundo coñecemento do material utilizado.

Comezou a expoñer de forma individual, en 1979, na Galería Sargadelos de Madrid e Santiago de Compostela, para saltar rapidamente ao circuíto internacional en numerosas exposicións individuais e colectivas. Así mesmo recibiu múltiples premios e recoñecementos ao seu traballo ao longo da súa traxectoria artística: Primer Premio no II Certamen Nacional de Cerámica (1982), unha bolsa do Ministerio de Cultura de Madrid (1983), a National Endowment for the Arts Fellowship, USA North Carolina Arts Council Artists Fellowship (EEUU, 1986), Art-in-state building, U.N.C. Center for Public Televisón Commission (EEUU, 1987), University of North Carolina Research Council at Chapel Hill (1988-90), a bolsa do Southeastem Center for Contemporary Art (1988), o Premio Gallego Villar (primeiro premio) da Bienal Europea de Cerámica, Museo de Cerámica de Manises (1988), Premio da Crítica Galicia 1995, Artes Plásticas de Vigo (1995), e o 5th International Ceramics  98, Mino, Xapón (1988).

A súa obra forma parte de importantes coleccións públicas e privadas como: Ayuntamiento de Alcorcon (Madrid), Pinacoteca Municipal da Coruña, Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (Lugo), New York State College of Ceramics - Alfred University, Museo Carlos Maside (Sada, A Coruña), Davidson College Art Gallery, (Davidson, EEUU), Xunta de Galicia (Santiago de Compostela), Harbourfront Studios (Toronto), Guildford College Art Gallery, (Winston-Salem, EEUU), European Ceramics Work Centre at the Kruithuis Museum, (‘S-Hertogenbosch, Holanda), University of North Carolina Center for Public Television, (EEUU), Arizona State University Museum, (EEUU), Fundación Banco de España (Madrid), Museo de Ceramica de Manises, Manises (Valencia), Art Department, University of North Carolina at Chapel Hill, (EEUU), Taipei Fine Arts Museum, (Taiwan), Ackland Art Museum, Chapel Hill (EEUU), Jingdezhen International Ceramic Institute (China), Fundación Novacaixagalicia (Santiago de Compostela), Fundación Argentaria (Madrid), Etela-Karjalan Taidemuseo, Lappeeranta (Finlandia), North Carolina State University Visual Arts Centre, (Raleigh, EEUU), Centro Galego da Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), First National Bank, Columbia (EEUU), Fundación Coca Cola España (Madrid), e ABANCA Colección de arte.


 1 Este grupo creouse en Londres no ano 1970. Naceu da necesidade de comunicarse cos mestres galegos e proporcionarlles información crítica sobre a Nova Lei de Educación. Así mesmo facilitábanlles material escrito para utilizar nas escolas e  incitábaos a falar en galego. Os textos eran de autoría compartida por todos os seus membros. A distribución facíase dende Londres ou aproveitaban o desprazamento dalgún deles a Galicia. Así, Xavier Toubes, nas súas estanzas en Sargadelos aproveitaba para realizar o labor de envío dos boletíns. Por encargo de Ramón Piñeiro elaboraron un Plan Pedagóxico Galego que se publicou en Grial en 1971. A súa primeira etapa terminou no ano 1973. A segunda transcorreu entre o 79 e o 82. O educativo relegouse a un segundo plano pola preocupación derivada do momento histórico da fin da Ditadura e a evolución do galeguismo. A última etapa correspondeu aos anos 83 e 84, ano no que finalizou o proxecto. Os integrantes eran: Teresa Barro, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Manuel Fernández Gasalla, Xabier Toubes e Carlos Durán. Posteriormente Carlos Durán abandonou o grupo pero incorporáronse Ricardo Palmas, recén chegado de Arxentina, e Carmen Vázquez.

I Foro Atlántico de Arte Contemporánea (catálogo), Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

The II North Carolina Crafts (catálogo), North Carolina Museum of History, Raleigh, 1986.

VII Bienal de Escultura Ibérica Contemporánea (catálogo), Zamora, 1986.

II World/Biennal Exhibition of small Ceramic (catálogo), Zagrev (Croacia), 1987.

The I International Biennal of Ceramic Art (catálogo), The Seoul Metropolitan Museum of Art, Seul, 1997.

Alén - Mar. A creatividade galega no novo Mundo (catálogo), Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 1992.

Artistas Galegos: escultores (expresionismos-abstraccións). Xavier Toubes, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003.

De Asorey ós 90. Escultura Moderna en Galicia (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

Bienal Europea de Cerámica (catálogo), Museu de Cerámica de Manises (Valencia), 1995.

Big Ciay: Recent ceramic pieces by North Carolina artist (catálogo), North Carolina Museum of Art Raleigh, Raleigh, 1988.

Brandend Zand (catálogo), Museum Beelden an Zee, Scheveningen (Países Baixos), 1997.

CASTELO ÁLVAREZ, B.: "La escultura en las décadas de los sesenta y setenta ", en Galicia Arte, Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña, 1999.

Celtic Visión (catálogo), Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 1986.

Cerámica Actual española (catálogo), Escuela de Artes Aplicadas, Sevilla, 1980.

Cerámica Contemporánea (catálogo), Casa de Cultura, Zamora, 1981.

Cerámica- Habital. Cerámica a L'equipament Urbá (catálogo), Centre Cultural San Miguel, Castellón, 1992.

The Coastal Exchange show (catálogo), Arts Council of Richmond, Virginai, 1988.

Cousas (catálogo), Casa da Parra, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

DÍAZ PARDO, I.: "Una experiencia cerámica de Xavier Toubes", en Xavier Toubes, obra reciente de una experiencia invernal en Sargadelos, 1979-80 (catálogo), Galería Sargadelos, Madrid, 1980.

East-West Contemporary Ceramic exhibition (catálogo), The Korean Culture and Arts Foundation, Seul, 1988.

The Fifth Biennal Paper and Clay International (catálogo), Memphis State University, Memphis (Tennessee), 1985.

The First International Ceramics (catálogo), Mino (Xapón), 1986.

Galicia. Panorama del arte moderno (catálogo), Banco de Bilbao, Madrid, 1982.

Galicia Terra Única. Galicia Exterior (catálogo), Xunta de Galicia - Estación Marítima, Vigo, Santiago de Compostela, 1997.

Galicia Terra Única, 1900-1990 (catálogo), Xunta de Galicia - Ferrerías da Armada, Ferrol, Santiago de Compostela, 1997.

GARRIDO MORENO, A.: Escultura Gallega Contemporánea, la cerámica como punto de partida, Centro de Artesanía y Diseño de Galicia, Deputación de Lugo, Lugo, 2000.

The hays tack tradition: Art in craft media (catálogo), Bowdoin college Museum of Art Brunswick, Maine, 1981.

International Ceramic Art (catálogo), Etela-Karjalan Taidemuseo, Lapperanta (Finlandia), 1996.

Keramik-Uropas (catálogo), Westerwald Keramikmuseum, Hohr-Grenhausen (Alemaña), 1993.

Litoral (catálogo), Palacio Municipal de Exposiciones Kiosco Alfonso, A Coruña, 1986. 

MATOS, A. M:: "Luz, agua y bosque. Xavier Toubes", en Cerámica, núm. 64, 1998.

National Council on Education for the Ceramic Arts-Clay National (catálogo), Arizona State University Museum, Tempe, 1991.

North Carolina Artist exhibition (catálogo), North Carolina Museum of Art, Raleigh, 1987.

North Carolina Arts Council Fellowships (catálogo), Mint Museum, Charlotte, 1987.

A Nova Expresión da terra. As experiencias do European Ceramics Work Centre (catálogo), Fundación Luis Seoane, A Coruña, 1997.

Orte-Pläntze-Gegenden (catálogo), Magdeburg Museen, Magdeburg (Alemaña), 1997.

Panorama de la cerámica española contemporánea (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1986.

Preliminar- I Bienal Nacional de las Artes Plásticas (catálogo), Ministerio de Cultura, Dirección General de Bellas Artes, Archivos y Bibliotecas, Madrid, 1983.

Presente de la Cerámica Española (catálogo), Keramion, Frenchen (Alemaña), 1989.

SÁNCHEZ-PACHECO, T.: "Siglo XX. Cerámica de autor", en Summa Artis, T. XLII, Cerámica española, Espasa Calpe, Madrid, 1997.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: De Asorey ós 90. A escultura moderna en Galicia (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.

Southeast Seven (catálogo), Southeaster Center for Contemporary Art, Wiston-Salem, 1989.

Tampa Triennal (catálogo), Tampa Museum of Art, Tampa (Florida), 1988.

Tendencias. Cerámica Galega Actual (catálogo), Consellaría de Cultura e Benestar Social, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1987.

Tierras de Galicia y Nantes (catálogo), Palacio Municipal de Exposiciones Kiosco Alfonso, A Coruña, 1985.

TOUBES, X.: "Luz do norte". En Xavier Toubes, luz do norte (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 1999. 

Vinte anos vinte escultores. GaliciaEsCultura (catálogo), Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2002. 

VIVAS, A.: "Las etapas creativas...", en Cerámica, revista internacional, 1985.

CATÁLOGOS:

Xavier Toubes (folleto), Galería Sargadelos, Madrid, 1979.

Xavier Toubes. Obra reciente de una experiencia invernal en Sargadelos (catálogo), Galería Sargadelos, Madrid, 1980.

Xavier Toubes. Cerámicas (folleto), Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, 1980.

Xavier Toubes. Cerámicas e Pinturas (catálogo), Galería Sargadelos, Madrid, 1982.

Xavier Toubes. Cerámicas y Pinturas (catálogo), Palacio Municipal de Exposiciones Kiosco Alfonso, A Coruña, 1985.

Xavier Toubes (catálogo), Xunta de Galicia - Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1997.

Xavier Toubes. Luz do norte (catálogo), Marisa Marimón - Pereira Arte, S. L., Ourense, 1999.

TEXTOS PROPIOS:

"Bhupen Khakhar, Sheila Makhijani, C. Douglas, Dilip Sur", en Four Indian Artist: work in ceramics (catálogo), Ekwc&Galerie Schoo-Foundation for Indian artist, Amsterdam, 1994.

"Celia Cimbalista. La experiencia holandesa", no catálogo del Instituto Moreira Salles-Casa da Cultura de Poços de Caldas, Minas Xerais (Brasil), 1993.

"Cerámica o escultura, ¿jerarquía de materiales?, en Revista Cerámica, 1982.

"Hideyuki Hayashi -Dew of time", en el catálogo del Musée Ariana, Xenebra, 1995.

Introducción en Tony Cragg. In Camera (catálogo), Ekwc e Stedelijk van-Abbemuseum, 1993.

"Judy Monelis", en Revista Cerámica, 1983.

"Jun Kaneko, between Light and Shadow", en Jun Kaneko&Ekwc (catálogo), 1996.

"Opening Porject. European Ceramics Work Centre", no catálogo do Ekwc. 'S-Hetogenbosch, 1992.

"Tony Hepburn", en Revista de Cerámica, 1982.

"Wayne Higby", en Revista de Cerámica, 1983. 

Ver menos 

Obras do artista