1492

1492 (Díptico). Antonio Murado

  Ano de creación: 2004

  Dimensións: 279.4 x 410 cm (díptico)

  Técnica: óleo sobre lenzo

Comentario:

Afeccionado á creación de conxuntos pictóricos formados por dous ou máis lenzos, os dípticos de grandes dimensións apareceron con forza na obra de Murado a partir do ano 2000. Os tons fríos e os excesivamente cálidos deixan paso nesta obra aos ocres e ambarinos, matizados polas capas de verniz oxidado. Como nos exemplos precedentes a superficie é monócroma e omite na medida do posible todo resto matérico. A alusión que no seu título se fai á data do descubrimento de América dilúese ante a visión do díptico que ten unhas dimensións que atrapan ao espectador que ten a decisión final de aceptar ou rexeitar a suxestión feita polo artista.