18 Brumaire

18 Brumaire

  Ano de creación: 1991

  Dimensións: 235x250 cm.

Comentario:

     Obra pertenecente á serie La memoria es una noche estrellada formada por trinta cadros, de grandes dimensións, que nos remiten a acontecementos históricos relacionados con actuacións bélicas. Sobre un fondo negro e en violentos tons laranxas, violetas e amarelos, en 18 Brumaire, represéntase o interior dunha cafetaría de aspecto espectral. Na parte inferior do cadro, en escritura invertida, pódese ler o título do cadro, que fai referencia ao segundo mes do calendario republicano francés, que foi adoptado a raíz da Revolución Francesa. Xésus Vázquez plasma nas súas composicións a preocupación polos temas de índole histórica e humana. O cadro, baseado nunha temática do século XVII, fromúlase esteticamente á maneira do século XX. Deste xeito, elude a literalidade do título para situar a pintura como máximo protagonista da obra, e campo de investigación pictórica. Neste  exercicio artístico, o autor presenta unha reflexión sobre a interpretación dun tema ao longo da historia.  Neste caso, as batallas adquiren outra connotación, convertíndose, dende a estética pop, nun obxecto. Este tipo de traballos sitúanse na liña de Schnabel, Polke ou David Salle.