A Propósito de Valle-Inclán

A Propósito de Valle-Inclán. Jorge Castillo.

  Ano de creación: 1983

  Dimensións: 122x244

Comentario:

    Este cadro, realizado en Nova York, é unha mestura entre unha natureza morta e unha homenaxe a Valle-Inclán. A mesa sobre a que sitúa o bodegón, característica neste tipo de composicións de Castillo, perde presenza e vese reducida a unha franxa horizontal. O fondo, plano e próximo, fai que non exista profundidade na obra, onde os obxectos dispostos sobre a mesa tamén carecen de volume. Á dereita do bodegón aparece a figura de Valle-Inclán que, aínda que moi esquemática e baseada no silueteado en negro, é perfectamente recoñecible. A xeometrización das formas, a súa descomposición en planos e a falta de profundidade, mostran unha clara influencia do Cubismo.