Academia

Academia (7)

  Registro: 1014

  Ano de creación: 1872

  Dimensións: 41 x 28 cm

  Técnica: lapis de carbón sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

Representa un espido feminino de pé e de costas. A postura é unha pose académica que provoca diferentes tensións sobre o corpo. Brazo dereito elevado e man dereita sobre a cabeza mentres a outra extremidade (brazo esquerdo) reposa pegada ao corpo. O pé dereito está apoiado nunha cuña, o que provoca que a figura teña certa inclinación cara a esquerda.

Coidado nas proporcións do debuxo e énfase no subliñado nas articulacións que engade realismo e volume á figura. 

O artista demostra un alto grado de coñecemento anatómico na descripción da complexión e musculatura. Utiliza o sombreado para matizar o corpo da muller (método da entoación). Ademais, o claroscuro pretende dar a sensación de verosimilitude á imaxe reflectindo unha luz xeral en cada matización e gradación de ton.

Hai unha integración no espazo a través dos tons grises das sombras mentres que o outro perfil se describe polo sombreado máis escuro, sendo a descrición máis liñal.

Na parte inferior dereita do debuxo aparece a inscrición: "J.Mª Brocos Madrid 20 Noviembre 1872".