Almería

  Ano de creación: 1968

  Dimensións: 70x100

Comentario:

    Este é un dos debuxos preparatorios que Jorge Castillo realizou para a composición do Tríptico de Palomares. Á esquerda da obra representa o bombardero que provocou o accidente de Palomares, repetindo tres veces o mesmo motivo para recrear a sensación de movemento do avión que sobrevoa a zona. No extremo oposto, sobre un zócolo, aparece a "cabeza malévola", caricaturizada en forma de patata verrugosa, que posteriormente plasma no Tríptico interpretada como signo de protesta contra a tiranía e a violencia.