Cabeza masculina en escorzo

Dibujo de un busto de medio perfil

  Registro: 1098

  Dimensións: 38 x 30 cm

  Técnica: lapis sepia sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

O realismo e a expresividade, que Isidoro remarcará especialmente nas caras e mans dos seus personaxes, son unha constante na súa obra, tanto debuxística como escultórica.

Nesta ocasión, debuxa o busto dun home situado de perfil, o que imprime dinamismo á obra. Hai unha evocación ao mundo clásico, un tema recorrente en Isidoro Brocos, polo nariz helénico tan característico. O xogo de luces e sombras en tons alaranxados grazas ao lapis sanguino, provoca que teña un maior impacto a figura e nos achegue ao personaxe.