Composition sur fond bleu (Le cordage)

Composition sur fond bleu (Le cordage). Fernand Lêger

Composition sur fond bleu (Le cordage). Fernand Lêger

  Dimensións: 97.5 x 130 cm

  Técnica: Óleo sobre lenzo

Comentario:

Nesta obra realizada en 1935, descubrimos os trazos descritos da cor e a aparición das máquinas que suxiren un mundo mecanizado. Pero a diferenza dos futuristas, Léger non eloxiaba voluntariamente á máquina, senón que ensamblaba a súas formas regulares e propiedades metálicas coas formas orgánicas. Incluso abastecíase dun obxecto como é a corda -que aquí se converte no motivo que dá título á obra- para crear un ritmo ondulante que contrarresta o hieratismo e a rixidez mecánica. É este un magnífico exemplo mecanicista da obra de Léger, onde as cores puras e uniformes, son claramente delimitadas en zonas ben definidas, resaltando a bidimensionalidade do plano pictórico. O seu peculiar e recoñecible estilo refórzase nesta obra pola particularidade da combinación de elementos heteroxéneos que mostraban a influencia do surrealismo que imperaba a mediados da década dos trinta.

Todos estes trazos descritos de Le Cordage, unidos á súa extensa traxectoria expositiva e ao recoñecemento internacional da figura de Fernand Léger como un dos principais e máis persoais artistas do século XX, converten a esta obra nun cadro fundamental dentro da produción do artista.