Costuras [6 serigrafías]

Costuras [6 serigrafías]

  Dimensións: 37x27cm.

Comentario:

    O libro de serigrafías de Luis Gordillo con versos de María Vela -crítica de moda- e deseño de edición de Maurizio d'Ors é un proxecto que xorde de Juan Antonio Aguirre, director do MEAC, no ano 1982. Aguirre propón a Gordillo e a outros artistas como Carlos Alcolea, Manolo Quejido, Rafa Pérez Mínguez ou Guillermo Pérez Villalta realizar deseños de roupa feminina. Por problemas de índole burocrática non chegou a realizarse e dez anos despois, a man da editora Isabel Pérez, selecciónanse seis dos debuxos orixinarios1. A serie é unha inesperada e divertida  mirada sobre o universo da moda que entronca co costume español de ver o mundo ao revés, e en particular coa compulsiva liberdade dos dous grandes artistas españois contemporáneos: Goya e Picasso. Os garabateados manequís que ilustran o libro están construídos co movemento automático dun tear. Gordillo devolve ao debuxo a pulsión espontánea da man e o lapis graxo sobre o soporte. Os desbordamentos xeran un fluxo continuo que pon en comunicación o debuxo e a cor, interrompido por intermitentes cortocircuítos. 

   

 


1Editorial Antojos. C/Jorge Juan, 88. Madrid.