Crepúsculo

Crepúsculo

  Dimensións: 93x129

Comentario:

    É unha homenaxe á súa cidade natal, A Coruña, ao igual que outros cadros como Mi Ciudad, Torre de Hércules ou Aurora. As formas que aquí aparecen están xeometrizadas, e as cores planas marcan o contraste entre a zona inferior (en negro) e a superior (cunha cor moi clara e luminosa). Como é costume nas súas obras, xoga coas texturas e a tridimensionalidade que logra grazas á greca con axedrezado situada na parte inferior.