Cuña y nariz

Obra de Miquel Navarro. Cuña y nariz

Miquel Navarro. Cuña y nariz

  Dimensións: 77 x 20.2 x 32 cm

  Técnica: Bronce e óxido de ferro

Comentario:

A pureza das formas xeométricas de pezas como Cuña y Nariz levaron á crítica a relacionar a escultura de Miquel Navarro coa arte mínimal. No entanto, Miquel Navarro, fiel ao seu modo de ver a historia da arte dende unha óptica moderna, descompuxo as figuras en elementos xeométricos puros pensando no pintor renacentista Paolo Uccello e na pintura metafísica italiana de principios do século XX.

Se as cidades de Navarro ben poden gardar gran similitude coas paisaxes urbanas do urbanismo ideal renacentista e a paisaxes urbanas de Giorgio de Chirico - poboados de elementos verticais (chemineas ou torres) e outros fitos dispersos-, as esculturas individuais constrúense do mesmo modo que as figuras metafísicas das obras do italiano.

Se comparamos esta escultura de Navarro coa figura do fondo de Le Trouble de Thaumaturge de Chirico obsérvase que gardan gran similitude, ambas cun tronco moi grande en comparación coas pernas recollidas e a cabeza ladeada. As figuras por outro lado recordan a manequíns, compostos de elementos dislocados e ensamblados. Os prismas e cilindros Cuña y Nariz tamén fan referencia aos edificios e elementos que as figuras de Le Trouble de Thaumaturge posúen no seu regazo. Miquel Navarro deste modo non se limita á produción de pezas belas, harmónicas e elegantes, senón que crea esculturas propicias para a reflexión.