Desarrollo geométrico para un espacio lúdico

Desarrollo geométrico para un espacio lúdico

  Dimensións: 143x143

Comentario:

    Obra de gran formato na que o espazo é ordenado en tramos reticulares e ortogonais. A xeometría equivale ao núcleo de representacións dunha posible descomposición da luz. Xeometría, espazo e xogo son tres conceptos inseparables para Caruncho.

    Segundo Vicente Aguilera, a serie dos Desarrollos geométricos pode estar directamente relacionada co "homo ludens", o home que xoga producindo, e co home que contempla ou "habita" unha proposta xeométrica incorporada ás formas do ambiente humano. O propio Caruncho dixo en 1979: "se trata de un arte de "procesos" conducente a la definición del proyecto (...) pueden comenzar en el cuadro y terminar en el urbanismo". A idea de aplicar composicións reticulares ao espazo e asocialas ao urbanismo, parte dos principios do Die Stijl desenvolvidos por Theo Van Doesburg e Piet Mondrian, e entronca coas vangardas xeométricas para as que esta disciplina actúa como abstracción de principios máis profundos, tanto físicos como metafísicos.