Double monochrome blue (PB28)

Double monochrome blue. Pedro Cabrita Reis

  Dimensións: 220 x 182 x 13 cm.

Comentario:

     A linguaxe plástica de Cabrita Reis céntrase na universalidade xeométrica representada en cadrados, esferas, rectángulos, cilindros. A xeometría convértese en algo próximo como un resto ou fragmento da vida cotiá. Para isto utiliza materiais de todos os días tales como madeira, aluminio, hule, plástico e cinta adhesiva, contrachapado, ladrillos, cristal, plástico ou luces de neón.

      Doble Monochrome Blue (PB28) está formada por dous paneis cuadrangulares de cristal tintados de acrílico nun tono azul índigo. Formas primordiais que cuestionan no seu desdobramento o sentido confluínte e diverxente da entidade: os xemelgos, a parella, o dobre. O seu discurso abarca as diferenzas existentes entre a contemplación, a experiencia do obxecto e a súa representación, buscando sempre a fixación dunha identidade. O que Cabrita explica como "a falta de algo mejor, escrutamos las aguas quietas en busca de algo que no está allí. Nosotros." Esa preocupación polo esencial, pola distancia que se establece entre o que é, e o que vemos, sitúase no universo estético de Cabrita, que consegue restituír dun modo moi intenso a sensación de misterio ante o estraño mundo que habitamos co irresoluble incerteza da existencia e a soidade que inevitablemente somos, que pon límite á nosa mirada.