El puente

El puente

  Dimensións: 178x152

Comentario:

    Jorge Castillo, na súa etapa neoiorquina, dedicouse a retratar canto vía na rúa. Atraído por esta gran cidade, representaba dende as súas características beirarúas e espazos íntimos ata grandes espazos como o Flatiron, edificio estrela na Nova York dos primeiros rañaceos. El puente pertence a este grupo de pinturas monumentais da cidade. A construción é a protagonista do cadro, e vese o seu reflexo na agua, coas siluetas dos rañaceos recortadas sobre o fondo. A paleta de cores é moi restrinxida, baseándose no marrón, coas súas diferentes tonalidades, para realizar esta composición. O resultado é un aspecto triste e sombrío propio dunha "ciudad gris", e que case non reflicte a fascinación real do artista polos grandes monumentos arquitectónicos da cidade.