El secreto del río Sil

El secreto del río Sil

  Dimensións: 122 x 86

Comentario:

    Esta obra pertence a ese grupo de paisaxes surrealistas, denominados como "Paisajes Mágicos", datados nos dez primeiros anos da súa estanza en Nova York. Son cadros cunha superficie complicada, onde os elementos se combinan formando un todo, que aúna o lonxano co próximo e crea un mundo de efectos visuais e xogos ópticos. Son paisaxes estrañas, difíciles, que obrigan a un visionado prolongado para poder aprehendelas. Nas obras desta etapa, o fondo é o protagonista absoluto, e nel represéntanse os catro elementos: terra, fogo, auga e, como elemento unificador e organizador, o aire. Neste lenzo Granell fai unha personificación do Río Sil, mediante formas onduladas, enrevesadas en tonalidades ocres, entre as que diferenciamos un rostro. Este ser informe aparece destacado sobre un fondo de agua azul, co que se funde. É común que nesta etapa algúns títulos das súas obras evoquen lugares da súa terra, produto da nostalxia que sentía polo seu país dende o exilio.