Espacio entre agua

Obra Espacio entre agua. Silverio Rivas

Obra Espacio entre agua. Silverio Rivas

  Dimensións: 74 x 158 x 32 cm

  Técnica: Granito negro

Comentario:

A obra "Espacio entre agua" de 1997 está realizada en granito negro e concibida cunha gran riqueza construtiva e conceptual. É moi representativa do período da súa creación comprendido entre 1996 e 1999. O artista afástase do baleirado dunha pedra unitaria para optar pola ensamblaxe de tres elementos. Un deles, o contedor en forma de "U", serve para manter en equilibrio outras dúas pezas paralelas labradas de maneira ondulada facendo unha clara alusión á auga. Entre ambas as pezas deixase un espazo baleiro que ten a súa proxección na pedra que as sustenta. Unha formulación poética non exenta de ironía que converte a "Espacio entre agua" nunha escultura singular e representativa dentro do conxunto da obra do artista.