Feira

Feira

  Dimensións: 100x80

Comentario:

    Colmeiro declarou en certa ocasión sobre a súa temática: "Esté en América o en París, dondequiera que me encuentre, es la pintura que siento y la que más me impresiona, sobretodo el vivir fuera de mi tierra", por iso os seus temas máis recorrentes son os relacionados con Galicia e o seu mundo rural, adquirindo a súa obra un valor non só estético, senón tamén social e histórico, sendo testemuña da Galicia de principios e mediados do século XX. Nesta ocasión asistimos a una feira tradicional, onde as súas xentes viven unha xornada tranquila, xa que a Colmeiro lle gusta pintar escenas cotiás. A súa paleta de cores combínase fuxindo da estridencia, sobresaíndo os tons amarelos e marróns, cun trazo groso de cor negra que remarca as figuras.