Homenaje a Maimónides

Homenaje a Maimónides

  Dimensións: 128x128

Comentario:

    Na década dos 70' Caruncho realiza numerosas homenaxes a pintores (Zurbarán, Mondrian, Nicholson...), arquitectos (Walter Gropius), toureiros poetas (Sánchez Mejías), xeómetras (Ptolomeo) ou a figuras representativas das culturas orientais en España (Maimónides o Boabdil). A Homenaje a Maimónides é unha alusión gráfica á cultura árabe. Sobre un fondo plano e neutro, dispón unha retícula a modo de niño de abella, un motivo moi do gusto musulmán e do que contamos con numerosos exemplos en España. Este entramado está realizado mediante liñas negras de gran grosor que se trenzan recordando a unha gran celosía formada por un xogo de figuras xeométricas seriadas que poderían continuarse ata o infinito.