La tentación de Colombina

La tentación de Colombina. Carlos Sobrino

  Dimensións: 200 x 249

  Técnica: óleo s/ lenzo

Comentario:

    Colombina, un dos personaxes principais da Commedia dell'Arte, era unha serva maliciosa e lista, consciente da súa beleza, e hábil administradora das súas grazas. Divertíase seducindo aos homes e irritando ao seu amo Pantalone, eternamente namorado dela. Colombina tamén era a confidente da innamorata, quen se fiaba dela como conselleira e experta na arte amatoria. La tentación de Colombina é a obra de menor tamaño, de cantas realizou Sobrino para o Café Moderno, e aparece situada entre Pareja de amantes e La Cortesana, por ser o nexo de unión da historia. Colombina aparece cunha pomba na súa man esquerda, símbolo de amor carnal, mentres toma unha mazá coa man dereita, símbolo da tentación que a presenta como unha moderna Eva, e que lle ofrece unha escrava moura. A penumbra envolvente, a simboloxía, a paraxe natural preciosistamente detallada, e a indumentaria da protagonista, entroncan coa pintura prerrafaelita de Rosetti ou do simbolista Gustave Moreau. Ao igual que no resto das escenas do Café Moderno, o número de personaxes é reducido, e as súas poses acusan unha certa acentuación teatral.