Las pipas

Obra Las pipas. Equipo crónica

Las pipas. Equipo crónica

  Dimensións: 200 x 150 cm

  Técnica: Óleo, acrílico y collage sobre lienzo

Comentario:

En 1981, data de Las Pipas, estamos en vésperas da volta do Guernica a España, polo que o ciclo retomou o tema de Picasso que xa abordaran nos anos sesenta, no entanto esta vez decidiron tratalo nun modo máis global. O pintor malagueño, no centenario do seu nacemento, convertérase nun espectáculo no que todos miraban e opinaban, e o Guernica deixara de ser un símbolo antifranquista e da clandestinidade para ser un produto mass media. Entre estes traballos baseados en diferentes obras da serie chamaba a atención Las Pipas, na que recuperaron a obra que pintaran o ano anterior titulada El Escaparate III - dentro da serie Viajes- tomando o cadro de Ernst Ludwig Kirchner En la calle. No entanto, en Las Pipas introduciron unha novidade con respecto a El Escaparate III, enchendo o escaparate dunhas pipas de fumador “roubadas” de diferentes obras de Picasso. O Equipo Crónica recontextualiza o cadro de Krichner e xustapono a outros elementos doutro artista, dando, deste modo, un novo sentido á obra. Encontrámonos sorprendidos ante unha obra repintada nas que conxugan realidades incompatibles. Deste modo Valdés e Solbes crearon unha provocación acorde cos tempos da transición democrática española na que traballaban, xerando unha sorpresa que se pode traducir nun certo sentido do humor, que é o humor negro típico dos españois e da situación socio-histórica que quixeron retratar.